Xoana Seymour: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
{{sen referencias|data=outubro de 2014}}
{{sen referencias|data=outubro de 2014}}
{| align=right
|
{| class="infobox" style="font-size:90%;" width="270"
|+ style="text-align:center; font-size:larger;" | '''Xoana Seymour'''
|-
| colspan="2" style="padding-bottom:1em;text-align:center;" | [[Ficheiro:Hans_Holbein_d._J._032b.jpg|200px]]
|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''Reinado'''
| style="vertical-align: top; font-size:-1; text-align: left;" | <small>30 de maio de 1536 - 24 de outubro de 1537 </small>
|-
|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''Sucesora consorte'''
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | [[Ana de Cleves]]
|-

|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''descendentes'''
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | [[Eduardo VI de Inglaterra]]<br />
|-

|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''Pai'''
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | Xoán ''John'' Seymour
|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''Nai'''
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | Margarida ''Margaret'' Wentworth
|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''Nada'''
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | 1509
|-
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''Morte'''
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | 24 de outubro de 1537
|}
|}

'''Xoana Seymour''' tamén coñecida como '''Jane Seymour''' ([[1509]] – [[24 de outubro]] de [[1537]]) foi a terceira muller de [[Henrique VIII de Inglaterra]], e nai do futuro rei [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]]. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.
'''Xoana Seymour''' tamén coñecida como '''Jane Seymour''' ([[1509]] – [[24 de outubro]] de [[1537]]) foi a terceira muller de [[Henrique VIII de Inglaterra]], e nai do futuro rei [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]]. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.



Revisión como estaba o 21 de outubro de 2018 ás 14:44

Xoana Seymour
Nacemento1508 e 1509
Falecemento24 de outubro de 1537 e 1537
Lugar de falecementoHampton Court
CausaInfecção puerperal
SoterradaCapela de São Jorge
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióndama de companhia
PaiJoão Seymour
NaiMargery Wentworth
CónxuxeHenrique VIII de Inglaterra
FillosEduardo VI de Inglaterra
IrmánsIsabel Seymour, Henrique Seymour, Tomás Seymour, 1.º Barão Seymour de Sudeley e Eduardo Seymour, 1.º Duque de Somerset
Na rede
WikiTree: Seymour-225 Find a Grave: 1966 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (150924 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.

Traxectoria

Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron Xoán Seymour de Wiltshire e Margarida Wentworth. Logo de servir coma asistente de Catarina de Aragón e de Ana Bolena, esposas ambas as dúas de Henrique VIII de Inglaterra, Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de Ana Bolena, de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora Ana Bolena, non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o 30 de maio de 1536, tan só 11 días despois da execución de Ana Bolena na Torre de Londres. Decontado, Xoana ficaría grávida.

A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefreábeis de comer perdices. O rei ordenaba traelas dende Calais e Flandres. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un neno, o futuro rei Eduardo VI, o 12 de outubro de 1537. Contraeu febres puerperais e morreu doce días máis tarde, o 24 de outubro de 1537. Está enterrada no Castelo de Windsor.

Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, Tomás e Eduardo, abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contraeu matrimonio coa súa viúva, Catarina Parr (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.

Das seis mulleres que tivo o rei Henrique VIII, Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro home que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado de súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo sita no Castelo de Windsor.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Ana Bolena
Raíña Consorte de Inglaterra
1536 - 1537
Sucesor:
Ana de Cleves