Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
poñendo primeiro a obra e despois os recoñecementos
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Manuel Castelao e Rei Ballesteros.jpg|miniatura|Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. [[A Pobra do Caramiñal]]. [[Manuel Castelao]] e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)]]
Licenciado en [[Dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera ''Bonaval''. A súa primeira novela ''Dos anxos e dos mortos'' foi publicada por [[Edicións Castrelos]] en [[1977]], e nese mesmo ano recibiu o [[Premio Modesto R. Figueiredo|Pedrón de Ouro]] polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela ''Loaira'' acadou o [[Premio Antón Losada Diéguez]] en [[1993]].
Licenciado en [[Dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera ''Bonaval''. A súa primeira novela ''Dos anxos e dos mortos'' foi publicada por [[Edicións Castrelos]] en [[1977]], e nese mesmo ano recibiu o [[Premio Modesto R. Figueiredo|Pedrón de Ouro]] polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela ''Loaira'' acadou o [[Premio Antón Losada Diéguez]] en [[1993]].



Revisión como estaba o 24 de outubro de 2018 ás 21:45

Anxo Rei Ballesteros
Nacemento24 de xaneiro de 1952
Lugar de nacementoArdesende
Falecemento29 de outubro de 2008
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
IrmánsPaulo Rei Ballesteros
PremiosPremio Ramón Piñeiro de Ensaio e Premio Literario Ánxel Fole
Na rede
Dialnet: 541520
editar datos en Wikidata ]

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.

Traxectoria

Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[2] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[3] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[4].

Obras

Narrativa

Teatro

Ensaio

Traducións

Obras colectivas

Recoñecemento

En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[8] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.[8]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas