Celestina: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos |
extender > estender |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
Atópase con frecuencia en rochas [[calcaria]]s e [[arenisca]]s, revestindo cavidades en forma de xeodas ou en filóns hidrotermais en forma de drusas asociada en ocasións con [[pirita]], [[calcita]] ou [[barita]] |
Atópase con frecuencia en rochas [[calcaria]]s e [[arenisca]]s, revestindo cavidades en forma de xeodas ou en filóns hidrotermais en forma de drusas asociada en ocasións con [[pirita]], [[calcita]] ou [[barita]] |
||
É un [[mineral]] moi |
É un [[mineral]] moi estendido en [[España]], sendo fácil atopalo en case que tódalas rexións da península. |
||
== Usos da celestina == |
== Usos da celestina == |
Revisión como estaba o 19 de novembro de 2018 ás 08:42
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Celestina | |
---|---|
Drusa de celestina | |
Fórmula química | SrSO4 |
Clase | Sulfatos |
Sistema cristalino | Rómbico |
Cor | Celeste, branca e gris |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 3-3,5 |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3,95-3,97 g/cm3 |
A celestina (do latín caelestis que significa celeste, en alusión a súa cor) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é SrSO4 (contén un 56% de SrO e un 44% de SO3).
Aspecto
A celestina preséntase a miúdo en forma de cristais tabulares ou tamén de forma acicular. Moitos exemplares presentan unha cor azul clara moi característica.
-
Cristal de celestina
-
Xeoda de celestina
-
Xofre e Celestina
Lugares onde se atopa
Atópase con frecuencia en rochas calcarias e areniscas, revestindo cavidades en forma de xeodas ou en filóns hidrotermais en forma de drusas asociada en ocasións con pirita, calcita ou barita
É un mineral moi estendido en España, sendo fácil atopalo en case que tódalas rexións da península.
Usos da celestina
A celestina é unha fonte importante da que obter nitrato de estroncio, que logo é usado para a fabricación de fogos artificiais na industria pirotécnica.
Úsase tamén na industria da enerxía nuclear.
Propiedades
A celestina é un mineral que presenta unha temperatura de fusión moi baixa.
Outros sulfatos
A anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.