Acción Republicana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=novembro de 2018}}
'''Acción Republicana''' foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por [[Manuel Azaña]] en [[1925]] que se constituíu en partido político en 1930. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.
'''Acción Republicana''' foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por [[Manuel Azaña]] en [[1925]] que se constituíu en partido político en 1930. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.



Revisión como estaba o 3 de novembro de 2018 ás 21:24

Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925 que se constituíu en partido político en 1930. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.

Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.

Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.

Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical Socialista en 1934) para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña.