Mi Tierra (Ourense): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m Bot: Substitución da categoría "Século XX de Galicia" pola categoría "Século XX en Galicia"
Liña 14: Liña 14:


[[Categoría:Prensa escrita de Ourense]]
[[Categoría:Prensa escrita de Ourense]]
[[Categoría:Século XX de Galicia]]
[[Categoría:Século XX en Galicia]]

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2018 ás 21:09

Mi Tierra foi unha revista gráfica de carácter rexionalista que se editou en Ourense en 1911.

Historia e características

Subtitulada Revista gallega, apareceu en xullo de 1911. Foi fundada por Xerardo Álvarez Limeses, que exercía de xerente, e dirixida por Eugenio López Aydillo. Logo de fracasar o proxecto de Galicia Ilustrada (da que só apareceu o número 0), que tamén pretendía recoller a tradición de La Ilustración Gallega y Asturiana, Xerardo Álvarez Limeses fundou Mi Tierra, pero tampouco tivo éxito pois desapareceu aos poucos números, non conseguiu pasar dun mes de vida. A súa transcendencia estivo no feito de poñer en contacto a Castelao co grupo de intelectuais ourensáns que anos máis tarde daría orixe ao grupo Nós.

Entre os seus colaboradores estaban Antón del Olmet, Vicente Risco, Castelao, Manuel Murguía, Antonio Rey Soto, Fernández Mato, Noriega Varela, Vicente Risco, Avelino Rodríguez Elías e Antón Vilar Ponte que asinaba co pseudónimo de Antón de Rabodegalo. Como responsable da información gráfica figuraba José Pacheco.

Véxase tamén

Bibliografía