Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf|miniatura|page=29|Cancioneiro Colocci-Brancuti]]
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf|miniatura|page=29|Cancioneiro Colocci-Brancuti]]
O '''Cancioneiro da Biblioteca Nacional''' ou '''Cancioneiro Colocci-Brancuti''', coñecido coa sigla B (ou CB)<ref>{{Versaleta|[[Giuseppe Gavani|TAVANI, G.]]}} (1998): ''A poesía lírica galego-portuguesa'', 2ª ed. Ed. Galaxia, páxina 52.</ref>, é unha das tres colectáneas de lirismo [[trobadorismo|trobadoresco]] [[galaico-portugués]] (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer). Denomínase '''Cancionero da Biblioteca Nacional''' de [[Lisboa]], xa que foi adquirido en [[1924]] pola [[Biblioteca Nacional de Portugal]].
O '''Cancioneiro da Biblioteca Nacional''' ou '''Cancioneiro Colocci-Brancuti''', coñecido coa sigla B (ou CB)<ref>{{Versaleta|[[Giuseppe Gavani|Tavani, G.]]}} (1998): ''A poesía lírica galego-portuguesa'', 2ª ed. Ed. Galaxia, páxina 52.</ref>, é unha das tres colectáneas de lirismo [[trobadorismo|trobadoresco]] [[galaico-portugués]] (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer). Denomínase '''Cancionero da Biblioteca Nacional''' de [[Lisboa]], xa que foi adquirido en [[1924]] pola [[Biblioteca Nacional de Portugal]].


== Descrición ==
== Descrición ==

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2018 ás 15:09

Cancioneiro Colocci-Brancuti

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti, coñecido coa sigla B (ou CB)[1], é unha das tres colectáneas de lirismo trobadoresco galaico-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer). Denomínase Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa, xa que foi adquirido en 1924 pola Biblioteca Nacional de Portugal.

Descrición

A compilación deste cancioneiro fíxose en Italia no final do século XV ou inicios do século XVI por encargo do humanista Angelo Colocci. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).

Este cancioneiro é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas razós esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba Garcia de Resende. Alí serían copiados por Colocci dende o orixinal ou os orixinais e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.

Trátase do cancioneiro máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores[2][3] Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a Arte de trobar, e cinco lais narrativos.

Notas

  1. Tavani, G. (1998): A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed. Ed. Galaxia, páxina 52.
  2. Monteagudo, H. et al. (1998): Tres poetas medievais da ría de Vigo. Ed. Galaxia, páxina 50
  3. Pena, X. R. (2002): Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Sotelo Blanco, p. 105-106.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas