Sinfonía n.º 9 (Beethoven): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Proxectos de xuventude: Johann Wolfgang von Goethe
vals > valse
Liña 6: Liña 6:
Beethoven é o principal referente na transición do estilo clásico ó estilo romántico, o responsable de facer evolucionar o esquema máis tradicional das formas musicais do [[clasicismo musical|clasicismo]] para adaptalas a esta incipiente liberdade individual do [[romanticismo musical|romanticismo]]. Para entender a súa capacidade innovadora no campo da composición compre ter presente que Beethoven é o primeiro músico que vive do que compón e así crea un precedente en no oficio de compositor, ceibándose de cargos dentro da corte ou a Igrexa ós que estaban sometidos outros músicos com [[Johann Sebastian Bach|Bach]], [[Joseph Haydn|Haydn]] e [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]].
Beethoven é o principal referente na transición do estilo clásico ó estilo romántico, o responsable de facer evolucionar o esquema máis tradicional das formas musicais do [[clasicismo musical|clasicismo]] para adaptalas a esta incipiente liberdade individual do [[romanticismo musical|romanticismo]]. Para entender a súa capacidade innovadora no campo da composición compre ter presente que Beethoven é o primeiro músico que vive do que compón e así crea un precedente en no oficio de compositor, ceibándose de cargos dentro da corte ou a Igrexa ós que estaban sometidos outros músicos com [[Johann Sebastian Bach|Bach]], [[Joseph Haydn|Haydn]] e [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]].


A Novena sinfonía, que foi contemporánea da ''[[Missa Solemnis (Beethoven)|Missa Solemnis]]'' op. 123, das ''[[Variacions Diabelli|33 Variacións sobre un vals de Diabelli]]'' op. 120 e da ''[[Consagración da casa]]'' op. 124, é a máxima expresión do último período creador de Beethoven. Esta obra tivo unha xénese moi complexa, da cal a súa comprensión require remontarse á xuventude do compositor.
A Novena sinfonía, que foi contemporánea da ''[[Missa Solemnis (Beethoven)|Missa Solemnis]]'' op. 123, das ''[[Variacions Diabelli|33 Variacións sobre un valse de Diabelli]]'' op. 120 e da ''[[Consagración da casa]]'' op. 124, é a máxima expresión do último período creador de Beethoven. Esta obra tivo unha xénese moi complexa, da cal a súa comprensión require remontarse á xuventude do compositor.


=== Proxectos de xuventude ===
=== Proxectos de xuventude ===

Revisión como estaba o 7 de novembro de 2018 ás 09:17

Ludwig van Beethoven.

A Sinfonía n.º 9 en re menor, op. 125, coñecida tamén como "Coral", é a derradeira sinfonía completa do compositor alemán Ludwig van Beethoven. É unha das obras máis trascendentais, salientables e populares da música e a arte. O seu último movemento é un final coral sorprendentemente infrecuente na súa época que se converteu en símbolo da liberdade. Precisamente, unha adaptación da sinfonía, realizada por Herbert von Karajan é, dende 1972, o himno da Unión Europea (UE).[1] En 2001, a partitura orixinal da sinfonía inscribiuse no Rexistro da Memoria do Mundo da UNESCO, onde forma parte, xunto con outros sobresalientes monumentos, da herdanza espiritual da humanidade.[2]

Historia

Beethoven é o principal referente na transición do estilo clásico ó estilo romántico, o responsable de facer evolucionar o esquema máis tradicional das formas musicais do clasicismo para adaptalas a esta incipiente liberdade individual do romanticismo. Para entender a súa capacidade innovadora no campo da composición compre ter presente que Beethoven é o primeiro músico que vive do que compón e así crea un precedente en no oficio de compositor, ceibándose de cargos dentro da corte ou a Igrexa ós que estaban sometidos outros músicos com Bach, Haydn e Mozart.

A Novena sinfonía, que foi contemporánea da Missa Solemnis op. 123, das 33 Variacións sobre un valse de Diabelli op. 120 e da Consagración da casa op. 124, é a máxima expresión do último período creador de Beethoven. Esta obra tivo unha xénese moi complexa, da cal a súa comprensión require remontarse á xuventude do compositor.

Proxectos de xuventude

Xa dende mozo, cando aínda vivía en Bonn, Beethoven manifestou un gusto salientable pola lectura de Goethe e de Friedrich Schiller, cos cales coincidía en determinados ideais que máis tarde estarán presentes na súa obra: a natureza, a amizade e a alegría. E aquí compre sinalar o entusiasmo pola Oda á alegria de Schiller, publicada en 1785 en Dresden. En 1792, con vinte e dous anos, o músico non escribira máis que obras menores das cales a maioría son descoñecidas no presente. Porén, o seu estilo xa se desenvolvera de abondo como para que fose valorado por entendidos como Waldstein ou Haydn.

A finais de 1792, pouco antes de deixar Bonn para ir a Viena, o compositor fíxose amigo dun profesor de dereito, Ludwig Fischenich, amigo persoal do poeta Friedrich von Schiller, e amósalle un poema que puxera en música: Feuerfarbe de Sophie Mereau. Fischenich amosou a súa admiración á esposa de Schiller nunha carta onde anunciaba, como unha profecía, o futuro himno á alegría:

«Envíolle unha composición de Feuerfarbe [...]. É dun mozo de aquí, do cal os seus talentos musicais faranse universalmente célebres... Quere tamén poñer en música a Alegría de Schiller, e mesmo todas as estrofas. Agardo algunha cousa perfecta; xa que, polo que o coñezo, todo o leva ó máis grande e sublime.»[3]

Estrea

O 7 de maio de 1824, dez anos despois da Sinfonía n.º 8, Beethoven dá a coñecer ó mundo a súa Novena Sinfonía en re menor, posteriormente coñecida como "Sinfonía Coral". A presentación tivo lugar no Teatro da Corte Imperial de Viena (Kärntnertortheater), cheo de celebridades, aristócratas, nobreza e sangue real. Ninguén quería perder a estrea da sinfonía agardada e da que se presumía que sería a derradeira aparición pública do xenio alemán, como efectivamente así foi: nos tres anos seguintes, recluíuse na casa afectado por diversas doenzas que finalmente o levarían á morte.

Beethoven subiu á tarima de costas ó público, e non xirou nin cando rematou o concerto. A súa xordeira era total, non podía escoitar absolutamente nada do que creara. Cando a sinfonía concluíu, o teatro estoupou en aplausos, e unha solista ergueu o brazo do mestre e axudouna a xirar para que vise, entre bágoas, como todo o público se poñía de pé e o homenaxeaba entusiasmada. Ós 54 anos, Beethoven creara a súa obra mái grandiosa e eterna.

Notas

  1. O Himno europeo, no portal da Unión Europea. Consultado o 15 de xuño de 2008.
  2. www.wdl.org, ed. (1 de xaneiro de 1822). "Sinfonía número 9 en re menor, opus 125, de Beethoven". Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  3. Extraído dunha carta de Ludwig Fischenich a Charlotte Schiller, muller de Schiller, reproducida a J. i B. Massin: Ludwig van Beethoven, p. 39, Fayard, 1967

Véxase tamén

Outros artigos