Asteroide: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 87.219.82.242 (conversa); cambiado á última versión feita por Lameiro
Etiqueta: Reversión
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
hello ma boa[[Ficheiro:Galileo Ida n Dactyl.jpg|miniatura|O asteroide Ida e o seu satélite Dactyl]]
{{non confundir|Esteroide}}
[[Ficheiro:Galileo Ida n Dactyl.jpg|miniatura|O asteroide Ida e o seu satélite Dactyl]]
Un '''asteroide''' é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un [[planeta]] e que orbita ao redor do [[Sol]]. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso [[sistema solar]], posúen [[órbita]]s semiestables entre [[Marte]] e [[Xúpiter]], pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.
Un '''asteroide''' é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un [[planeta]] e que orbita ao redor do [[Sol]]. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso [[sistema solar]], posúen [[órbita]]s semiestables entre [[Marte]] e [[Xúpiter]], pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.



Revisión como estaba o 12 de outubro de 2018 ás 16:16

O asteroide Ida e o seu satélite Dactyl

Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semiestables entre Marte e Xúpiter, pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.

Dende a Terra teñen aspecto de estrelas, de aí o nome de asteroides (ἀστεροειδής en grego significa "de figura de estrela"). Foi John Herschel quen lles puxo tal nome pouco despois de que os primeiros fosen descubertos.

O 1 de xaneiro de 1801 o astrónomo siciliano Giuseppe Piazzi descubriu desde o Observatorio Astronómico de Palermo o asteroide ou planeta menor Ceres, mentres traballaba nun catálogo de estrelas. Este planeta menor foi denominado Ceres Ferdinandea en honra do entón rei das Dúas Sicilias, Fernando I[1] .

Ao descubrimento de Piazzi seguírono outros semellantes, pero de obxectos máis pequenos. Hoxe estímase que existen preto de 2 millóns de asteroides cun diámetro maior que 1 km tan só no Cinto Principal de asteroides; porén, se se suman todas as súas masas, o total é o 5% da masa da Lúa.

No caso do Cinto de Kuiper estímase que existen uns 60 millóns de obxectos, cunha masa da orde de 2,5 veces a da Lúa, é dicir, o 3% da terrestre.

En 2016, a ONU acordou declarar o 30 de xuño o Día Internacional dos Asteroides [1].

Clasificación pola posición no Sistema Solar

Cinto de asteroides

Artigo principal: Cinto de asteroides.

A maior parte dos asteroides coñecidos xiran no espazo nunha agrupación coñecida polo nome de Cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter. Este cinto está a unha distancia do Sol comprendida entre 2 e 3,5 unidades astronómicas (UA). Estes asteroides xiran ao redor do Sol en órbitas de entre 3 e 6 anos.

O 22 de agosto de 2006, Ceres foi reclasificado como planeta anano xunto con Plutón e Eris.

Asteroides próximos á Terra (NEAs)

Existe un especial interese en identificar asteroides que teñen órbitas que interseccionan coa da Terra. Os tres grupos máis importantes de asteroides próximos á Terra son os asteroides Amor, os asteroides Apolo e os asteroides Atón.

Asteroides potencialmente perigosos

Chámanse asteroides potencialmente perigosos (PHA, acrónimo en inglés de Potentially Hazardous Asteroids) a aqueles que se aproximan á Terra a menos de 0,05 UA e teñen unha magnitude absoluta inferior a 22. O máis grande destes corpos é (4179) Toutatis[1].

Asteroides troianos

Artigo principal: Asteroide troiano.
Imaxe dos asteroides troianos de Xúpiter (en cor verde). Os do campo grego por diante da órbita de Xúpiter e os do campo troiano tras da órbita de Xúpiter. A imaxe tamén mostra o cinto de asteroides entre as órbitas de Marte e Xúpiter (en cor branca).

Os asteroides troianos son asteroides que comparten órbita cun planeta. Distribúense en dúas rexións alongadas e curvas arredor dos puntos estables de Lagrange L4 e L5, situados 60° diante e detrás do planeta respectivamente. O nome troiano débese a que se estableceu a convención de bautizar aos asteroides que ocupaban ditos puntos da órbita de Xúpiter co nome dos personaxes da guerra de Troia.

Tradicionalmente o termo referíase aos asteroides troianos de Xúpiter, que foron os primeiros en seren descubertos e son, con moito, os máis numerosos ata agora. Porén, co descubrimento de asteroides nos puntos de Lagrange doutros planetas do Sistema Solar, o termo estendeuse para englobalos a todos. Só Saturno e os planetas interiores á Terra non teñen asteroides troianos confirmados. No caso dos troianos de Xúpiter, os que anteceden ao planeta pertencen ao grupo do campo grego e os que seguen ao planeta ao grupo do campo troiano.

Existen dúas teorías para explicar a orixe e localización dos asteroides. A primeira indica que se formaron durante a última etapa de acreción planetaria na mesma rexión na que se encontran. A segunda establece que, durante a migración planetaria, o primitivo cinto de Kuiper desestabilizouse, e millóns de obxectos foron expulsados ao interior do Sistema Solar onde se incorporaron aos puntos de Lagrange dos planetas gasosos.

(588) Aquiles, no punto L4 da órbita xupiteriana, foi o primeiro troiano en ser descuberto o 22 de febreiro de 1906. Tivo que transcorrer case un século para descubrir troianos doutros planetas. O 20 de xuño de 1990 encontrouse (5261) Eureka, primeiro troiano de Marte no punto L5 do sistema Sol-Marte; e o 21 de agosto de 2001 achouse 2001 QR322, o primeiro de Neptuno; en 2004 atopouse 2004 UP10 que orbita diante de Neptuno no seu punto de Langrange L4, e en 2006 descubríronse tres novos asteroides troianos de Neptuno. Tamén apareceron cadanseu troiano nas órbitas da Terra e de Urano.

Asteroides centauros

Artigo principal: Centauro (astronomía).

Denomínanse Asteroides Centauros aos que se atopan na parte exterior do Sistema Solar, orbitando entre os grandes planetas. 2060 Chiron orbita entre Saturno e Urano, 5335 Damocles entre Marte e Urano.

Asteroides coorbitantes da Terra

Son asteroides que ao achegarse á Terra permanecen capturados pola gravidade terrestre por algúns anos e despois afástanse novamente. Actualmente coñécense dous corpos deste tipo: o 2003 YN107 e o (164207) 2004 GU9.

Obxectos transneptunianos

Os Obxectos Transneptunianos (TNOs) están formados maiormente por xeo e atópanse na súa maioría máis aló da órbita de Neptuno.

A maior distancia (50UA) atópanse os obxectos da Nube de Oort.

Clasificación por grupo espectral

Os asteroides poden ser clasificados polo seu espectro óptico, que corresponde á composición da superficie dos mesmos, e tendo en conta tamén o seu albedo, nos seguintes tipos:

  • Tipo C: o 75% dos asteroides coñecidos, con albedo menor que 0,04. Son extremadamente escuros, semellantes a meteoritos. Parecen conter unha elevada porcentaxe de carbono.
  • Tipo D: este tipo de asteroides teñen un albedo moi baixo (0,02-0,05). Son moi vermellos, en lonxitudes de onda longas, debido quizais á presenza de materiais con gran cantidade de carbono. Son moi raros no cinto principal e son atopados con maior frecuencia en distancias superiores a 3,3 UA do Sol e o seu período orbital é a metade do de Xúpiter, é dicir, están en resonancia 2:1.
  • Tipo S: este tipo representa ao redor do 17% dos asteroides coñecidos. Teñen un albedo de 0,14 como media e son de composición metálica, formados fundamentalmente por silicio.
  • Tipo M: inclúe gran parte do resto de asteroides. Son asteroides brillantes (albedo 0,10-0,18), case exclusivamente formados por níquel e ferro.

Hai outros grupos de asteriodes raros, o número de tipos continúa medrando e están sendo estudados os seguintes:

  • Tipo T: caracterízanse por un baixo albedo (0,04-0,11).
  • Tipo E
  • Tipo R
  • Tipo V: por 4 Vesta.

Satélites asteroidais

Artigo principal: Satélite asteroidal.

Algúns asteroides teñen satélites ao seu redor, como o asteroide 243 Ida e o seu satélite asteroidal Dactyl. O 10 de agosto de 2005 anunciouse o descubrimento dun asteroide, o 87 Silvia, que ten dous satélites xirando ao seu redor, Rómulo e Remo. Rómulo, a primeira lúa, descubriuse o 18 de febreiro de 2001 co telescopio W. M. Keck II de 10 metros do observatorio de Mauna Kea; ten 18 km de diámetro e a súa órbita, a unha distancia de 1.370 km de Silvia, tarda en completarse 87,6 horas. Remo, a segunda lúa, ten 7 km de diámetro e xira a unha distancia de 710 km, tardando 33 horas en completar unha órbita ao redor de Silvia.

Notas

  1. 1,0 1,1 IAU (ed.). "Near Earth Asteroids (NEAs)" (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas