Josu Uribetxeberria Bolinaga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Infmilitanteilegal
{{Infmilitanteilegal
|nomecompleto = Josu Uribetxeberria Bolinaga
|nomecompleto = Josu Uribetxeberria Bolinaga

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2018 ás 10:08

Modelo:Infmilitanteilegal Josu Uribetxeberria Bolinaga, nado en Mondragón (Guipúscoa) en 1955 e finado na mesma localidade o 16 de xaneiro de 2015, foi un membro da banda terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA).

Biografía

Pancarta no monte Urgull de San Sebastián reclamando a súa posta en liberdade, en agosto de 2012.

Membro de ETA desde mediados de 1983,[1] foi detido o 1 de xullo de 1997 a raíz da liberación do funcionario de prisións secuestrado José Antonio Ortega Lara. No momento da súa detención decidiu deixar morrer de fame a Ortega Lara, negándose a dar os datos do zulo subterráneo onde estaba secuestrado.[2]

Posteriormente foi xulgado e condenado a 178 anos de cadea polo asasinato de tres gardas civís, a 14 anos por secuestrar durante 116 días ao empresario Julio Iglesias Zamora en xuño de 1993,[3] e a 32 anos polo secuestro de Ortega Lara en xaneiro de 1996,[4] a quen mantivo encerrado nun zulo durante 532 días.[5]

En agosto de 2012, tras térselle diagnosticado un cancro terminal, iniciou unha folga de fame para reclamar a súa excarceración que foi secundada por outros 254 membros de ETA presos.[6] O 17 de agosto o Ministerio del Interior concedeulle o terceiro grao penitenciario, propoñendo á Audiencia Nacional que lle concedera a liberdade provisional «por razóns humanitarias», aínda que con condicións. A AVT considerou unha «traizón» esta decisión do Goberno.[7] O auto de liberdade condicional, con data 30 de agosto de 2012, recollía que padecía un cancro xeneralizado, terminal e en situación irreversible, segundo os informes forenses, factor determinante para a resolución favorable.[8] O 12 de setembro a Audiencia Nacional decretou a súa posta en liberdade,[9] rexeitando o recurso á súa excarceración interposto pola Fiscalía.[10] O ex-xuíz Baltasar Garzón amosou publicamente o seu desacordo coa Fiscalía afirmando que «un Estado de dereito non pode permitir que unha persoa morra en prisión».[11]

O 16 de xaneiro de 2015, faleceu en Mondragón debido ao cancro que padecía desde xuño de 2005.[8]

Notas