Anastacia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Introduciendo ficha
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Grupo_musical
{{Grupo_musical
| nome = Anastacia
| nome = Anastacia

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2018 ás 09:40

Infotaula de personaAnastacia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anastacia Lyn Newkirk Editar o valor em Wikidata
17 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónProfessional Children's School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,57 m Editar o valor em Wikidata
Peso56 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , produtor , modista , autora , cantautora , música , filántropa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop, R&B contemporâneo (pt) Traducir, blue-eyed soul, pop dance, pop rock e música rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEpic Records
Sony Music
BMG Rights Management
Mercury Records
Universal Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWayne Newton (en) Traducir (2007–valor descoñecido), divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webanastacia.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1049461 TV.com: people/anastacia
Facebook: Anastacia Twitter: AnastaciaMusic Instagram: anastaciamusic Youtube: UCr4T3zE6wmd39NCe_LFpqDw Spotify: 2siHvYaxjaW5rKVRiIrMYH iTunes: 85942 Last fm: Anastacia Musicbrainz: d3b2bec4-b70e-460e-b433-a865ceac2de8 Songkick: 468221 Discogs: 37622 Allmusic: mn0000031442 Deezer: 718 Genius: Anastacia Editar o valor em Wikidata
Anastacia
Anastacia en 2015.
OrixeChicago, Illinois, Estados Unidos
Xénero(s)pop, pop rock, R&B, disco, funk, soul[1]
Selo(s) discográfico(s)Epic Records (1998—2006),
Mercury Records (2008—2010),
BMG Rights Management (2012—2015),
Sony Music (2015-presente)
Na rede
[1]
IMDB: nm1049461 TV.com: people/anastacia
Facebook: Anastacia Twitter: AnastaciaMusic Instagram: anastaciamusic Youtube: UCr4T3zE6wmd39NCe_LFpqDw Spotify: 2siHvYaxjaW5rKVRiIrMYH iTunes: 85942 Last fm: Anastacia Musicbrainz: d3b2bec4-b70e-460e-b433-a865ceac2de8 Songkick: 468221 Discogs: 37622 Allmusic: mn0000031442 Deezer: 718 Genius: Anastacia Editar o valor em Wikidata

Anastacia Lyn Newkirk (Chicago, Illinois, 17 de setembro de 1968), coñecida simplemente como Anastacia, é unha cantante e compositora estadounidense. Fixo o seu debut discográfico no ano 1999, co seu primeiro álbum de estudio Not That Kind tras asinar un contrato co selo Epic Records (subdivisión da Sony Music Entertainment). Continuou a lanzar álbums de estudio que se situaron entre os primeiros postos e números un nos principais países de Europa e Oceanía con múltiples discos de ouro e platino. As súas cancións máis representativas xestáronse con «I'm Outta Love», «Paid My Dues», «One Day in Your Life», «Left Outside Alone», «Sick and Tired», «I Belong to You» xunto a Eros Ramazzotti e «Stupid Little Things» converténdose todos eles en éxitos de vendas e popularidade.

Segundo acredita a Federación Internacional da Industria Fonográfica (IPFI en inglés) contaba até 2005 cunha certificación de 20.000.000 álbums en Europa, dos cales 3.300.000 álbums corresponden ao Reino Unido e 1.900.000 álbums a Alemaña.

Carreira musical

Inicios

Anastacia naceu o 17 de setembro de 1968 en Chicago, Illinois. Súa nai Diane era actriz de Broadway e seu pai cantaba en clubs nocturnos. Aos sete anos, a súa miopía obrigouna a levar lentes, que máis tarde se converterían nun signo distintivo na súa carreira como cantante. Ten dous irmáns, unha moza máis vella ca ela, Shawn, que foi a súa asesora persoal, e un mozo máis novo, Brian, que é autista. En 1981 diagnosticáronlle a enfermidade de Crohn, unha doenza intestinal crónica pola que tivo que serlle extirpado parte do intestino. A consecuencia da intervención a cantante loce unha cicatriz no seu abdome que nunca tivo reparo en amosar.

Seu pai, que sufría dun trastorno bipolar, abandonounos cando era cativa e criouse con súa nai e seus irmáns. Aos 19 anos foise a vivir a un apartamento dun cuarto e graduouse na Professional Children's School de Manhattan. Aínda que na súa mocidade mostrou interese pola arqueoloxía traballou como recepcionista nunha barbaría, de onde a despediron. Traballou como bailarina xunto a súa irmá en varios locais da cidade dos rañaceos, entre eles o 1018 en 1983. Anastacia tamén interveu no Club MTV, traballo que lle permitiu aparecer en varios vídeos musicais entre os que destacan co grupo musical Salt-N-Pepa nas cancións "Get Up Everybody" en 1988 e "Twist and Shout" en 1989.

Grazas ao bo facer do seu representante, Lisa Braudé e tras asinar un contrato con Sony Music Entertainment, permitiulle saír nun concurso de televisión no ano 1998 que lle fixo saltar á fama nos EUA. A pesar de non gañar o concurso Michael Jackson telefonouna despois de ouvila cantar por televisión para felicitala polo seu gran talento e animala a labrarse un futuro no mundo da música. "Díxome que gustaba da miña voz e a miña actitude como artista e propúxome que fichase para o seu selo dentro da Sony. Estaba convencido de que podería ser unha estrela a nivel mundial", confesou Anastacia pouco despois.

Década de 2000

No verán de 2000 publícase a nivel internacional o seu primeiro traballo discográfico da cantante americana Not That Kind coa casa de discos Epic Records (subdivisión da multinacional Sony Music). O álbum convértese nun éxito en Europa e Oceanía situándose entre os primeiros postos de listas, e con vendas de triplo platino en Reino Unido, Australia, Suíza e Holanda, dobre platino en Francia, cinco discos de ouro en Alemaña ou o catro discos de platino polas vendas de 4 000 000 copias no continente europeo outorgado pola Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI en inglés).[2][3][4][5] O seu primeiro sinxelo «I'm Outta Love» convértese nunha das cancións máis vendidas do 2000 cunhas vendas estimadas máis de 3 600 000 copias internacionalmente, alcanza os primeiros postos e certifícaselle con dobre platino en Australia converténdose así na canción máis vendida do ano, platino en Nova Zelandia ou prata en Reino Unido e Francia.[6][7][2] Séguenlle «Not That Kind (canción)» certificado polas súas vendas en Francia con prata, «Cowboys & Kisses» e «Made for Lovin' You». O seu respaldo na música outórgase co premio ao Mellor artista novel internacional nos World Music Awards, así como colaboracións con importantes cantantes como Luciano Pavarotti, Elton John e Michael Jackson, este último convídaa ao concerto benéfico United We Caseta organizada tras os Atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos e interpretando xunto a multitude de estrelas do pop a canción «What More Can I Give». A pesar de establecerse en moitos países, nos Estados Unidos non obtivo os mesmos resultados tanto Not That Kind 198 Billboard 200 e 9 Top Heatseekers, como «I'm Outta Love» 72 Billboard Hot 100 e 2 Hot Dance Club Songs.

A finais de 2001 publica o seu segundo álbum de estudo Freak of Nature volvendo ao éxito establecido co seu anterior traballo discográfico. Sitúase nos primeiros postos de lista e con vendas de triplo platino en Reino Unido e Alemaña, dobre platino en Holanda, Suecia e Noruega, cinco platinos en Suíza ou tres platinos por 3 000 000 copias en Europa (IFPI).[2][4][8] «Paid My Dues» primeiro sinxelo do álbum sitúase na maioría de listas do continente europeo con vendas de ouro en Bélxica, Austria, Alemaña, Noruega e Suíza, e prata en Francia e cunhas vendas estimadas de 3 100 000 copias internacionais.[9][10] «One Day in Your Life» segundo sinxelo alcanza a primeira posición Hot Dance Club Play e 30 Pop Songs de Estados Unidos e é certificado con ouro en Australia e cunhas vendas estimadas de 2 300 000 copias internacionais.[11][10] Séguenlle «Why'd You Lie to Me» e «You'll Never Be Alone». Freak of Nature é reeditado un ano máis tarde con contido novo e salienta a colaboración da cantante con Faith Evans na canción «I Thought I Told You That». Edita á súa vez o seu primeiro DVD Anastacia Vídeo Collection, recompilación de todos as súas videoclips e do que é certificado con ouro en Alemaña. A súa popularidade lévaa a ser a cantante oficial pola FIFA na Copa Mundial de Fútbol de 2002 coa canción «Boom» e interpretada na final no Estadio Internacional de Yokohama, Xapón ante 70 000 persoas, ademais de participar no VH1 Divas As Veigas do cal destaca a colaboración da cantante con Céline Dion na canción «You Shook Me All Night Long» de AC/DC e pór voz á banda sonora da película Chicago coa canción «Love is a Crime» e chegando ao número uno Hot Dance Music/Club Play dos Estados Unidos en 2003.

Anastacia en concerto en 2004

Tras sufrir un cancro de peito en 2003 que a leva a estar uns meses fóra da actividade, regresa e actúa no concerto 46664 para a fundación de Nelson Mandela en Suráfrica xunto con outras estrelas do pop. Na primavera de 2004 lanza o seu terceiro traballo discográfico e primeiro homónimo Anastacia do cal a consagra na industria musical internacional.[12] Sitúase na maioría das listas de Europa e debutando ao primeiro posto no Reino Unido, Alemaña ou Australia converténdose nun dos álbums máis vendidos de 2004 con 4 400 000 copias estimadas a nivel internacional, con vendas de dobre platino en Australia, Austria, Italia e España, cadro platinos no Reino Unido e Alemaña converténdose neste último no álbum máis vendido do ano, triplo platino en Suíza e Europa por 3 000 000 copias (IFPI).[13][14][15][16][9][17] O seu primeiro sinxelo «Left Outside Alone» convértese entre as 10 cancións máis vendidas de 2004 cunha estimación de 4 600 000 copias internacionais, con vendas de dobre platino en Australia converténdose na segunda canción máis vendida do ano no país, prata en Reino Unido, e ouro en Austria, Bélxica, Alemaña, Noruega e Suíza, e número uno en España, Australia, Austria, Italia e Suíza ademais do 5 Hot Dance Club Play e 30 Adult Top 40 de Estados Unidos.[18][19][2][4] «Sick and Tired» segundo sinxelo do álbum tamén se converte nunha das cancións máis vendidas do ano 2004 cunha estimación máis de 3 800 000 copias internacionalmente e con certificacións de ouro en Australia, Alemaña e Noruega.[18][19] Séguenlle «Welcome to My Truth» e «Heavy on My Heart». Entre o 2004 e 2005 realiza a súa primeira xira Live at Last Tour percorrendo as principais cidades de Europa e do cal se lanza un DVD en concerto Live at Last.[20][21]

Anastacia en concerto en 2008

A finais de 2005 publícase Pieces of a Dream recompilatorio de todos os seus singles do tres álbums anteriores, supuxo o fin coa súa casa de discos Epic Records tras 6 anos de contrato.[22] Sitúase nas principais listas de éxito de Europa con vendas de triplo platino en Italia, platino no Reino Unido, Suíza, Austria, Irlanda e Rusia e ouro en España, Portugal, Holanda, Australia, Bélxica, Finlandia e Dinamarca.[16][23][24] «Pieces of a Dream (canción)», «I Belong to You» coa colaboración de Eros Ramazzotti e con vendas de ouro en Alemaña, Suíza, Bélxica e Austria, e «Everything Burns» coa colaboración de Ben Moody e sendo banda sonora da película Os 4 Fantásticos.[25][26][27] Foron os sinxelos promocionais do recompilatorio. En 2007 participa no concerto homenaxe polo dez aniversario da morte de Diana de Gales no Estadio de Wembley de Londres co tema «Jesus Christ Superstar».[28] A finais de 2008 publica novo álbum de estudo Heavy Rotation desta vez baixo Mercury Records (subdivisión da Universal Music). O álbum non consegue destacar e só certifícaselle con vendas de ouro en Suíza, Suecia e Rusia.[9] Os seus singles «I Can Feel You», «Absolutely Positively» e «Defeated» tampouco destacaron, polo que a cantante puxo punto final á súa relación profesional coa súa casa de discos. En 2009 Anastacia colabora coas cantantes Lulu e Chaka Khan nunha serie de concertos polo Reino Unido chamado Here Come the Girls, semanas despois de terminar o Heavy Rotation Tour. Tamén colabora no mesmo ano co cantante Ben's Brother na canción Stalemate.

Década de 2010

Anastacia en 2014

Durante os anos 2010 e 2011 segue a colaborar con outros cantantes como Dima Bilan na canción «Safety», «Burning Star» con Natalia, «What Can We Do (A deeper Love)» con Dj Testo elixida para o anuncio de Skoda, e «If I Was Your Boyfriend» con Dj Tony Morán. A finais de 2012 Anastacia volve con novo álbum de estudo, esta vez de versións titulado It's A Man's World's baixo BMG Rights Management (subdivisión de Sony Music). Tras recuperarse por segunda vez dun cancro de mama, volve a principios de 2014 con Resurrection volvendo ao seu estilo denominado Sprock e do cal se sitúa entre as principais listas europeas. O seu sinxelo «Stupid Little Things» convértese nun éxito debutando en todas as listas de éxitos e con vendas de ouro en Italia, e «Staring At The Sun» e «Lifeline» sitúanse tamén altamente nas listas de éxitos.

O 6 de outubro de 2015 Anastacia publica na súa conta oficial de Youtube VEVO o single «Take This Chance» o cal pertence ao seu segundo álbum recompilatorio que leva por nome Ultimate Collection. Este single conta cun vídeo musical que o acompaña, o cal conta con imaxes da artista durante toda a súa carreira musical, e algunhas imaxes máis íntimas. Despois da publicación do vídeo musical «Take This Chance», Anastacia publica o 26 de outubro de 2015 na súa conta de Youtube un segundo single, o cal é un cover do tema «Army Of Me» da cantante Christina Aguilera.

A cantante tamén contribuíu en 2016 con gran éxito en España no single «Who's loving you» do álbum «Ghost Town» da boyband española Auryn.

Referencias artísticas

Simboloxía musical en referencia Anastacia

Voz e estilo: Raíña do Sprock

Anastacia posúe unha das voces máis características do panorama musical actual. A súa voz caracterízase por posuír un timbre de voz nasal, rasgado ou "crebado" con moita forza e un amplo rexistro vocal que lle permite cantar un ámbito bastante amplo. Ademais posúe un ton moi peculiar que só mostra nas cancións I Do, Seasons Change e o B-side Underdog, é un berro moi riscado típico das voces Heavy. A súa voz foi cambiando ao longo da súa carreira, dende unha voz moi riscada e profunda até unha voz moito máis limpa e fina mais cos mesmos matices. A súa voz comparouse con grandes artistas, sobre todo con Tina Turner, voces típicas de estilo soul moi achegado ao Gospel pola súa mestura co Funk, o Blues e o Rock. En xeral, voces "negras", polo que se coñece como "The Blonde Black" (A loura con voz de negra). Pola mestura de estilos que posúe a súa música ela mesma creou o seu propio estilo musical, púxolle nome á súa música en 2004, rexistrouno como Sprock unha mestura entre soul, rock e pop, moi parecido ao estilo Soul rock, polo que se coñece tamén como A Raíña do Sprock.[29]

Estilismo e aparencia

Anastacia é famosa por ter unha gran voz riscada, o seu gran corpo e a súa extravagancia á hora de vestir. Desde un principio non tivo ningún complexo en mostrar as súas características lentes para corrixir a súa miopía (-3 e -6 dioptrías) desde os sete anos que máis tarde se converteu nun gran símbolo da cantante, en 2004 comezou a usar lentes de contacto case sempre de cor, chegara a ter máis de 1200 lentes, até 2006, cando se operou da vista. Ademais posúe varias tatuaxes, un situado na parte inferior das costas, formado por unha cruz ansada ou cruz de Ankh no centro dun sol, que é o máis famoso e símbolo por excelencia da música de Anastacia que lle serviu como imaxe promocional ao principio da súa carreira, tamén posúe unhas ás na parte superior das costas, onde ten escrito: 'Forever', e outro no pescozo formado por unha 'A' e unha 'W' entrelazadas. As súas grandes plataformas e zapatos de até dez centímetros de altura para se alzar máis (Anastacia mide 1,57 centímetros), fixérona famosa co nome de "The little lady with the big voice (A pequena moza con gran voz"), o seu alcume máis famoso, algo co que Anastacia sempre chanceou. En 2008 decidiu cambiar totalmente de estilo, algo que non lle acabou gustando a si mesma, polo que decidiu volver ao seu anterior estilo.

Vida persoal

2003: Cancro de peito e Anastacia Found

En xaneiro de 2003 en plena promoción polos Estados Unidos do seu disco Freak of Nature e preparando unha xira mundial, tras someterse a unha revisión médica previa a unha redución de peito para aliviar as súas fortes dores de costas, a cantante confirmou a todo o mundo a través da súa páxina web que padecía cancro de mama. Con tan só 34 anos diagnosticáronlle Carcinoma ductal in situ, un tipo de cancro que se caracteriza pola formación de células canceríxenas nos condutos mamarios no canto de estaren agrupadas formando un tumor. Só un 2% deste tipo de cancro diagnostícase en persoas menores de 35 anos, xa que só é detectábel cunha mamografía.[30][31][32] O día anterior a que a operasen rodou o videoclip da canción 'Love Is A Crime' para a banda sonora da película Chicago. a operación durou oito horas xa que tiveron que eliminar gran parte do peito e volvelo a reconstruír. Tras a operación seguíronlle seis semanas dunha intensa radioterapia

Tras a operación, que resultou un éxito, na que tivo que serlle reconstruído parte do peito, Anastacia someteuse a varias sesións de radioterapia xa que a quimioterapia non foi necesaria, que a debilitou en gran medida.[33] De feito, a cantante asocia a etapa posterior á súa enfermidade a unha falta de concentración. Esta etapa da súa vida fará que cambie totalmente, cara ao estilo co que a maioría asocia: o Rock ou Soul rock, a tristeza e a dor desta etapa fixo que compuxese dúas cancións relacionadas coa súa doenza do seu terceiro disco Heavy On My Heart e Where Do I Belong. Ademais Anastacia creou xunto a The Breast Cancer Research Foundation un fondo: Anastacia Fund para axudar á detección do cancro de mama en mulleres novas como ela.

Matrimonio con Wayne Newton

Anastacia sempre foi moi discreta no que á súa vida persoal refírese, e nunca fixo declaracións sobre ela a medios do corazón. O 21 de abril de 2007, casou por sorpresa co seu gardacostas Wayne Newton nunha cerimonia íntima e privada nas praias de México. Anastacia, elixiu un traxe branco adornado con bordados e con cola e veo do mesmo ton. Mentres que Wayne combinou o seu traxe cor crema cunha camisa azul. A súa lúa de mel foi primeiro uns días en París, e despois viaxaron a Illa Mauricio. En maio de 2010 filtrouse en internet que a cantante e Wayne separáronse por "diferenzas irreconciliábeis", unha información que máis tarde Anastacia ratificou.

Reaparición do cancro de mama

Anastacia sempre foi unha persoa moi positiva. Pero aínda así, o seu cancro de mama reaparece en 2013, e a cantante decide someterse a un dobre mastectomia. Anastacia, nunca perdeu as súas ganas de vivir aínda que o cancro reaparecese. Despois de someterse á mastectomía dupla, Anastacia supera o cancro novamente, e nesta ocasión, para sempre.

Discografía

  • 2000: Not That Kind
  • 2001: Freak of Nature
  • 2004: Anastacia
  • 2005: Pieces of a Dream
  • 2008: Heavy Rotation
  • 2012: It's a Man's World
  • 2014: Resurrection
  • 2015: Ultimate Collection
  • 2016: A 4 App
  • 2017: Live at the 02 Apollo Manchester 2017
  • 2017: Live at the Eventim Apollo Hammersmith 2017
  • 2017: Evolution

Filmografía

  • 2011: All You Can Dream

Notas

  1. "Anastacia by Anastacia". Consultado o 29 de xuño de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "UK Charts > Anastacia". Officialcharts.com/. Official Charts Company. 
  3. "ARIA Charts > Accreditations > 2000 Albums". Australian Recording Industry Association. Consultado o 4 de setembro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Hitparade.ch: Anastacia". IFPI (Switzerland). Consultado o 21 de agosto de 2011. 
  5. "IFPI". www.ifpi.org. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  6. "Mediatraffic". www.Mediatraffic.de. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  7. "ARIA Charts > Accreditations > 2000 Singles". Australian Recording Industry Association. Consultado o 9 de abril de 2009. 
  8. "IFPI". www.ifpi.org. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Hitparade.ch: Anastacia". IFPI (Switzerland). Consultado o 21 de agosto de 2011. 
  10. 10,0 10,1 "Mediatraffic". www.mediatraffic.de. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  11. "ARIA Charts > Accreditations > 2002 Singles". Australian Recording Industry Association. Consultado o 9 de abril de 2009. 
  12. los40 (10 de marzo de 2004). "Anastacia muestra su lado más rockero en su tercer álbum" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  13. los40 (5 de abril de 2004). "Anastacia reina en las listas de Reino Unido" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  14. "Mediatraffic". www.mediatraffic.de. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  15. "ARIA Charts > Accreditations > 2004 Albums". Australian Recording Industry Association. Consultado o 4 de setembro de 2009. 
  16. 16,0 16,1 "UK Charts > Anastacia". Officialcharts.com/. Official Charts Company. 
  17. "IFPI". www.ifpi.org. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  18. 18,0 18,1 "Mediatraffic". www.mediatraffic.de. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  19. 19,0 19,1 "ARIA Charts > Accreditations > 2004 Singles". Australian Recording Industry Association. Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  20. los40 (27 de setembro de 2004). "13.000 personas vibraron en el primer concierto de la gira europea de Anastacia" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  21. los40 (3 de marzo de 2006). "Anastacia publica 'Live at last', su primer DVD en directo, el 28 de marzo" (en español). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2009. 
  22. los40 (3 de outubro de 2005). "El recopilatorio 'Pieces of a dream' de Anastacia se publicará en dos formatos diferentes" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  23. "Hitparade.ch: Anastacia". IFPI (Suíza). Consultado o 21 de agosto de 2011. 
  24. "ARIA Charts > Accreditations > 2005 Albums". Australian Recording Industry Association. Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  25. "Hitparade.ch: Anastacia". IFPI (Suíza). Consultado o 21 de agosto de 2011. 
  26. los40 (16 de novembro de 2005). "Eros Ramazzotti escoge su dúo con Anastacia como segundo sencillo de 'Calma aparente'" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  27. los40 (7 de xuño de 2005). "Anastacia, Joss Stone e Simple Plan participan na BSO d'Os 4 fantásticos'" (en español). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2009. 
  28. los40 (15 de xuño de 2006). "Anastacia tamén actuará no concerto en honra a Lady Di" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  29. los40 (6 de abril de 2004). "Anastacia rexistra o termo 'Sprock' para definir a súa música" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  30. los40 (21 de xaneiro de 2003). "Anastacia padece cancro de mama" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  31. los40 (22 de xaneiro de 2003). "La cantante 'pop' Anastacia recoñece que sofre un cancro de mama" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  32. los40 (24 de xaneiro de 2003). "Anastacia padece cancro de mama" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  33. los40 (4 de marzo de 2003). "Anastacia recupérase favorabelmente da operación de cancro de mama" (en español). Consultado o 14 de xuño de 2009. [Ligazón morta]