Linda Nochlin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
foto
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}'''Linda Nochlin''' (nada '''Linda Weinberg''', en [[Brooklyn]], [[Nova York]], [[30 de xaneiro]] de 1931-29 de outubro de [[2017]]<ref>{{Cita web|url=http://www.artnews.com/2017/10/29/linda-nochlin-trailblazing-feminist-art-historian-dies-at-86/|título=Linda Nochlin, Trailblazing Feminist Art Historian, Dies at 86}}</ref>) foi unha [[Historia da arte|historiadora da arte]] estadounidense, profesora universitaria e [[Escritor|escritora]], que dedicou unha parte importante da súa obra á presenza da muller na arte e a monografías sobre o realismo.<ref>{{Cita libro|título=Realismo|editorial=Madrid: Alianza Editorial|ISBN=84-206-7109-6}}</ref>
{{Biografía|nome=Linda Nochlin|imaxe=Linda Nochlin.jpg}}'''Linda Nochlin''' (nada '''Linda Weinberg''', en [[Brooklyn]], [[Nova York]], [[30 de xaneiro]] de [[1931]]-[[29 de outubro]] de [[2017]]<ref>{{Cita web|url=http://www.artnews.com/2017/10/29/linda-nochlin-trailblazing-feminist-art-historian-dies-at-86/|título=Linda Nochlin, Trailblazing Feminist Art Historian, Dies at 86}}</ref>) foi unha [[Historia da arte|historiadora da arte]] estadounidense, profesora universitaria e [[Escritor|escritora]], que dedicou unha parte importante da súa obra á presenza da muller na arte e a monografías sobre o realismo.<ref>{{Cita libro|título=Realismo|editorial=Madrid: Alianza Editorial|ISBN=84-206-7109-6}}</ref>


== Biografía ==
== Biografía ==
Liña 25: Liña 25:
[[Categoría:Muller]]
[[Categoría:Muller]]
[[Categoría:Nados en 1931]]
[[Categoría:Nados en 1931]]
[[Categoría:Feministas por país]]
[[Categoría:Feminismo]]
[[Categoría:Historiadores da arte]]

Revisión como estaba o 13 de outubro de 2018 ás 15:46

Infotaula de personaLinda Nochlin
Ficheiro:Linda Nochlin.jpg
Biografía
Nacemento(en) Linda Weinberg Editar o valor em Wikidata
30 de xaneiro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 2017 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Institute of Fine Arts (pt) Traducir - historia da arte (–1963)
Universidade de Columbia
Vassar College (pt) Traducir
Cumberland High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte e Arte moderna Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , teórica da arte , profesora universitaria , historiadora , autora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nova York
Universidade da Cidade de Nova York
Universidade Yale
Vassar College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoMaurice Berger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1620835 Editar o valor em Wikidata

Linda Nochlin (nada Linda Weinberg, en Brooklyn, Nova York, 30 de xaneiro de 1931-29 de outubro de 2017[1]) foi unha historiadora da arte estadounidense, profesora universitaria e escritora, que dedicou unha parte importante da súa obra á presenza da muller na arte e a monografías sobre o realismo.[2]

Biografía

Recibiu o seu BA en Filosofía do Vassae College, realizou unha mestría en Inglés na Universidade de Columbia e doutorouse en Historia da Arte no Instituto de Belas Artes da Universidade de Nova York, en 1963, onde analizou a obra de Gustave Courbet en contraposición ao macartismo.[3]

Despois de traballar nos departamentos de historia da arte na Universidade de Yale, o Centro de Graduados da Cidade Universitaria de Nova York (con Rosalind Krauss) e Vassar College, Nochlin obtivo un posto no Instituto de Belas Artes, dedicándose ao ensino. Máis tarde ocupou a Cátedra "Lila Acheson Wallace de Arte Moderna" no Instituto de Belas Artes da Universidade de Nova York e chegou a formar parte do Consello Asesor de Arte da Fundación Internacional para a Investigación Artística (IFAR).

Obra

O seu estudo máis coñecido titúlase ¿Por que no existiron grandes artistas mulleres? (Why Have There Been Non Great Women Artists?), publicado en 1971 por ARTnews. Nesta obra explorou suposicións incrustadas na pregunta do título. Consideraba a natureza da arte xunto cos motivos polos que a noción de xenio artístico estaba reservada para xenios masculinos como Michelangelo. Nochlin argumentou que importantes barreiras sociais impediron que as mulleres busquen a arte, incluídas as restricións sobre a educación das mulleres nas academias de arte e "toda a subestrutura individual e monográfica romántica, elitista e glorificadora sobre a que se basea a profesión da historia da arte".[4][5]

No trinta aniversario da investigación de Nochlin tivo lugar unha conferencia na Universidade de Princeton en 2001. O libro asociado á conferencia, Mulleres artistas no Millennium, inclúe o ensaio de Nochlin Por que non houbo grandes mulleres artistas? Trinta anos despois. Na conferencia e no libro, os historiadores da arte abordaron a obra innovadora de figuras como Louise Bourgeois, Eva Hesse, Francesca Woodman, Carrie Mae Weems e Mona Hatoum á luz dos legados de trinta anos de historia da arte feminista.

Outro ensaio posterior, relacionado co tema é As cuestións de xénero en Cassat e Eakins, escrito en 1994. Esta vertente da súa produción crítica xerou á súa vez análise, reforzando ou contrastando as súas opinións.[a][6]

No seu ensaio de 1994 A partir de cero: Os inicios da historia da arte feminista, Nochlin reflexionou sobre o seu espertar como feminista e o seu impacto na súa bolsa de estudos e ensino: "En 1969, ocorreron tres grandes eventos na miña vida: tiven un bebé, fíxenme feminista e organicei a primeira clase de Mulleres e Arte no Vassar College"[7]

En Self and History: Homenaxe a Linda Nochlin, publicado no ano 2000, recolleuse unha antoloxía de ensaios en relación aos temas que a autora desenvolveu ao longo da súa carreira.

Outros libros de Nochlin son Mulleres como obxectos sexuais: Estudos da arte erótico, 1730-1970 (Woman as Sex Object: Studies in Erotic Art, 1730–1970) (1973), Mulleres, arte, e poder e outros ensaios (1988), A política da Visión: Ensaios sobre a arte e Sociedade do Século XIX (1989), Mulleres no Século XIX: Categorías e contradicións (1997) ou Mulleres que representan (1999).[8]

Notas

  1. "Linda Nochlin, Trailblazing Feminist Art Historian, Dies at 86". 
  2. Realismo. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-7109-6. 
  3. "La historiadora feminista que inspiró la última camiseta de Dior ha muerto. ¡Viva Linda Nochlin!". 
  4. "Why Have There Been No Great Women Artists?". 
  5. Gotthardt, Alexxa (2017-10-30). "Linda Nochlin’s Students Remember a Teacher Who Revolutionized Art History". Artsy (en inglés). Consultado o 2018-10-13. 
  6. "Linda Nochlin y la mujer en el arte". El Nuevo Diario. 
  7. Broude, Norma; Garrard, Mary D; Brodsky, Judith K (1994). The power of feminist art : the American movement of the 1970s, history and impact. New York: H.N. Abrams. p. 130. 
  8. "Comentario y recensión del Ensayo: «¿Por qué no ha habido grandes mujeres artistas?" (PDF) (4). 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente