Faia: Diferenzas entre revisións
talla > talle |
Sen resumo de edición |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
[[Ficheiro:Fagus sylvatica MHNT.BOT.2004.0.312.jpg|miniatura|''Fagus sylvatica'']] |
[[Ficheiro:Fagus sylvatica MHNT.BOT.2004.0.312.jpg|miniatura|''Fagus sylvatica'']] |
||
A '''faia''' ( |
A '''faia''' (''Fagus sylvatica'') é unha [[árbore]] [[caducifolia]] da familia das [[Fagaceae|fagáceas]] de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 [[metro|m]], cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa. |
||
Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As [[folla]]s son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de [[pecíolo]] curto, e o [[limbo]] é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de [[conto de fadas]], non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co [[abeto]] e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial. |

Revisión como estaba o 27 de novembro de 2018 ás 12:00
Faia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Fagus sylvatica L. | |||||||||||||||||
A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.
Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.
Hábitat
A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.
Europa
En Europa esténdese formando bosques desde Pilio, no centro de Grecia, ou redutos en Sicilia e no centro de España no Sur, até Suecia e Noruega, chegando até Trondheim no norte. En Finlandia coñécense algúns pequenos bosques de faias. Atópase moi estendido no centro de Europa destacando os bosques da Selva Negra (Alemaña), o Bosque de Soignesy en Bélxica, a Selva de Irati en Navarra (España), así como os faiais de Francia onde as faias conforman o 10% do total dos bosques. O reduto máis meridional atópase nas ladeiras do volcán Etna, en Sicilia.
Península Ibérica
É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia, os faiais, por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as súas características típicas. Hai tamén faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución ibérica está no Parque Nacional da Peneda-Gerês, no norte de Portugal, e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Faia |