Pozo de Darvaza: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Turcomenistán]] |
Revisión como estaba o 20 de novembro de 2018 ás 09:15
O pozo de Darvaza ou cráter de Darvaza, en turcomán: (Jähennem derwezesi, Җәхеннем дервезеси) tamén coñecido como porta ao Inferno, é unha antiga prospección de gas que se atopa no deserto de Karakum, preto da pequena aldea de Darvaza, en Turcomenistán. O deserto, que ocupa o 70% do país ou 350.000 km², é moi rico en petróleo e gas natural.[1]
Este cráter de 69 metros de diámetro, 30 metros de profundidade e unha temperatura no seu interior de 400°C creouse tras un accidente en 1971 durante unhas obras de prospección de gas de xeólogos soviéticos, quen viron como o seu equipo e as súas tendas eran tragados pola terra. En realidade, descubriran unha cova subterránea chea de gas natural. Temendo que o cráter ocasionase o escape de varios gases naturais perigosos, o equipo decidiu prenderlle lume. Porén, estimaron que extinguiría nalgúns días mais leva catro décadas incendiado. Dende entón arde sen parar e brinda un espectáculo impresionante. Houbo intentos errados por apagar o lume.
Notas
- ↑ "Desierto Karakum". Enciclopedia Británica Online.