Assurbanipal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Introduciendo ficha
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Assurbanipal_op_jacht.jpg|miniatura|dereita]]
[[Ficheiro:Assurbanipal_op_jacht.jpg|miniatura|dereita]]
'''Assurbanipal''' ([[-685]] — [[-627]]) foi rei de [[Asiria]] dende o ano [[-669]]. Foi o máis ilustrado dos monarcas [[Asiria|asirios]]. Os [[Grecia|gregos]] coñecérono como '''Sardanápolo''' e na [[Biblia]] é coñecido como Osnapper.
'''Assurbanipal''' ([[-685]] — [[-627]]) foi rei de [[Asiria]] dende o ano [[-669]]. Foi o máis ilustrado dos monarcas [[Asiria|asirios]]. Os [[Grecia|gregos]] coñecérono como '''Sardanápolo''' e na [[Biblia]] é coñecido como Osnapper.

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2018 ás 22:02

Infotaula de personaAssurbanipal

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(und) Aššur-bāni-apli Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento685 a. C. Editar o valor em Wikidata
Nínive Editar o valor em Wikidata
Morte631 a. C. Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Nínive Editar o valor em Wikidata
Q68328971 Traducir
668 a. C. – 626 a. C.
← Assaradão (pt) TraducirAssuretililani (pt) Traducir →
King of Assyria (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAsiria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , coleccionador de livros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia sargônida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLibali-Sarrate
FillosAssuretililani (pt) Traducir, Sinsariscum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAssaradão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Esar-Hamate (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSamas-suma-uquin (pt) Traducir e Serua-eterat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Assurbanipal (-685-627) foi rei de Asiria dende o ano -669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como Sardanápolo e na Biblia é coñecido como Osnapper.

Fillo de Asarhaddon, sucedeuno no trono. O seu irmán Shamash-shum-ukin foi rei subordinado en Babilonia.

Victorias militares

Assurbanipal derrotou ao imperio de Elam, destruiu Susa (-639) e volveu coa cabeza do seu rei Teumman que, ao parecer, se suicidara na batalla do río Ulaia. Isto provocou a desesperación dos embaixadores deste (un arrincouse a barba e outro suicidouse). A cabeza de Teumman luciu tétrica nas portas de Nínive.

Puxo reis monicreques en Madaktu e Hidalu.Realizou existosas campañas militares sobre Exipto, derrotou ao faraón Taharqa en Menfis e combateu ata a completa dominación do país.

O seu irmán rebelouse coa axuda de caldeos, amorreos e gutis. Assurbanipal derrotounos e someteu a Babilonia a unha dura represión, masacre incluída, pero sen destruír a cidade.

Legado cultural

Assurbanipal gabábase de saber ler e escribir, e parece ser que dominou varios idiomas (sumerio e acadio)

Durante o seu reinado floreceu a arte asiria, en particular a escultura monumental, unha das fontes históricas notables para coñecer o período. Mais onde deixou unha pegada imborrable para a posteridade foi na biblioteca de Nínive con máis de 22.000 taboíñas de arxila en escritura cuneiforme con obras literarias, textos filosóficos, relixiosos, tratados médicos, astronómicos, comerciais, dicionarios de acadio, sumerio etc. sistematicamente ordenadas. Salienta o relato de Gilgamesh

O seu reinado marca o punto culminante de Asiria, pero tamén o punto de inflexión cara a súa decadencia. Os seus fillos Assuretilini e Sinshariskun, presas da mutua rivalidade, conduciron ao imperio a un rápido proceso de extinción.