Portal:Rusia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4999432 de Piquito (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Piquito (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4999412 de AMPERIO (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 10: Liña 10:
| {{PortadaCadro
| {{PortadaCadro
|título = '''Artigo destacado''' - '''Избранная Статья'''
|título = '''Artigo destacado''' - '''Избранная Статья'''
|imaxe = HSBook.svg
|imaxe = HSUtvald.svg
|contido = {{Portal:Rusia/Artigo destacado}}
|contido = {{Portal:Rusia/Artigo destacado}}
}}
}}
Liña 45: Liña 45:
<!-- Calidade -->
<!-- Calidade -->
| {{PortadaCadro
| {{PortadaCadro
| imaxe = HSThreeCoins.svg
| imaxe = HS Cscr-featured.svg
| título = Artigos de calidade e bos
| título = Artigos de calidade e bos
| contido = {{/Artigos de calidade e bos}}
| contido = {{/Artigos de calidade e bos}}

Revisión como estaba o 2 de decembro de 2018 ás 11:06

Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.


Artigo destacado - Избранная Статья

O Goberno provisional ruso formouse en Petrogrado despois da abdicación do tsar Nicolao II durante a Revolución de Febreiro de 1917. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular Primeira Guerra Mundial, ata a toma do poder dos bolxeviques en novembro, ala radical do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, na Revolución de Outubro.

O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de Aleksandr Kerenskii, do Partido Social-Revolucionario (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a Crise de abril debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. Formouse entón o primeiro dos varios Gobernos de coalición entre liberais e socialistas...

Biografía destacada - Избранная Персоналии

Nadezhda Konstantínovna Krúpskaia (en ruso: Наде́жда Константи́новна Кру́пская), nada en San Petersburgo o 14 de febreiroxul./ 26 de febreiro de 1869greg. e finada en Moscova o 27 de febreiro de 1939, máis coñecida como Nadia Krúpskaia, foi unha escritora, pedagoga e revolucionaria rusa, recoñecida figura do Partido Comunista da Unión Soviética. Foi unha das principais responsables da creación do sistema educativo soviético e pioneira do desenvolvemento das bibliotecas rusas. O seu esposo foi o revolucionario bolxevique Vladimir Ilich Ulianov, coñecido como Lenin...

Sabías que...? - Знаете ли вы, что...?

Stalin en 1894

  • ...Stalin (na imaxe) non comezou a aprender ruso ata os 8 anos, por que a súa lingua natal era o xeorxiano?
  • ...a cervexa non foi considerada unha bebida alcohólica en Rusia ata 2011?
  • ...o lago Karachai, situado ao sur dos montes Urais, é o lago máis contaminado do mundo?

Símbolos históricos - Исторические символы


Himno da RSFS de Rusia
interpretado polo Red Army Choir.

Imaxe destacada - Избранные фото

Funeral dun nobre ruso do século X

Artigos de calidade e bos

Categorías - Категории

Portal Alemaña
Portal Alemaña

Alemaña

Portal España
Portal España

España

Portal Finlandia
Portal Finlandia

Finlandia

Portal Francia
Portal Francia

Francia

Portal Ucraína
Portal Ucraína

Ucraína

Portal Israel
Portal Israel

Israel

Portal Italia
Portal Italia

Italia

Portal Kirguizistán
Portal Kirguizistán

Kirguizistán

Portal Países Baixos
Portal Países Baixos

Países Baixos

Bulgaria
Bulgaria

Bulgaria

Índice de Portais
Índice de Portais

Outros portais