Manuel Domínguez Benavides: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Introduciendo ficha y quitando fotografía repetida
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Manuel Domínguez Benavides por Tomé 1928.jpg|miniatura|175px|M. D. Benavides por Tomé, ''[[Vida Gallega]]'', 1928.]]
'''Manuel Domínguez Benavides''', nado en [[Ponteareas]] o [[19 de abril]] de [[1895]] e finado en [[México]] o [[19 de outubro]] de [[1947]], foi un escritor e político galego.
'''Manuel Domínguez Benavides''', nado en [[Ponteareas]] o [[19 de abril]] de [[1895]] e finado en [[México]] o [[19 de outubro]] de [[1947]], foi un escritor e político galego.



Revisión como estaba o 2 de novembro de 2018 ás 22:40

Infotaula de personaManuel Domínguez Benavides

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1895 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Domínguez Sánchez Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Domínguez Benavides e Álvaro Domínguez Benavides Editar o valor em Wikidata

Manuel Domínguez Benavides, nado en Ponteareas o 19 de abril de 1895 e finado en México o 19 de outubro de 1947, foi un escritor e político galego.

Traxectoria

Fillo do médico de Ponteareas Manuel Domínguez Sánchez. Autodidacta, formado nas Casas del Pueblo e Ateneos Populares, a carencia de estudos non foi impedimento para exercer como xornalista. Licenciado en dereito en 1916 e mestre superior en 1917. Con 26 anos gañou o premio Gregorio Pueyo, que editou, en 1922. Tamén escribiu a comedia El protagonista de la virtud coa que obtivo en 1928 o segundo premio nun concurso do ABC. Foi correspondente de Ahora, La Estampa e Treball en París. En 1927 era redactor de El Liberal e dende marzo de 1928 ata 1937 foi redactor do popular semanario La Estampa.

Residiu alternativamente en Madrid e Barcelona, militando no PSOE. En 1933, publicou a súa primeira novela social Un hombre de treinta años, de corte autobiográfico, á que se sumou ao ano seguinte El último pirata del mediterráneo, un dos grandes éxitos populares da época. Foi detido durante folga xeral revolucionaria de 1934, pasando dous meses en prisión e exiliándose despois en París, onde residía cando estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Na guerra civil foi comisario da frota republicana. En 1938 asistiu xunto a José Bergamín e José María Quiroga Pla, á conferencia extraordinaria da Asociación Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura.

Cando rematou a guerra, exiliouse en México, onde chegou no Ipanema en xullo de 1939. Alí foi profesor do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón e militou no Grupo Jaime Vera do PSOE. Pouco antes do seu falecemento, pasouse ao PCE. Foi secretario de redacción da revista Reconquista de España, desenvolvendo ademais unha incansábel labor como escritor, publicando varias novelas sobre episodios da guerra civil, entre elas, a máis coñecida, La Escuadra la mandan los cabos, aparecida en 1944.

Obras

Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.

Narrativa

  • Lamentación, 1922.
  • En lo más hondo, 1923.
  • Cándido, hijo de Cándido, 1924.
  • Un hombre de treinta años, 1933.
  • El último pirata del Mediterráneo, 1934.
  • La revolución fue así (Octubre rojo y negro), 1935.
  • Curas y mendigos, 1936.
  • El crimen de Europa (Nuestra guerra), 1937.
  • Galicia Mártir. Episodios del terror blanco en las provincias gallegas, 1938 (co pseudónimo Hernán Quijano)
  • Los nuevos profetas, 1942.
  • La escuadra la mandan los cabos, 1944.
  • Guerra y revolución en Cataluña, 1946.
  • Soy del quinto regimiento (póstumo).
  • La historia se hace en Madrid (póstumo).

Teatro

  • El protagonista de la virtud, 1928.
  • El hombre, la mujer y el diablo.

Véxase tamén

Ligazóns externas