Illa Palm: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 48: Liña 48:


[[Categoría:Illas do Caribe|Palm]]
[[Categoría:Illas do Caribe|Palm]]
[[Categoría:Illas de San Vicente e Granadinas|Palm]]
[[Categoría:Illas de San Vicente e as Granadinas|Palm]]
[[Categoría:Antillas Menores]]
[[Categoría:Antillas Menores]]

Revisión como estaba o 27 de novembro de 2018 ás 19:23

Illa Palm
Prune
Situación
País San Vicente e as Granadinas
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas12°35′N 61°24′O / 12.583, -61.400Coordenadas: 12°35′N 61°24′O / 12.583, -61.400
Xeografía
Superficie0´55 km²
Longura máxima1´2 km.
Largura máxima540 m.
Punto máis alto45 m.
Illa Palm.

A illa Palm é unha pequena illa do arquipélago das Illas Granadinas, a 1´6 km da illa Unión, e só accesible por barco. Ten unha superficie de 0´55 km², e ten cinco praias.

Orixinalmente coñecida como a illa de Prune, Illa Palm debe o seu nome actual aos antigos propietarios, o falecido John Caldwell (coñecido como Johnny Coconuts, "Johnny Cocos") e a súa esposa Mary, prantaron centos de cocos, producindo a transformación do deserto e os pantanos infestados de mosquitos existentes na illa nun territorio cuberto de palmas. A súa pista de aterraxe de herba foi sacrificado para sementala de palmas, trala construción dunha pista de cemento de 752 m na veciña illa Unión. O edificio circular da torre de control de tráfico aéreo segue en pe malia que agora se utiliza como vivero de palmas novas.

En Palm Island é o fogar do resort Palm Island e vinte residencias privadas. Hai dous restaurantes (o restaurante Royal Palm e o Sunset Grill), dous bares, un spa, piscina, ximnasio, biblioteca, pista de tenis, tenis de mesa e sala de TV/Internet ademais doutras instalacións para os hóspedes. Normalmente, o complexo atende a 80 persoas con 93 empregados.

A illa é agora un refuxio para a fauna e durante o ano 2015, introducíronse 125 tartarugas de terra para substituír a pequena poboación que foi arrastrada polo furacán Iván en 2004. Malia que non é indíxena, a vexetación é similar á illa Unión, de onde se traen as tartarugas que son liberadas cando crecen máis aló do tamaño que lles serían ser presa das iguanas terrestres nativas.

Notas

Ligazóns externas