Eduardo Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
→‎Obra: + info
Liña 12: Liña 12:


==Obra==
==Obra==
*''[[Medea]]'', adaptación xunto a [[Manuel Guede]] de textos de [[Eurípides]], [[Séneca]] e [[Anouilh]] (1988); dirixiu a adaptación feita en 1987 polo [[Centro Dramático Galego]].
*''[[As vodas de Fígaro]]'', tradución xunto a [[Cándido Pazó]] da obra de [[Pierre-Augustin de Beaumarchais]] (1994); dirixiu a adaptación feita en 1994 por Teatro do Noroeste.
*''[[As vodas de Fígaro]]'', tradución xunto a [[Cándido Pazó]] da obra de [[Pierre-Augustin de Beaumarchais]] (1994); dirixiu a adaptación feita en 1994 por Teatro do Noroeste.



Revisión como estaba o 25 de novembro de 2018 ás 00:06

Eduardo Alonso
Nacemento28 de maio de 1948
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióndirector teatral
FillosEva Alonso Gómez
PremiosPremio Cultura Galega das Artes Escénicas
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Alonso Rodríguez, nado en Vigo o 28 de maio de 1948, é un director teatral galego.

Traxectoria

É enxeñeiro técnico naval pola Escola de Enxeñeiros Técnicos de Ferrol, licenciado en Ciencias da Imaxe e licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Cursou estudos de Arquitectura na Escola Superior de Sevilla e de Arte Dramática na Escola Superior de Córdoba.

Comezou a súa actividade teatral en 1965, sendo cofundador das compañías teatrais Teatro Zoo de Madrid (1970-1977), Teatro Andrómena de Santiago de Compostela (1979), Teatro do Estaribel, Cooperativa Teatral Galega (1980-1981), da produtora de cine, vídeo e teatro Produccións do Noroeste (1986-1991), e da compañía de teatro Teatro do Noroeste (1991).

En 1984 elaborou, a instancias da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, un proxecto de Centro Dramático para Galicia, sendo posteriormente encargado de levalo á práctica, creándose así o Centro Dramático Galego do que foi primeiro director. En 1985 foi nomeado polo Ministro de Cultura, membro do Consello Nacional de Teatro. En 1987 elabora, encargado pola Consellería de Cultura e Benestar Social, un proxecto de Instituto Galego das Artes do Espectáculo, organismo para a potenciación en Galicia do cine, o teatro, a danza e as artes audiovisuais. Ten publicados varios traballos teóricos relacionados coas representación teatrais.

En 2010 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas.

Obra

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas