Francisco Javier de Istúriz: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Políticos de España mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
|profesión= diplomático |
|profesión= diplomático |
||
}} |
}} |
||
'''Francisco Javier de Istúriz Montero''', nado en [[Cádiz]] |
'''Francisco Javier de Istúriz Montero''', nado en [[Cádiz]] o [[31 de outubro]] de [[1790]] e finado en [[Madrid]] o [[2 de abril]] de [[1871]], foi un político [[España|español]]. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión como estaba o 14 de outubro de 2018 ás 13:31
Francisco Javier de Istúriz Montero, nado en Cádiz o 31 de outubro de 1790 e finado en Madrid o 2 de abril de 1871, foi un político español.
Traxectoria
Participou na Guerra da Independencia e xunto cos progresistas e liberais foi un activo defensor de algunhas sublevacións militares en contra de Fernando VII. Presidente das Cortes de Cádiz tras a invasión dos Cen mil Fillos de San Luís. Coa Restauración absolutista exiliouse en Inglaterra acusado de afrancesado. Retornou a España en 1833 e con Mendizábal presidiu o Estamento de Procuradores nas Cortes Xerais. Opúxose ás reformas do goberno, especialmente a desamortizacón e ao cambio de altos mandos do exército, o que lle valeu a Presidencia do Goberno ofrecida por María Cristina de Borbón. Nos tres meses que durou a súa presidencia, disolveu as cortes procurando buscar unha maioría de apoio que superase o Estatuto Real de 1834, pero o Motín da Granja de San Ildefonso forzou a súa destitución e veuse obrigado a rehabilitar a Constitución de 1812.
Marchou a Inglaterra até 1837 e foi novamente Presidente do Congreso dos Deputados e das Cortes até 1840. Foi o ideólogo civil da revolución de 1841 en España que terminou fracasando. Designado novamente Presidente do Consello de Ministros entre 1846 e 1847 durante a década moderada, foi posteriormente Presidente do Senado e novamente Presidente do Goberno en 1858, na fin do chamado Bienio Moderado. Logo foi enviado a cubrir asuntos en Europa.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Juan Álvarez Mendizábal |
Francisco Javier de Istúriz | Precede a: José María Calatrava |
Presidente do Goberno de España |
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Ramón María Narváez |
Francisco Javier de Istúriz | Precede a: Carlos Martínez de Irujo |
Presidente do Goberno de España |
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Armero Peñaranda |
Francisco Javier de Istúriz | Precede a: Leopoldo O'Donnell |
Presidente do Goberno de España |
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Javier de Istúriz |
Outros artigos