Holanda Setentrional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 83: Liña 83:
* [[Heemskerk]]
* [[Heemskerk]]
* [[Heemstede]]
* [[Heemstede]]
* [[Heerhugowaard]]
* [[Heerhugowaard]]<sup>1</sup>
* [[Heiloo]]
* [[Heiloo]]
* [[Hilversum]]
* [[Hilversum]]
Liña 89: Liña 89:
* [[Hoorn]]<sup>1</sup>
* [[Hoorn]]<sup>1</sup>
* [[Huizen]]
* [[Huizen]]
* [[Koggenland]]
* [[Koggenland]]<sup>1</sup>
* [[Landsmeer]]
* [[Landsmeer]]
* [[Langedijk]]<sup>1</sup>
* [[Langedijk]]<sup>1</sup>

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2018 ás 16:44

Modelo:Primeira entidade subestatal Holanda do Norte (neerlandés: Noord-Holland) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Está situada no noroeste do país e súa capital provincial é de Haarlem. A cidade máis importante da rexión, e capital do país, é Ámsterdan.

Xeografía

Holanda Setentrional é unha gran península entre o Mar do Norte e o IJsselmeer. Máis da metade da provincia consiste en terras gañadas ao mar, ou pólder, situadas baixo o nivel do mar.

As cidades máis grandes da provincia son Ámsterdan, Haarlem, Hilversum, Den Helder, Alkmaar, Zaandam e Hoorn. A illa de Texel é tamén parte de holanda Setentrional, e ten invitado ás illas de Bonaire, Saba e San Eustaquio nas Antillas Neerlandesas para que formen parte do Estado, máis ningunha decisión se ten tomado até o momento.

Holanda Setentrional constitúe unha rexión do sistema de códigos da Organización Internacional para a Estandarización, co código ISO 3166-2: NL-NH.

Historia

As provincias de Holanda Setentrional e Holanda Meridional naceron en en 1840 da división da antiga provincia de Holanda. En 1940 cedeu as illas de Vlieland e Terschelling á provincia de Frisia. En 1950, a antiga illa de Urk cedeuse á provincia de Overijssel. Na época das Provincias Unidas, a provincia de Holanda recibía o nome de provincia de Holanda e Frisia Occidental, en referencia á conquista desa parte de Frisia na Idade Media. O escudo de Holanda Setentrional aínda consiste nas armas de Holanda e Frisia combinadas.

Municipios

Holanda Setentrional divídese en 48 municipios:

1 Municipios de Frisia Occidental

Frisia Occidental

Frisia Occidental é unha rexión de Holanda Setentrional (non da provincia de Frisia). Componse dos municipios de Alkmaar, Andijk, Drechterland, Enkhuizen, Harenkarspel, Heerhugowaard, Hoorn, Langedijk, Medemblik, Niedorp, Noorder-Koggenland, Obdam, Opmeer, Schagen, Stede Broec, Wervershoof, Wester-Koggenland e Wognum.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas