Kathryn Prescott: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
{{Sen referencias|data=abril de 2013}}
{{Sen referencias|data=abril de 2013}}
[[Ficheiro:Kathryn Prescott.jpg|miniatura|Kathryn Prescott na Semana da Moda de Londres de 2010.]]
'''Kathryn Prescott''', nada o 4 de xuño de 1991, é unha actriz británica, coñecida por interpretar a Emily Fitch na serie de televisión británica, [[Skins]] e a Carter Stevens en [[Finding Carter]] da [[MTV]]
'''Kathryn Prescott''', nada o 4 de xuño de 1991, é unha actriz británica, coñecida por interpretar a Emily Fitch na serie de televisión británica, [[Skins]] e a Carter Stevens en [[Finding Carter]] da [[MTV]]



Revisión como estaba o 4 de novembro de 2018 ás 23:39

Infotaula de personaKathryn Prescott

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Southgate, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónMountview Academy of Theatre Arts (en) Traducir
Palmers Green High School (en) Traducir
City and Islington College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webkatprescottphotography.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3077071 Allocine: 247281 Rottentomatoes: celebrity/kathryn_prescott Allmovie: p812836
Facebook: Kathrynprescottfanpage Twitter: katprescott77 Instagram: k.prescott77 Editar o valor em Wikidata

Kathryn Prescott, nada o 4 de xuño de 1991, é unha actriz británica, coñecida por interpretar a Emily Fitch na serie de televisión británica, Skins e a Carter Stevens en Finding Carter da MTV

Carreira

A primeira participación en televisión de Kathryn, foi nun capítulo da serie dramática "Doctors" da cadea BBC, como Amy Wilcox, pero seu verdadeiro recoñecemento chegou a finais do mes de xaneiro de 2009 co rol de Emily Fitch, na serie revelación do canal E4 "Skins" durante a súa terceira temporada. Neste papel, Kathryn caracteriza a unha adolescente que está descubrindo a súa sexualidade, recoñecéndose finalmente lesbiana. Ten unha xemelga, Megan Prescott, quen tamén traballou nesa serie caracterizando á xemelga idéntica de Emily chamada Katie. Apareceu tamén na cuarta temporada que tivo o mesmo elenco da anterior temporada, incluíndo a Kathryn e súa irmá, pero non continuaron por ser política dos produtores da serie, renovar os actores cada dous anos. Volveu aparecer na sétima temporada.

Vida persoal

Kathryn estudou no Colexio de Palmers Green, St. John’s Senior School e City & Islington, con boas cualificacións e facendo o posíbel por lograr estudar Psicoloxía na Universidade. Veciña de Southgate, no límite oriental da cidade de Londres de Barnet. Nunha entrevista con NME, mencionou que a súa música favorita é o metal nos seus inicios e a electrónica, e que é unha gran fanática de The Prodigy, The Beatles e as carreiras en solitario de John Lennon e Paul McCartney. Pero tamén afirmou, que lle gustan moitos estilos musicais, así e todo admitiu, que carece do talento para tocar un instrumento, que si ten a súa xemelga Megan, quen toca a batería. Revelou que ten 14 perforacións no seu corpo, a gran maioría nas súas orellas, boca, lingua e embigo. É maior que súa xemelga por 6 segundos, asistiu á Academia de Artes e Teatro Mountview en Wood Green e no 2009, votárona como unha das mulleres máis sensuais do mundo no portal web de Afterellen.com, conseguindo o posto 26 entre o top 100. En recentes entrevistas mencionou que o seu programa favorito é American Dad, que ten un furón como mascota, que admira a Tom Hanks e Sally Fields.