Taiwán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 45: Liña 45:
| IDH_categoría = <font color="#009900">Moi alto</font>
| IDH_categoría = <font color="#009900">Moi alto</font>
| moeda = [[Novo dólar taiwanés]]
| moeda = [[Novo dólar taiwanés]]
| xentilicio = taiwanés
| xentilicio = taiwanés/esa<ref>{{DRAG|taiwanés}}</ref>
| horario = [[UTC+8]]
| horario = [[UTC+8]]
| horario_verán =
| horario_verán =

Revisión como estaba o 8 de outubro de 2018 ás 08:47

Modelo:País

A República da China (中華民國 ZhongHuá MínGuó), coñecida polo xeral como Taiwán[1] (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Historia

A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente os habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, a China foi obrigada a ceder Taiwán ao Xapón a perpetuidade.

Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, Xapón aceptou os términos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba á China. As tropas recentemente chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.

O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai-shek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial da China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.

Organización político-administrativa

Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.

Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia da China.

Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.

A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre este.

Mapa de Taiwán
Mapa de Taiwán

Xeografía

A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo estreito de Taiwán. Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.

O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Son frecuentes os Tifóns e os terremotos na illa.

Economía

Artigo principal: Economía de Taiwán.

A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.

Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores investidores na República Popular da China. Estas relacións económicas víronse reforzadas en 2014 coa entrada en vigor do acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán.

Demografía

Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.

Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.

Cultura

Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.

Notas

  1. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

Ligazóns externas