Lingua algonquina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
| estados = [[Canadá]]
| estados = [[Canadá]]
| rexión = [[Quebec]] e partes de [[Ontario]]
| rexión = [[Quebec]] e partes de [[Ontario]]
| falantes = 3.330 (censo de 2016)<ref>{{Cita web|url=http://www12.statcan.gc.ca/census-recensement/2016/dp-pd/hlt-fst/lang/Table.cfm?Lang=E&T=41&Geo=01|título=Language Highlight Tables, 2016 Census - Aboriginal mother tongue, Aboriginal language spoken most often at home and Other Aboriginal language(s) spoken regularly at home for the population excluding institutional residents of Canada, provinces and territories, 2016 Census – 100% Data|apelido=Canada|nome=Government of Canada, Statistics|páxina-web=www12.statcan.gc.ca|lingua=en|dataacceso=17 de novembro de 2017}}</ref>
| falantes = 3.330 (censo de 2016)<ref>{{Cita web|url=http://www12.statcan.gc.ca/census-recensement/2016/dp-pd/hlt-fst/lang/Table.cfm?Lang=E&T=41&Geo=01|título=Language Highlight Tables, 2016 Census - Aboriginal mother tongue, Aboriginal language spoken most often at home and Other Aboriginal language(s) spoken regularly at home for the population excluding institutional residents of Canada, provinces and territories, 2016 Census – 100% Data|apelido=Canadá|nome=Goberno do Canadá, Estatísticas|páxina-web=www12.statcan.gc.ca|lingua=en|dataacceso=17 de novembro de 2017}}</ref>
| extinción =
| extinción =
| fam1 = [[Linguas álxicas]]
| fam1 = [[Linguas álxicas]]

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2018 ás 10:34

Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa Linguas algonquinas.
Algonquino
Anicinâbemowin
Falado en: Canadá
Rexións: Quebec e partes de Ontario
Total de falantes: 3.330 (censo de 2016)[1]
Familia: Linguas álxicas
 Linguas algonquinas
  Linguas algonquinas centrais
   Lingua anishinaabe
    Algonquino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún lado
Regulado por: Non está regulada
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: alg
ISO 639-3: alq
Mapa
Status

O algonquino é unha lingua do grupo algonquino que se fala en Canadá próxima ao Ojibwe, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua[2]. O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade « animada / inanimada ». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador « directo-inverso » que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.

Distribución xeográfica

En verde territorio histórico de lingua algonquina

Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.

Territorio actual onde se fala algonquino

Falantes

Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación[3]. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):

  • Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras
  • Reserva de Pikogan: 290 algonquino, 65 francés e 65 francés-inglés
  • Reserva de Kitigan: 370 algonquino, 375 inglés, 280 inglés-francés e 15 francés
  • Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 34 francés
  • Reserva de Winneway: 35 algonquino, 110 inglés e 9 inglés-francés
  • Reserva de Timiskaming: 30 algonquino, 245 inglés e 215 inglés- francés
  • Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 207 inglés e 15 francés
  • Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
  • Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes

En Ontario hai 65 falantes:

  • Reserva de Pikwakanagan: 45 algonquino, 340 inglés e 20 inglés-francés

Ensino

O algonquino estúdase como materia en prescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.

Fonoloxía

Consoantes

  Bilabial Alveolar Postalveolar Velar Glotal
Oclusiva sonora   b  [b]   d  [d]     g  [g]  
xorda   p  [p]   t  [t]     k  [k]  
aspirada   p  [pʰ]   t  [tʰ]     k  [kʰ]  
Africada sonora       dj  [ʤ]    
xorda       tc  [ʧ]    
Fricativa sonora     z  [z]   j  [ʒ]    
xorda     s  [s]   c  [ʃ]     h  [h]
Nasal     m  [m]   n  [n]      
Aproximante     w  [w]   y  [j]      

Vogais

: curtas
  • a [ʌ]
  • e [e] ou [ɛ]
  • i [ɪ]
  • o ou u [ʊ]
: longas
  • à (tamén á ou aa) [aː]
  • è (tamén é ou ee) [eː]
  • ì (tamén í ou ii) [iː]
  • ò (tamén ó ou oo) [oː]

Ditongos

  • aw [aw]
  • ay [aj]
  • ew [ew]
  • ey [ej]
  • iw [iw]
  • ow [ow]

Notas

  1. Canadá, Goberno do Canadá, Estatísticas. "Language Highlight Tables, 2016 Census - Aboriginal mother tongue, Aboriginal language spoken most often at home and Other Aboriginal language(s) spoken regularly at home for the population excluding institutional residents of Canada, provinces and territories, 2016 Census – 100% Data". www12.statcan.gc.ca (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  2. Por exemplo Marianne Mithun en The languages of native North America Cambridge University Press, 2001
  3. http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top Estatísticas do Canadá

Véxase tamén

Ligazóns externas