Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Engado imaxe
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Hist.Technik (2).jpg|miniatura|Sección de [[epidídimo]]. O tecido conxuntivo (azul) rodea ao tecido epitelial (púrpura)]]
{{sen referencias|data=setembro de 2014}}

[[Ficheiro:Hist.Technik (2).jpg|thumb|Hist.Technik (2)|Sección de [[epidídimo]]. O tecido conxuntivo (azul) rodea ao tecido epitelial (púrpura)]]
O '''tecido conxuntivo''', tamén chamado '''tecido conectivo''' é un conxunto de [[tecido (bioloxía)|tecidos]] orgánicos que serven de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculonerviosos. Deriva do [[mesoderma]].<ref>{{Cita libro |apelidos= Dorland|título= Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina|dataacceso= 19 de maio de 2018|edición= 26|volume= 3|ano= 1986|editorial= Interamericana - W.B. Saunders|lugar= Madrid|lingua= es|isbn= 84-7605-223-5|páxina= 1547}}</ref>
O '''tecido conxuntivo''', tamén chamado '''tecido conectivo''' é un conxunto de [[tecido (bioloxía)|tecidos]] orgánicos que serven de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculonerviosos. Deriva do [[mesoderma]].<ref>{{Cita libro |apelidos= Dorland|título= Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina|dataacceso= 19 de maio de 2018|edición= 26|volume= 3|ano= 1986|editorial= Interamericana - W.B. Saunders|lugar= Madrid|lingua= es|isbn= 84-7605-223-5|páxina= 1547}}</ref>


Liña 37: Liña 35:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}

=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
*{{cita libro |apelido= Paniagua Gómez-Álvarez |nome= Ricardo|título= Citología e histología vegetal y animal|edición= 3ª|ano= 2002|editorial= McGraw-Hill - Interamericana de España, S.A.U|lugar= Madrid|lingua= es|isbn= 84-481-9984-7|páxinas= 475, 577-609}}

{{cita libro |apelido= Paniagua Gómez-Álvarez |nome= Ricardo|título= Citología e histología vegetal y animal|edición= 3ª|ano= 2002|editorial= McGraw-Hill - Interamericana de España, S.A.U|lugar= Madrid|lingua= es|isbn= 84-481-9984-7|páxinas= 475, 577-609}}

{{Commons|Connective tissues}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 11 de novembro de 2018 ás 10:28

Sección de epidídimo. O tecido conxuntivo (azul) rodea ao tecido epitelial (púrpura)

O tecido conxuntivo, tamén chamado tecido conectivo é un conxunto de tecidos orgánicos que serven de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculonerviosos. Deriva do mesoderma.[1]

Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:

  • O tecido conxuntivo laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
  • O tecido conxuntivo denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.

O tecido conxuntivo especializado abrangue o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoético e o tecido sanguíneo.

Elementos do tecido conxuntivo

Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, as febras diversas (ambas constitúen a matriz extracelular) e unha serie de células. A matriz extracelular é moi abondosa nestes tecidos, mentres que as células distribúense de xeito máis ou menos disperso na matriz e son as responsabeis da secreción local desta.[2]

Substancia fundamental

A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrientes e outras substancias cara as células.

Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reacción ácida. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.

Para a preparación histolóxica non pode producirse lavando con auga. Hai que optar por:

  • fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
  • conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica

As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.

Febras

No tecido conxuntivo a matriz extracelular é rica en diversos polímeros de estrutura febrosa, sendo estas febras as que soportan as tensións no tecido.[2]

Existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas. As febras elásticas, compostas pola proteína elastina, conforman unha rede que confire ao tecido unha gran elasticidade, limitada polas fibras inelásticas de coláxeno para previr roturas.[3]

Células

A familia de células do tecido conxuntivo reciben diferentes nomes segúndo o tipo de tecido: fibroblastos, osteoblastos ou osteocitos (tecido óseo), condrocitos (tecido cartilaxinoso) ou adipocitos (tecido adiposo), sendo os fibroblastos as células menos especializadas e capaces de transformarse en calquera dos outros membros da familia. Todos estes tipos celulares teñen unha orixe común e teñen un alto grado de interconversión, é dicir, pódense transformar unhas noutras en certo grado. Están especializadas na secreción da matriz extracelular, polo que teñen un papel principal tanto na construción do soporte arquitectónico do corpo dos vertebrados coma na reparación da maior parte dos tecidos e órganos en resposta a lesións.[4]

Notas

  1. Dorland (1986). Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina (en castelán) 3 (26 ed.). Madrid: Interamericana - W.B. Saunders. p. 1547. ISBN 84-7605-223-5. 
  2. 2,0 2,1 Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). p. 843. ISBN 84-282-0896-4. 
  3. Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). pp. 869–70. ISBN 84-282-0896-4. 
  4. Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). pp. 1050–3. ISBN 84-282-0896-4. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Paniagua Gómez-Álvarez, Ricardo (2002). Citología e histología vegetal y animal (en castelán) (3ª ed.). Madrid: McGraw-Hill - Interamericana de España, S.A.U. pp. 475, 577–609. ISBN 84-481-9984-7.