Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Liña 9: Liña 9:
Durante os últimos anos da súa vida viviu na [[A Pobra do Caramiñal|Pobra]].
Durante os últimos anos da súa vida viviu na [[A Pobra do Caramiñal|Pobra]].


En novembro de [[2009]] aparece unha obra póstuma, a novela ''A noite do moucho'', publicada por Galaxia<ref>[http://www.vieiros.com/nova/77003/nova-vida-literaria-para-anxo-rei-ballesteros Nova en Vieiros]</ref>.
En novembro de [[2009]] aparece unha obra póstuma, a novela ''A noite do moucho'', publicada por Galaxia<ref>[http://www.vieiros.com/nova/77003/nova-vida-literaria-para-anxo-rei-ballesteros Nova en Vieiros]</ref>. Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela ''Dezanove badaladas'', publicada tamén por Galaxia no outono de 2018<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2018/10/18/span-langglbadaladas-na-memoria-do-mozo-anxo-rei-ballesterosspan/00031539891187871704727.htm?fbclid=IwAR0nsWctctxXPuUNeTkHPMvAviXB6o_ZylumLsSetU4YJFfzW3xFlAHaBxI|páxina-web=La Voz de Galicia|título=Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros. Barbantia, Galaxia e Concello da Pobra reivindican a excepcionalidade dunha figura clave das letras galegas|data-acceso=19/10/2018}}</ref>.


== Recoñecemento ==
== Recoñecemento ==


En 2018, na [[Pobra do Caramiñal]], o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua de [[Manuel Teira]].<ref>{{cite news|url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29164|title=A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros|date=17 de outubro de 2018|publisher=Cultura Galega|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref>
En 2018, na [[Pobra do Caramiñal]], o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua de [[Manuel Teira]]<ref>{{cite news|url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29164|title=A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros|date=17 de outubro de 2018|publisher=Cultura Galega|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref>. Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o [[Día das Letras Galegas]] para Anxo Rei Ballesteros.


== Obras ==
== Obras ==

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2018 ás 14:16

Infotaula de personaAnxo Rei Ballesteros
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Ardesende, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPaulo Rei Ballesteros Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 541520

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia[2]. Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018[3].

Recoñecemento

En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua de Manuel Teira[4]. Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.

Obras

Narrativa

Teatro

Ensaio

Traducións

Obras colectivas

Notas

  1. Anxo Rei Ballesteros, El País, 3/11/08
  2. Nova en Vieiros
  3. "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros. Barbantia, Galaxia e Concello da Pobra reivindican a excepcionalidade dunha figura clave das letras galegas". La Voz de Galicia. Consultado o 19/10/2018. 
  4. "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  5. "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas