Leoncio II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Solidus-Leontinus-sb1330.jpg|miniatura|300px|Sólido do emperador '''Leoncio''']]

'''Leontios''' (Λεόντιος), en galego '''Leoncio'''<ref>Nalgunhas listas de emperadores bizantinos, o emperador Leoncio é nomeado como '''Leoncio II''', debido a que no [[século V]], durante o reinado de [[Zenón, Emperador|Zenón I]] houbo un usurpador ao trono que se chamou tamén Leoncio.</ref> nado en [[660]] e finado en [[705]], foi un emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] que reinou durante uns poucos anos a finais do [[século VII]]. Durante o seu breve reinado ([[695]]-[[698]]) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África ([[Cartago]]), que caeu en mans dos árabes.

== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2018 ás 13:32

Infotaula de personaLeoncio II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento660 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Isauria Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 706 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Emperador bizantino
695 – 698
← Xustiniano IITiberio III → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 42107282 Editar o valor em Wikidata

Leontios (Λεόντιος), en galego Leoncio[1] nado en 660 e finado en 705, foi un emperador bizantino que reinou durante uns poucos anos a finais do século VII. Durante o seu breve reinado (695-698) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África (Cartago), que caeu en mans dos árabes.

Traxectoria

Leoncio fora un xeneral que servira aos emperadores Constantino IV e Xustiniano II. Xustiniano II mandouno encarcerar tras ser derrotado polos árabes en Sebastopolis. Foi liberado en 695 e inmediatamente organizou un golpe de estado que depuxo a Xustiniano II; un emperador que era odiado pola poboación debido á súa dura política fiscal. Leoncio ordenou amputar o nariz a Xustiniano II e desterralo á colonia de Querson situada en Crimea.

O reinado de Leoncio durou escasamente tres anos e foi bastante impopular. O acontecemento máis importante do seu reinado foi a perda do Norte de África que foi conquistada polos árabes entre 697 e 698. Unha frota bizantina enviada a defender a provincia e que foi derrotada, proclamou como emperador ao seu comandante Apsimar. Ao seu regreso a frota depuxo a un Leoncio, que fora incapaz de asentar o seu poder e Apsimar, que tomou o nome de Tiberio III substituíuno como emperador.

Leoncio foi mutilado e encerrado nun convento polo seu sucesor, onde viviu ata 705, cando Xustiniano II recuperou o trono e como vinganza polos sucesos de 695 mandou executalo.

Notas

  1. Nalgunhas listas de emperadores bizantinos, o emperador Leoncio é nomeado como Leoncio II, debido a que no século V, durante o reinado de Zenón I houbo un usurpador ao trono que se chamou tamén Leoncio.
Imperio Bizantino

Segue a:
Xustiniano II
Leoncio II
Precede a:
Tiberio III
Dinastía dos Heráclidas