Manuel Álvarez Fuentes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
{{Sen referencias|data=febreiro de 2014}}
{{Sen referencias|data=febreiro de 2014}}
[[Ficheiro:Manuel Álvarez. Poeta MGB.jpg|miniatura|Manuel Álvarez Fuentes.]]
'''Manuel Álvarez Fuentes''', nado na [[A Habana|Habana]] o [[20 de novembro]] de [[1939]], é un poeta cubano-galego, escribe poemas en castelán e nos últimos anos en lingua galega polo que se lle denominou “O bardo da Colectividade Galega” da Habana e “O galego do gran lagarto verde”.
'''Manuel Álvarez Fuentes''', nado na [[A Habana|Habana]] o [[20 de novembro]] de [[1939]], é un poeta cubano-galego, escribe poemas en castelán e nos últimos anos en lingua galega polo que se lle denominou “O bardo da Colectividade Galega” da Habana e “O galego do gran lagarto verde”.



Revisión como estaba o 4 de novembro de 2018 ás 23:41

Manuel Álvarez Fuentes
Nacemento20 de novembro de 1939
Lugar de nacementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Manuel Álvarez Fuentes, nado na Habana o 20 de novembro de 1939, é un poeta cubano-galego, escribe poemas en castelán e nos últimos anos en lingua galega polo que se lle denominou “O bardo da Colectividade Galega” da Habana e “O galego do gran lagarto verde”.

Biografía

O poeta Manuel Álvarez Fuentes.

Nado no Hospital Hijas de Galicia da barriada de Luyanó, fillo de Manuel Álvarez Iglesias, natural de Fortesende (Arteixo) e Petrona Florinda Fuentes Vázquez, natural de Cienfuegos, Cuba, filla doutro emigrante galego, Manuel Fuentes San Martín, tamén da Coruña. O ensino primario realizouno en escolas católicas nos seus graos inferiores e posteriormente no Colexio “La Empresa” de arraigada tradición mambisa. O ensino secundario en escolas públicas, Escola Primaria Superior Nº 2 da Víbora. En 1955 ingresa na Escola Profesional de Comercio da Habana onde realiza estudos de contabilidade. Estudou a lingua checa na Escola de Idiomas “John Reed” e o inglés na Escola de Comercio Exterior da Habana, onde tamén estudou Investigacións de Mercado e Comercio Exterior con diploma acreditado perante profesores da Universidade Carlos Marx de Budapest. En 1978 licénciase en Economía na Universidade da Habana.

Actividades revolucionarias

Desde o seu ingreso na Escola Profesional de Comercio da Habana incorpórase ás loitas estudantís primeiro e ás revolucionarias posteriormente, participando en manifestacións na rúa, accións de sabotaxe etc. O 24 de xullo de 1957 declárase en Folga de Fame xunto a outros tres dirixentes estudantís do Movemento “26 de Julio”  da propia escola (Pedro Ortíz Anaya, Guillermo Merino e Roberto Alonso Méndez), en solidariedade cos presos políticos do Castillo del Príncipe e pedindo a destitución do Supervisor Militar do Presidio de Isla de Pinos, Coronel Manuel Ugalde Carrillo, sendo detido, suceso recolleito pola prensa, a radio e a televisión da época. O seu primeiro poema escríbeo en 1955 titulado “¿Mi amor?” (aparece no libro Eu teño dúas Patrias). Escribía os seus poemas para revistas estudantís como “ESPROCO” da Asociación de Alumnos da Escuela Profesional de Comercio da Habana e para “La Rosa Blanca” que publicaba xunto con Pedro Ortiz Anaya ademais de “La Erupción Volcánica”, revista satírica que el dirixía e na que atacaba á Tiranía de Fulgencio Batista. Nas actividades estudantís recitaba os seus poemas de contido patriótico e revolucionario. A finais de 1957 fundou con outros dous compañeiros a “Juventud Socialista” na Escuela de Comercio, formando parte do Buró estudantil de devandita organización xunto a Fulgencio Oroz (mártir asasinado pola tiranía) e participando no Frente Estudiantil Nacional; a maioría dos poemas destes anos de loita (1955 a 1958) aparecen no seu libro Eu teño dúas Patrias. Tras a detención, asasinato e desaparición de Fulgencio Oroz incorpórase ao “Ejército Rebelde".

Actividade laboral

Estivo asignado á Embaixada de Cuba en Checoslovaquia ocupando o cargo de Agregado Comercial e participou nas negociacións comerciais co devandito país como Secretario da Delegación Gobernamental Cubana. En 1972 realizou unha investigación de mercado sobre as posibilidades do ron cubano en auspiciado polo Centro de Comercio Internacional. Traballando como Xefe do Departamento de Información da Dirección de estatísticas da Xunta Central de Planificación colaborou co Atlas de Cuba de 1978 sendo autor do “Mapa Económico General” xunto con Alfredo Yi Cernuda (páxinas 50-51) e de tres mapas demográficos xunto a Gabriel Ramírez Núñez e Raul Carrillo Hidalgo (Páxinas 84-85-86-87). Participou na Primeira Conferencia Científico Técnica de Numismática no Palacio de Convenciones de La Habana onde presentou un relatorio. Logo de xubilado foi Xefe de Sistemas Contables da Consultoría da Asociación Nacional de Economistas de Cuba na Habana. Actualmente ten responsabilidades económicas na Diócesis Nacional da Igrexa episcopal de Cuba. Foi profesor de institutos de economía por anos. Tamén está impartiendo cursos de lingua galega a asociados del Centro Galego da Habana.

Publicación de poemas despois de 1959

Tras o triunfo da Revolución cubana (1959) publica varios poemas na Revista “Verde Olivo” das Forzas Armadas Revolucionarias (Tabloide Ano II Nº. 23, 4 Xaneiro 1960, páxina 11, Poema ¡Qué vengan!, Revistas: Ano IV Nº. 8, 24 de Febreiro de 1963. “Febrero amaneció en Enero”, Ano IV Nº. 19, 12 de Maio de 1963. Poema: ¡La paloma voló!, Ano IV, Nº. 5,3 de febreiro de 1963. Poema : ¡De pié! , Ano VI, Nº. 3, 24 de Xaneiro de 1965. Poema : ¡Jesús!, Ano VI, Nº. 16, 25 de Abril de 1965. Poema: ¡El grito de la patria o muerte!) e en revistas xuvenís do Ministerio de Comercio Exterior de Cuba. Publicou poemas no “Heraldo Episcopal” da Igrexa Episcopal de Cuba.Ostenta o Certificado do Fundador do PCC (Libro: Partido Comunista de Cuba-Fundadores -Ciudad de La Habana) e ten entre outras a Medalla de “Combatiente de la Lucha Clandestina” durante a Guerra de Liberación Nacional. No 2009 escribiu o seu primeiro poema en lingua galega “Eu teño dúas Patrias” polo que recibiu o Premio do Concurso “Madre España, Madre Galicia” da “Sociedade Monterroso e Antas de Ulla”. No ano 2010 recibe o Premio de Poesía do Obradoiro de Cultura Galega “Xosé Fontenla Leal” “Concurso As miñas raíces galegas” da Federación de Sociedades Galegas de Cuba co poema “La simiente de Galicia”.

Recibiu distintos recoñecementos polo seu aporte á Cultura Galega en Cuba outorgados pola “Federación de Sociedades Gallegas de Cuba”, o “Centro Unión Ourensá da Habana”, o “Obradoiro de Cultura Galega”, a “Sociedad El valle de Lemos” entre outras.Varias personalidades galegas falaron da súa obra entre eles o Alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, e os estradenses David Otero (Poeta) e Manuel de Castro García (xornalista). O escritor cruceño pontevedrés Xosé Neira Vilas en “El Correo Gallego” no seu artigo “Poeta e Loitador”, sinala:

…”En Cuba sempre camiñan xuntos poesía e combate. Poetas eran Carlos Manuel de Céspedes e José Martí… Rubén Martínez Villena, e no noso tempo, Ernesto Che Guevara. Hoxe quero referirme a un poeta habaneiro de arestora: Manuel Álvarez Fuentes, fillo de galego e cubana; ama fondamente ao seu país e ao mesmo tempo séntese galego de segunda xeración…”