Papuxa gabián: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: species = '''''S. nisoria''''' → species = '''S. nisoria'''
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36: Liña 36:


[[Categoría:Sílvidos]]
[[Categoría:Sílvidos]]
[[Categoría:Aves de Eurasia]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2018 ás 11:13

A papuxa gabián (Sylvia Nisoria) é unha ave da familia das Sylviidae.

Morfoloxía e hábitos

A papuxa gabián ten unha lonxitude duns 15 cm e pesa uns 30 gramos. O corpo enteiro é de cor gris exceptuando a parte inferior máis clara e barrada, similar ó deseño dos gabiáns. Ollos amarelos. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en zonas de matogueiras, alimentándose de insectos, bagas e arañas.

Reprodución

A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 5 ou 6 ovos. O tempo de incubación sitúase ó redor dos 14 días, permanecendo os polos preto de 15 días no niño.

Distribución

Común en toda Europa Oriental, dende Polonia e Eslovenia ata as rexións dos Cáucaso. Rara en Europa Occidental e na costa Mediterránea.

Véxase tamén

Bibliografía

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Sylvia nisoria". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.