Ataúlfo II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
{{Outros homónimos|Ataúlfo}}
{{Outros homónimos|Ataúlfo}}
[[Ficheiro:Pamplona - Catedral, refectorio 16.JPG|miniatura|270px|Ataúlfo e o touro representados no refectorio da [[catedral de Pamplona]].]]

'''Ataúlfo II''', finado no ano [[876]], foi un relixioso católico [[Galicia|galego]] da [[Idade Media]]. Foi o [[bispo]] que conseguiu para [[Santiago de Compostela]] a condición de cidade episcopal, sendo ata entón [[Iria Flavia]] a sé do arcebispado e Compostela a residencia dos bispos. A partir dese momento unifícase a sé e a residencia, coa autorización do papa [[Nicolao I, papa|Nicolao I]], e a diocese pasa a denominarse arcebispado de Compostela-Iria, levando os dous nomes unidos pero coa precedencia do de Santiago.
'''Ataúlfo II''', finado no ano [[876]], foi un relixioso católico [[Galicia|galego]] da [[Idade Media]]. Foi o [[bispo]] que conseguiu para [[Santiago de Compostela]] a condición de cidade episcopal, sendo ata entón [[Iria Flavia]] a sé do arcebispado e Compostela a residencia dos bispos. A partir dese momento unifícase a sé e a residencia, coa autorización do papa [[Nicolao I, papa|Nicolao I]], e a diocese pasa a denominarse arcebispado de Compostela-Iria, levando os dous nomes unidos pero coa precedencia do de Santiago.



Revisión como estaba o 4 de novembro de 2018 ás 23:49

Ataúlfo II
Ataúlfo e o touro representados no refectorio da catedral de Pamplona.
Falecemento876
Lugar de falecementoGrau e Reino de Galicia
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Ataúlfo II, finado no ano 876, foi un relixioso católico galego da Idade Media. Foi o bispo que conseguiu para Santiago de Compostela a condición de cidade episcopal, sendo ata entón Iria Flavia a sé do arcebispado e Compostela a residencia dos bispos. A partir dese momento unifícase a sé e a residencia, coa autorización do papa Nicolao I, e a diocese pasa a denominarse arcebispado de Compostela-Iria, levando os dous nomes unidos pero coa precedencia do de Santiago.

O bispo Ataúlfo tivo un episcopado no que se produciron acontecementos convulsos. Na súa época os normandos aterrorizaron os habitantes do bispado coa destrución e o saqueo das Terras de Iria. Sufriu amais algunha conspiración na súa contra: acusárono de sodomía e para aplacar os seus detractores saíu á praza pública ataviado coa indumentaria episcopal, enfrontouse a un touro bravo e conseguiu domear o animal[1].

Historia

Igrexa de Santa María de Iria Flavia.

No Chronicon Iriense, que recolle os nomes dos bispos de Iria e algúns acontecementos importantes desa época, amais na Historia Compostelá descríbese o bispado de Ataúlfo II. Está considerado como iniciador do arcebispado de Compostela-Iria; os bispos Teodomiro e Ataúlfo I, que lle precederon, foron bispos do arcebispado de Iria Flavia, trasladándose a sé en tempos de Ataúlfo II a Santiago de Compostela, onde se situaba o santuario do Apóstolo Santiago, polo temor ás incursións viquingas que chegaban a Iria polo río Ulla a través da ría de Arousa.

Din as citadas crónicas que algúns servidores da Igrexa Compostelá acusárono ante o rei de sodomía, coa axuda dos inimigos do bispo e algúns criados que o traizoaron: Nadón, Cadón e Ensión. Ataúlfo foi conducido a Oviedo perante o rei, que sería Alfonso III o Magno ou Ordoño I[2], quen dispuxo que Ataúlfo fose sometido ó xuízo divino.

Alfonso III o Magno e a raíña Ximena.

Conta a tradición que o bispo dixo misa e, unha vez rematada a cerimonia, saíu á praza onde, ataviado coas pezas pontificais, se enfrontou á furia do touro, diante do pobo alí congregado. Ataúlfo , seguro da súa inocencia, agardou polo animal que se virou manso de súpeto, e puido entón agarralo polos cornos. Quedaron deste xeito demostrada a súa inocencia e os seus detractores en evidencia.

Porén a Historia Compostelá, escrita na primeira metade do século XII, sitúa este prodixio na segunda metade do século X, na cidade episcopal de Santiago de Compostela no canto de Oviedo[3]. Antonio López Ferreiro concédelle certa base ó lendario relato, considerando que describe un conflito con preitos que o bispo Ataúlfo soubo resolver ó seu favor.

Maqueta da catedral de Santiago, tal como sería no ano 899.

Unha vez probada a súa inocencia, renunciou á sé de Compostela e retirouse a Grau, en Asturias, para facer vida eremítica, segundo se relata nos textos do Chronicon Iriense e da Historia Compostelá. Morreu no 876 en Grau e actualmente consérvase o sarcófago na igrexa de La Mata desta localidade. Ataúlfo tiña a consideración de santo e a cornamenta do touro permaneceu exposta por moitos anos na catedral de Oviedo; no século XIX o bispo Pisador de Oviedo prohibiu a devoción ó santo Ataúlfo.

Sisnando I, sobriño de Ataúlfo e o seu sucesor coma bispo, foi quen resolveu traer os restos do seu predecesor a Santiago de Compostela[4].

A lenda de santo Ataúlfo

Durante o século IX o bispo de Compostela Ataúlfo II quixo terminar con certos abusos restablecendo a disciplina eclesiástica, decisión que no contentou a moitos que gozaban de privilexios.

Cadón e Acipilón recibiron a varios clérigos descontentos pola intromisión do bispo compostelán nos seus asuntos, solicitando a comparecencia perante o rei de Asturias Alfonso III o Magno. Acusaron a Ataúlfo de conspirar contra o rei e de andar en acordos cos musulmáns para entregarlles as terras galegas.

Compareceu o bispo perante Alfonso III, quen o mandou levar preso coma traidor. O seu castigo sería abandonalo diante dun touro bravo. O animal arremeteu contra Ataúlfo ó saír a praza, pero cando o touro chegou xunto ó bispo baixou a cabeza de forma submisa e permitiu que Ataulfo sostivera a súa cornamenta mansamente, quedando deste xeito probada a súa inocencia. Estes feitos están plasmados nun capitel do refectorio da catedral de Pamplona[5].


Predecesor:
Ataúlfo I
 Arcebispo de Compostela - Iria 
855 - 877
Sucesor:
Sisnando I

Notas

  1. O bispo Ataúlfo II, no blog Enxebre Orde da vieira, en castelán.
  2. Amancio Isla Frez: Ensaio de historiografía medieval. O Cronicón Iriense, en pdf. Universidad Complutense de Madrid, en castelán.
  3. A lenda do bispo Ataulfo, no blog de María Celia Forneas Forneas & Forneas, en castelán.
  4. O bispo Adaulfo II e o xuízo de Deus, no blog Tradición Jacobea, en castelán.
  5. Lenda de San Ataulfo, no portal turístico Reyno de Navarra, en castelán.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía