Sorbona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ligazón interna
sorbonne
Liña 1: Liña 1:
{{Universidade
{{Universidade
| nome =
| nome =
| nome nativo = La Sorbonne
| nome nativo = Sorbonne
| image =
| image =
| rodapé =
| rodapé =

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2018 ás 22:44


Sorbonne
Datos xerais
LocalizaciónParís
Fundación1257 por Robert de Sorbón
Datos actuais
Datos de contacto
EnderezoV Distrito de París
Páxina webhttp://www.sorbonne.fr/
Twitter: sorbonnefr Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A Sorbona, París

A Sorbona[1] (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV).

Historia e características

Atópase no centro de París, no quinto arrondissement (distrito), en fronte do liceo Louis Le Grand e do Collège de France, preto do monumento O Panteón (Le Pantheón), das universidades (París I, II, V, VI) e dos Xardíns do Luxemburgo (que pertencen ao Palacio do Luxemburgo, sede do Senado), no denominado Barrio Latino, onde se concentran as escolas superiores, os museos e os turistas.

Foi fundada en 1257 por Robert de Sorbón coa intención de facilitar o ensino da teoloxía aos alumnos pobres. Tres séculos máis tarde converteuse no lugar privilexiado para os debates da facultade de teoloxía e tivo un papel importante nas querelas relixiosas do país, contra os xesuítas no século XVI e contra os xanseístas no século XVII.

Nas súas aulas, reconstruídas na súa totalidade entre 1885 e 1901, ensínanse hoxe principalmente as humanidades, a historia, a xeografía, o dereito e as linguas.

Notas