Dama do Lago: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m ct, cc
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Correccións automáticas
Liña 4: Liña 4:
A personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o [[rei Artur]]. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do [[século XII]] en ''Lancelot, o Cabaleiro da Carreta'', de [[Chrétien de Troyes]], aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou mai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir [[Lanzarote do Lago]]. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico da personaxe toma forma cando no ciclo ''[[Lanzarote-Grial]]'' se menciona a ela expresamente como [[fada]]. N´''[[A morte de Artur]]'', de Sir [[Thomas Malory]], a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada [[Excalibur]].

Nalgunhas versións da historia artúrica, a Dama deu a Arturo a elexir entre unha copa, unha lanza, un prato e unha espada, como símbolo da unión de [[Camelot]] con Ávalon. Tras elixir Artur a [[Excalibur]], foi creada unha funda onde se gardaba a espada que tiña o poder de non deixar derramar nin unha soa gota de sangue ao portador da espada.
Nalgunhas versións da historia artúrica, a Dama deu a Arturo a elixir entre unha copa, unha lanza, un prato e unha espada, como símbolo da unión de [[Camelot]] con Ávalon. Tras elixir Artur a [[Excalibur]], foi creada unha funda onde se gardaba a espada que tiña o poder de non deixar derramar nin unha soa gota de sangue ao portador da espada.

Cando Artur morreu, a espada foi devolta a Ávalon, de onde nunca máis volveu a saír. A dama do Lago educou a [[Morgana]] (xa que ao principio Morgana ía ser entregada a un convento, mais Viviana negouse) na antiga relixión, e elixiuna como sucesora cando ela morrese. Entregoulla a Artur nun ritual (os lumes de Beltane) onde ningún dos dous se coñecían, e concebiron un fillo chamado [[Mordred]].

Revisión como estaba o 6 de outubro de 2007 ás 20:02

A Dama do Lago rapta a Lanzarote. Gravado d´Os idilios do rei, de Lord Tennyson, 1898.

Na mitoloxía celta, A Dona do lago ou Dama do lago era a señora que rexía Ávalon, a illa da antiga sabedoría. Era neta de Diana a cazadora, filla do rei de Northumberland ou de Dionás. Segundo as diferentes versións das historias ao seu ao redor, a Dona do Lago chamábase Niniana, Viviana, Nimue, Ninie ou Viviane.

A personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o rei Artur. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do século XII en Lancelot, o Cabaleiro da Carreta, de Chrétien de Troyes, aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou mai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir Lanzarote do Lago. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico da personaxe toma forma cando no ciclo Lanzarote-Grial se menciona a ela expresamente como fada. N´A morte de Artur, de Sir Thomas Malory, a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada Excalibur.

Nalgunhas versións da historia artúrica, a Dama deu a Arturo a elixir entre unha copa, unha lanza, un prato e unha espada, como símbolo da unión de Camelot con Ávalon. Tras elixir Artur a Excalibur, foi creada unha funda onde se gardaba a espada que tiña o poder de non deixar derramar nin unha soa gota de sangue ao portador da espada.

Cando Artur morreu, a espada foi devolta a Ávalon, de onde nunca máis volveu a saír. A dama do Lago educou a Morgana (xa que ao principio Morgana ía ser entregada a un convento, mais Viviana negouse) na antiga relixión, e elixiuna como sucesora cando ela morrese. Entregoulla a Artur nun ritual (os lumes de Beltane) onde ningún dos dous se coñecían, e concebiron un fillo chamado Mordred.

Outras historias contan que a Dama do Lago era a máxima sacerdotisa de Ávalon, chamada tamén Viviane, irmá de Igrainne (mai de Arturo e Morgana), irmá de Morgause (tía de Arturo e Morgana, e mai adoptiva de Mordred), irmá de Ninie (amante de Merlín, e filla de Merlín de Bretaña). A Dama do lago quería que a nova relixión (o cristianismo) e a vella relixión (a da deusa e o astado) convivisen xuntas, cousa que os sacerdotes cristiáns non querían, así que Ávalon, os ritos de Beltane, a deusa e o caldeiro, o astado e a vella relixión desapareceron nas néboas, deixando só o recordo.

Para máis información

  • Alvar, Carlos. Breve dicionario artúrico. Alianza Editorial, Madrid, 1997. ISBN 84-206-3636-3.
  • Malory, Sir Thomas. A morte de Artur. Baseada no texto de William Caxton. Tradución de F. Torres Oliver, prólogo de C. García Gual; traducido ao español partir da edición inglesa preparada por Janet Cowen. Ediciones Siruela. Biblioteca medieval, 2 vol., Madrid, 1999. ISBN 84-7844-485-8.