A xungla do asfalto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 105: Liña 105:
[[Categoría:Cine en lingua inglesa]]
[[Categoría:Cine en lingua inglesa]]
[[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Filmes dirixidos por John Huston]]
[[Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer]]
[[Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer]]
[[Categoría:Estreas en versión galega]]
[[Categoría:Estreas en versión galega]]

Revisión como estaba o 17 de outubro de 2018 ás 08:50

A xungla do asfalto
Ficha técnica
Título orixinalThe Asphalt Jungle
DirectorJohn Huston
ProdutorArthur Hornblow Jr.
GuiónBen Maddow
John Huston
Baseado enThe Asphalt Jungle, de W. R. Burnett (1949)
IntérpretesSterling Hayden
Louis Calhern
Jean Hagen
MúsicaMiklós Rózsa
FotografíaHarold Rosson
MontaxeGeorge Boemler
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
EstreaXuño de 1950
Duración112 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1 232 000 $[1][2]
Na rede
IMDB: tt0042208 Filmaffinity: 920993 Allocine: 491 Rottentomatoes: m/asphalt_jungle Mojo: asphaltjungle Allmovie: v3102 TCM: 26 TV.com: movies/the-asphalt-jungle Netlix: 70000547Editar o valor em Wikidata

A xungla do asfalto (en inglés The Asphalt Jungle) é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un clásico do cinema negro.

Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1991.[3]

Argumento

Un ladrón de fama lendaria como planificador, Erwin "Doc" Riedenschneider (Sam Jaffe), deixa a prisión baixo liberdade condicional. Para o seu próximo roubo busca a complicidade nun avogado corrupto, Alonzo Emmerich (Louis Calhern), quen comprará en efectivo o total do roubo. O botín pode chegar ao millón de dólares. Doc reúne un grupo de criminais experimentados composto por un corretor de apostas, Cobby (Marc Lawrence) que fará de coordinador; Louis Ciavelli (Anthony Caruso), dinamiteiro de caixas fortes; Gus Minissi (James Whitmore), dono dun pequeno bar que fará de condutor; e Dix Handley (Sterling Hayden), granxeiro arruinado pola Gran Depresión, que actuará de escolta.

O plan consiste en roubar pola noite unha xoiaría. O grupo de delicuentes comeza o roubo planeado meticulosamente, mais finalmente a explosión provoca que varias alarmas de negocios próximos comecen a funcionar, atraendo a presenza da policía antes do esperado. Un garde de seguridade decide revisar todos os locais, e cando entra na xoiaría é golpeado por Dix. O garda, esvaecido, deixa caer a súa arma, que se dispara ferindo a Ciavelli. Os bandidos foxen levando con eles o botín e a Ciavelli.

Doc e Dix chegan co botín onde Emmerich, mais néganse a entregarllo porque xa sospeitaban que o avogado pensaba traizoalos, quedando con todo e fuxindo coa súa amante Angela Phinlay (Marilyn Monroe) a Europa.

Elenco

Principais premios e candidaturas

Ano Premio Categoría Candidato(s) Resultado
1950 Festival de Venecia Copa Volpi ao mellor actor Sam Jaffe Gañador
León de Ouro A xungla do asfalto Candidato
National Board of Review Mellor director John Huston Gañador
Directors Guild of America Award Dirección destacada en cinema John Huston Candidato
1951 Edgar Allan Poe Awards Mellor guión cinematográfico Ben Maddow e John Huston Gañador
Óscar Mellor actor secundario Sam Jaffe Candidato
Mellor fotografía (branco e negro) Harold Rosson Candidato
Mellor director John Huston Candidato
Mellor guión adaptado Ben Maddow e John Huston Candidato
British Academy of Film and Television Arts Mellor filme A xungla do asfalto Candidato
Globo de Ouro Mellor fotografía Harold Rosson Candidato
Mellor director John Huston Candidato
Mellor guión Ben Maddow e John Huston Candidato
Writers Guild of America Award Mellor guión de drama Ben Maddow e John Huston Candidato
Premio Robert Meltzer Ben Maddow e John Huston Candidato

Notas

  1. The Eddie Mannix Ledger. Los Angeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. .
  2. Scott Eyman, Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Mayer, Robson, 2005 p 427
  3. Programación

Véxase tamén

Ligazóns externas