Diego Sarmiento de Acuña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 11: Liña 11:


=== Posicionamentos verbo do Reino de Galicia ===
=== Posicionamentos verbo do Reino de Galicia ===
Foi membro deste consello dende [[1623]]. Foi nomeado Gobernador-[[Capitán Xeneral de Galicia]] en [[1625]] mais non chegou a tomar posesión.<ref>{{Cita web |url=http://www.tercios.org/ESPANA/GALICIA_CapGral.html |título={title} |data-acceso=31 de decembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120120053729/http://www.tercios.org/ESPANA/GALICIA_CapGral.html |dataarquivo=20 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
Foi membro deste consello dende [[1623]]. Foi nomeado Gobernador-[[Capitán Xeneral de Galicia]] en [[1625]] mais non chegou a tomar posesión.<ref>{{Cita web |url=http://www.tercios.org/ESPANA/GALICIA_CapGral.html |título=Copia arquivada |data-acceso=31 de decembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120120053729/http://www.tercios.org/ESPANA/GALICIA_CapGral.html# |dataarquivo=20 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>


Defendeu para o [[Reino de Galicia]] o voto nas [[Cortes de Castela]]. Esta reclamación conseguiuse en [[1622]] grazas ao seu labor persuasivo ante [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola [[Xunta do Reino de Galicia]]. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en [[Baiona]].
Defendeu para o [[Reino de Galicia]] o voto nas [[Cortes de Castela]]. Esta reclamación conseguiuse en [[1622]] grazas ao seu labor persuasivo ante [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola [[Xunta do Reino de Galicia]]. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en [[Baiona]].

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2018 ás 05:27

Infotaula de personaDiego Sarmiento de Acuña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1567 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Astorga Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 1626 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Haro Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Spain in the Archduchy of Austria (en) Traducir
Ambassador of the Kingdom of Spain to the Kingdom of England (en) Traducir
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConstanza de Acuña (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosQ113918014 Traducir Editar o valor em Wikidata

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Gondomar o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Traxectoria

Estatua en Gondomar, coa lenda:
"Don Diego
Sarmiento
de Acuña
1er Conde de
Gondomar
Diplomático
Defensor
das letras
e Amante
de Galicia."
.

Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, correxedor de Toro e Valladolid e notario maior de Toledo.

Trato coa coroa española

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador de Filipe III (e trala súa morte, do seu fillo Filipe IV) en Inglaterra. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co respaldo do Consello de Estado.

Posicionamentos verbo do Reino de Galicia

Foi membro deste consello dende 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 mais non chegou a tomar posesión.[1]

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Esta reclamación conseguiuse en 1622 grazas ao seu labor persuasivo ante Filipe IV. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.

Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.

Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan unha cartas dirixidas ao conde de Gondomar, por parte dun sobriño del, escritas en lingua galega, xa que sabía que o conde tiña en estima tal lingua. Así mesmo, consérvase tamén en galego unha carta que Beatriz da Serra lle escribiu a Diego Sarmiento no ano 1603.

De enpregarme en causas de seu serviço con muyta certeça que ninguen con tanta vontade como eu aservirá, que en miña conciança que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd ("vosa mercede") coñeço o fijera A esos meus señores seus fillos de Vmd e primos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os faga en todo seus fillos de Vmd e de miña senara Dona Costança. A quens garde noso señor como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado. Seu sobriño de Vmd. Don Juan de Lanços y de Andrade'
— Ano 1598. Carta en galego remitida a Diego Sarmiento de Acuña

Galería de imaxes

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  2. No libro "Retratos de Españoles ilustres, con un epítome de sus vidas, en la Imprenta Real de Madrid, siendo su regente D. Lázaro Gayguer, 1791."

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas