Faboideae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
extender > estender
Liña 23: Liña 23:


== Descrición ==
== Descrición ==
Son [[árbore]]s, [[arbusto]]s, [[planta rubideira|rubideiras]] leñosas ou [[planta herbácea|herbáceas]] [[Planta perenne|perennes]] ou anuais. As [[folla]]s son, polo xeral, [[Pinnado|pinadas]] ou dixitadas, frecuentemente trifoliadas, algunhas veces unifoliadas e até nulas, mais nunca bipinadas. As [[flor]]es dispóñense en [[acios]]s, [[panícula]]s, [[Capítulo (botánica)|capítulos]] ou [[espiga]]s. Son [[Zigomorfo|zigomorfas]], rara vez [[Actinomorfo|actinomorfas]]. A prefloración é imbricada, rara vez valvar; a prefloración da corola dise ''descendente'': o estandarte é externo, cubrindo os [[pétalo]]s veciños. A [[corola]] é xeralmente con de forma de bolboreta, cos dous pétalos inferiores conniventes ou unidos no ápice, formando a ''quilla'' (ou ''carena''), os dous laterais extendidos como ''ás'' e o superior ergueito ou reflexo, de maior tamaño, chamado de estandarte. O [[cáliz (botánica)|cáliz]] está formado por 5 [[sépalo]]s soldados entre si e é campanulado ou tubuloso. O [[androceo]] está formado por 10 [[estame]]s, rara vez menos, xeralmente agochados dentro da quilla e atópanse máis ou menos soldados entre si, tipicamente son [[Estame|diadelfos]] (9+1), mais tamén [[Estame|poliadelfos]] ou ceibos. Os [[óvulo]]s son [[campilótropo]]s. As [[semente]]s presentan un [[embrión]] curvado, raramente recto; o fío é de tamaño mediano a grande.<ref name="Watson"/>
Son [[árbore]]s, [[arbusto]]s, [[planta rubideira|rubideiras]] leñosas ou [[planta herbácea|herbáceas]] [[Planta perenne|perennes]] ou anuais. As [[folla]]s son, polo xeral, [[Pinnado|pinadas]] ou dixitadas, frecuentemente trifoliadas, algunhas veces unifoliadas e até nulas, mais nunca bipinadas. As [[flor]]es dispóñense en [[acios]]s, [[panícula]]s, [[Capítulo (botánica)|capítulos]] ou [[espiga]]s. Son [[Zigomorfo|zigomorfas]], rara vez [[Actinomorfo|actinomorfas]]. A prefloración é imbricada, rara vez valvar; a prefloración da corola dise ''descendente'': o estandarte é externo, cubrindo os [[pétalo]]s veciños. A [[corola]] é xeralmente con de forma de bolboreta, cos dous pétalos inferiores conniventes ou unidos no ápice, formando a ''quilla'' (ou ''carena''), os dous laterais estendidos como ''ás'' e o superior ergueito ou reflexo, de maior tamaño, chamado de estandarte. O [[cáliz (botánica)|cáliz]] está formado por 5 [[sépalo]]s soldados entre si e é campanulado ou tubuloso. O [[androceo]] está formado por 10 [[estame]]s, rara vez menos, xeralmente agochados dentro da quilla e atópanse máis ou menos soldados entre si, tipicamente son [[Estame|diadelfos]] (9+1), mais tamén [[Estame|poliadelfos]] ou ceibos. Os [[óvulo]]s son [[campilótropo]]s. As [[semente]]s presentan un [[embrión]] curvado, raramente recto; o fío é de tamaño mediano a grande.<ref name="Watson"/>


== Tribos ==
== Tribos ==

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2018 ás 08:43

Faboideae

Vicia lathyroides
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Rudd
Tribus

véxase no texto

Sinonimia
Esquema dunha flor de Faboideae (Papilionoideae) e as súas compoñentes; vista lateral.
Compoñentes da corola dunha flor de Faboideae (Papilionoideae); vista fronto-lateral (Vicia sativa.)

Faboideae é unha das tres subfamilias nas que se divide a familia das leguminosas ou Fabáceas (Fabaceae). O nome alternativo para a subfamilia é Papilionoideae. É a división máis grande da familia, e esténdese por todos os continentes agás as rexións árticas. Comporta 476 xéneros e 13.900 especies. Os xéneros con maior número de especies son Astragalus (2400 a 3270), Indigofera (700), Crotalaria (700), Mirbelia sensu lato (450), Tephrosia (350), Desmodium (300), Aspalathus (300), Oxytropis (300), Adesmia (240), Trifolium (240), Rhynchosia (230), Lupinus (200), Aeschynomene (160), Hedysarum (160), Lathyrus (160), Vicia (160), Dalea (150), Eriosema (150), Lotononis (150), Millettia (150), Vigna (150), Swartzia (140), Daviesia (135), Lonchocarpus (135), Machaerium (130), Onobrychis (130), Ormosia (130), Lotus (inc. Coronilla, 125), Lonchocarpus (120), Erythrina (110), Gastrolobium (110), Mucuna (105) e Pultenaea (100). As especies leñosas son preferibelmente termófilas, moitas herbáceas son de rexións temperadas e frías, porén están tamén representadas nos trópicos. Comporta moitas plantas útiles e moi coñecidas, como ervello, garavanzo, feixón, chícharo de olor, trevos, faballón, alforfa, soia, entre outras.[2][3] Ademais pertencen a esta subfamilia plantas bravas moi comúns dos montes galegos, coma os toxos, as xestas, a carqueixa, ornamentais rubideiras como a glicinia chinesa, ou incluso árbores como a falsa acacia.

As plantas desta subfamilia recoñécense das demais subfamilias de leguminosas por mor das súas flores, que posúen catro pétalos envoltos entre si, creando un tubo por cuxo extremo sobresaen os seus longos estames. O quinto pétalo está estendido coma unha vela e denomínase estandarte, velame ou vexilo.

Descrición

Son árbores, arbustos, rubideiras leñosas ou herbáceas perennes ou anuais. As follas son, polo xeral, pinadas ou dixitadas, frecuentemente trifoliadas, algunhas veces unifoliadas e até nulas, mais nunca bipinadas. As flores dispóñense en acioss, panículas, capítulos ou espigas. Son zigomorfas, rara vez actinomorfas. A prefloración é imbricada, rara vez valvar; a prefloración da corola dise descendente: o estandarte é externo, cubrindo os pétalos veciños. A corola é xeralmente con de forma de bolboreta, cos dous pétalos inferiores conniventes ou unidos no ápice, formando a quilla (ou carena), os dous laterais estendidos como ás e o superior ergueito ou reflexo, de maior tamaño, chamado de estandarte. O cáliz está formado por 5 sépalos soldados entre si e é campanulado ou tubuloso. O androceo está formado por 10 estames, rara vez menos, xeralmente agochados dentro da quilla e atópanse máis ou menos soldados entre si, tipicamente son diadelfos (9+1), mais tamén poliadelfos ou ceibos. Os óvulos son campilótropos. As sementes presentan un embrión curvado, raramente recto; o fío é de tamaño mediano a grande.[1]

Tribos

Xéneros

Os géneros da subfamilia son:

Notas

  1. 1,0 1,1 L. Watson L. & Dallwitz M.J., The families of flowering plants, Leguminosae; Version: 11th May 2015
  2. Burkart, A. Leguminosas. En: Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires. páx.: 467-538.
  3. Lewis, G., B. Schrire, B. MacKinder, and M. Lock (eds). 2005. Legumes of the world. Royal Botanical Gardens, Kew, UK.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lewis G., Schrire B., Mackinder B. & Lock M. 2005. (eds.) Legumes of the world. The Royal Botanic Gardens, Kew, Reino Unido. 577 páxinas. 2005. ISBN 1 900347.

Ligazóns externas

  • Wojciechowski, M. F., 2006, Papilionoideae. Version 12 July 2006. [1] en The Tree of Life Web Project,