Mazarico chiador: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Elisardojm moveu a páxina "Mazarico galego" a "Mazarico chiador" sobre unha redirección: movo a nome común con refs.
Elisardojm (conversa | contribucións)
mazarico chiador
Liña 17: Liña 17:
| binomial_authority = ([[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1758)
| binomial_authority = ([[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1758)
}}
}}
O '''mazarico galego'''{{Cómpre referencia}} ou '''mazarico chiador'''<ref>Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.</ref><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Conde Teira|nome=M. A.|ano=1999|título=Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada|revista=Chioglossa|volume=1|páxinas=121-138|lugar=A Coruña|url=http://www.chioglossa.com/fotos/1220434369_CgO2.pdf|ref=harv|data=|data-acceso=28 de setembro de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160315234435/http://www.chioglossa.com/fotos/1220434369_CgO2.pdf|dataarquivo=15 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref> (''Numenius phaeopus'') é unha [[aves limícolas|ave limícola]] da familia das [[Scolopacidae]].
O '''mazarico chiador'''<ref>Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.</ref><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Conde Teira|nome=M. A.|ano=1999|título=Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada|revista=Chioglossa|volume=1|páxinas=121-138|lugar=A Coruña|url=http://www.chioglossa.com/fotos/1220434369_CgO2.pdf|ref=harv|data=|data-acceso=28 de setembro de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160315234435/http://www.chioglossa.com/fotos/1220434369_CgO2.pdf|dataarquivo=15 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref> (''Numenius phaeopus'') é unha [[aves limícolas|ave limícola]] da familia das [[Scolopacidae]].


== Morfoloxía e hábitos ==
== Morfoloxía e hábitos ==

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2018 ás 17:27

Mazarico chiador

Numenius phaeopus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Numenius
Especie: N. phaeopus
Nome binomial
Numenius phaeopus
(Linnaeus, 1758)

O mazarico chiador[2][3] (Numenius phaeopus) é unha ave limícola da familia das Scolopacidae.

Morfoloxía e hábitos

Especie moi similar ó mazarico real, aínda que máis pequeno que este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O peteiro (6–9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso que o do mazarico real. A súa envergadura oscila entre os 78–88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas, dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.

Existe a subespecie hudsonicus, propia do Norte de América, caracterizada polo extremo das ás de cor negro.

É unha ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas. O seu hábitat natural son os terreos anegados, a tundra e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos e, no outono, tamén bagas silvestres.

Reprodución

A femia fai o niño no chan e pon catro ovos, que incuba durante 27-28 días. Os polos voan ás 5-6 semanas.

Distribución

Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en Islandia, Escandinavia, noroeste de Rusia e nos países bálticos. No inverno pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a costa do Levante) e a costa de Marrocos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Romay Cousido, Cosme Damián; Fontoira García, Antonio; Martínez Sabarís, Emilio; Ramos Martínez, Atocha: "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". Editado polo Concello de O Grove, 2009.
  • Svensson, Lars; Mullarney, Killian; Zetterstïons, Dan: Guía de aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran guía de la naturaleza. AVES. Editorial Everest. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Numenius phaeopus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.