Limón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Arranxos na introdución e na sección de historia
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Historia: ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 10: Liña 10:
A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu [[polimorfismo (bioloxía)|polimorfismo]] e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de [[Assam]], da rexión indo-birmana ou da [[China]].<ref>{{cita libro |lingua=en |nome=Julia F. |apelidos= Morton |título=Lemon in Fruits of Warm Climates |editorial=Purdue University |data=1987 |páxinas=160–168}}</ref>
A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu [[polimorfismo (bioloxía)|polimorfismo]] e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de [[Assam]], da rexión indo-birmana ou da [[China]].<ref>{{cita libro |lingua=en |nome=Julia F. |apelidos= Morton |título=Lemon in Fruits of Warm Climates |editorial=Purdue University |data=1987 |páxinas=160–168}}</ref>


Aínda que se cría que era descoñecido para os antigos [[Grecia antiga|gregos]] e [[Roma Antiga|romanos]], estudos de [[2016]] mostran que naceu no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] como un [[híbrido]] entre a [[laranxeira amarga]] e a [[cidreira]] arredor do V milenio a.C.<ref>{{cita publicación periódica |lingua=en |autor=Franck Curk, Frédérique Ollitrault, Andres Garcia-Lor, François Luro, Luis Navarro, Patrick Ollitraul |título=Phylogenetic origin of limes and lemons revealed by cytoplasmic and nuclear markers |revista=Annals of Botany |data=1 de abril de 2016 |volume=117 |número=4 |páxinas=565-583 |doi=10.1093/aob/mcw005}}</ref> A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de [[Nabathae]] sobre [[agricultura]], datando do [[século III]] ou [[século IV|IV]]{{cómpre referencia}}.
Aínda que se cría que era descoñecido para os antigos [[Grecia antiga|gregos]] e [[Roma Antiga|romanos]], estudos de [[2016]] mostran que naceu no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] como un [[Híbrido (bioloxía)|híbrido]] entre a [[laranxeira amarga]] e a [[cidreira]] arredor do V milenio a.C.<ref>{{cita publicación periódica |lingua=en |autor=Franck Curk, Frédérique Ollitrault, Andres Garcia-Lor, François Luro, Luis Navarro, Patrick Ollitraul |título=Phylogenetic origin of limes and lemons revealed by cytoplasmic and nuclear markers |revista=Annals of Botany |data=1 de abril de 2016 |volume=117 |número=4 |páxinas=565-583 |doi=10.1093/aob/mcw005}}</ref> A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de [[Nabathae]] sobre [[agricultura]], datando do [[século III]] ou [[século IV|IV]]{{cómpre referencia}}.


As [[invasións bárbaras]] do [[século III]] destruíron todas as plantacións de limóns europeas.<ref>{{cita web |url=http://frusemur.com/consejo-saludable/el-limon-y-su-historia/ |título=El limón y su historia |editor=mundosol |dataacceso=5 de outubro de 2018 |lingua=es}}</ref> Entre os anos [[1000]] e [[1200]], o limón volveu a aparecer en [[Europa]] introducido polos [[árabes]] a través da rexión mediterránea. Hai relatos de limoeiros cultivados en [[Xénova]]{{cómpre referencia}} a mediados do [[século XV]], así como referencias á súa existencia nos [[Azores]] en [[1494]]{{cómpre referencia}}.
As [[invasións bárbaras]] do [[século III]] destruíron todas as plantacións de limóns europeas.<ref>{{cita web |url=http://frusemur.com/consejo-saludable/el-limon-y-su-historia/ |título=El limón y su historia |editor=mundosol |dataacceso=5 de outubro de 2018 |lingua=es}}</ref> Entre os anos [[1000]] e [[1200]], o limón volveu a aparecer en [[Europa]] introducido polos [[árabes]] a través da rexión mediterránea. Hai relatos de limoeiros cultivados en [[Xénova]]{{cómpre referencia}} a mediados do [[século XV]], así como referencias á súa existencia nos [[Azores]] en [[1494]]{{cómpre referencia}}.

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2018 ás 20:51

Limón: froito e flor.

O limón[1] é o froito do limoeiro (Citrus limon), arbusto de 5 a 10 metros de altura, da familia das Rutáceas.

Os limóns existentes son de dous tipos: o limón doce, froito decorativo cuxo zume é pouco ou nada acedo, con todo clasificado Citrus limon (L.) Burm. f. (clasificación de Tanaka); e o máis común limón acedo, cuxo zume ten un pH de aproximadamente 2,5.

Esta froita madura ten unha casca que varía de verde suave a amarelo brillante baixo a acción do frío. No hemisferio norte madura a finais do outono e principios do inverno. A súa carne é suculenta e o seu zume rico en vitamina C (un litro de zume contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico). Ao ser de fácil conservación e dada a súa riqueza en vitamina C, os navíos comezaron a transportalo a bordo e usalo como dieta para combater o escorbuto, ao tempo que o espallaban por todo o planeta. As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co zume da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, así como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca extráese un aceite esencial, usado en perfumaría e na preparación de licores e xabóns, que contén entre outras substancias o limoneno e o citral.

Historia

A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu polimorfismo e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de Assam, da rexión indo-birmana ou da China.[2]

Aínda que se cría que era descoñecido para os antigos gregos e romanos, estudos de 2016 mostran que naceu no Mediterráneo como un híbrido entre a laranxeira amarga e a cidreira arredor do V milenio a.C.[3] A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de Nabathae sobre agricultura, datando do século III ou IV[Cómpre referencia].

As invasións bárbaras do século III destruíron todas as plantacións de limóns europeas.[4] Entre os anos 1000 e 1200, o limón volveu a aparecer en Europa introducido polos árabes a través da rexión mediterránea. Hai relatos de limoeiros cultivados en Xénova[Cómpre referencia] a mediados do século XV, así como referencias á súa existencia nos Azores en 1494[Cómpre referencia].

A árbore do limón foi empregada orixinariamente como planta ornamental en xardíns de pracer na Idade Media, especialmente nos xardíns islámicos.[5] O limón foi introducido gradualmente na dieta medieval, usándose como fondo ácido para gardar vexetais crus igual que o vinagre ou o zume de laranxa. Con todo, é probable que se utilizase tamén como técnica de conservación da carne dende os tempos antigos.[6].

Actualmente é unha das froitas máis coñecidas e utilizadas no mundo.

Características

Híbrido cultivado, as árbores son pequenas (non atinxe máis de 6 metros de altura), espinescentes, moi ramificadas, de caule e ramos castaño claros; as follas son alternas, oblóngoelípticas, con puntuacións translúcidas; as inflorescencias son de flores axilares, albas ou violetas, en cacho. Reprodúcese por estacas de gallos, en solo areoso e ben estercado, de preferencia en rexións de clima quente ou temperado. Propágase tamén por sementes, que requiren solo leve e fértil, en lugar soleado e protexido dos ventos.

Frutifica durante todo o ano, en innúmeras variedades, que aínda que muden no tamaño e na textura da casca, que pode ser lisa ou enrugada, canto á cor, varían do verde escuro ao amarelo claro, excepto unha das especies, que se asemella a unha tanxerina.

Fisicamente o limón caracterízase por ser de forma ovalada con picos nos extremos da diagonal superior e ter unha pel de grosor moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). Cando está madura, a pel é de cor marela polo exterior e case branca polo interior.

Limón, froito do limoeiro.
Molécula do ácido cítrico.

Contén ácido cítrico, hesperidina e entre as vitaminas: a vitamina C (ácido ascórbico) -uns 30 mg en 100g-, e as vitaminas A, B1 (tiamina), B2 (riboflavina), B3 (ácido nicotínico), B5 (ácido pantoténico) e B6. Minerais: calcio, cobre, cloro, ferro, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, sodio e xofre.

Utilización

Úsanse as follas, a casca do froito e mais o suco do froito. Aínda que é comestíbel, non é habitual comelo tal como se colle da árbore por ter un sabor moi ácido. Os que teñen cor amarela ou amarelo-esverdeada, cultívanse sobre todo polo sumo, aínda que a polpa e a casca tamén se utilicen en culinaria. Os limóns conteñen unha gran cantidade de ácido cítrico, o que lles confire un gusto ácido.

Os limóns e as limas sérvense regularmente como limoada (sumo de limón natural con auga e azucre), ou como adorno para as bebidas tales como Coca-cola cunha rodela dentro ou na borda do copo.

É moi apreciado en repostería por potenciar o sabor e o seu zume por ser refrescante. Ademais, é amplamente utilizado como desinfectante e desengraxante tanto só como combinado con outros produtos de limpeza.

Produción e exportacións

As variedades mais abundantes no mercado son: Lisbon, Eureka, Primofiori e Verna.

No ano 2016, España era o maior produtor e exportador de Europa, a India o maior produtor do mundo e México o maior exportador mundial en número de toneladas, porén España foi o maior exportador mundial en valor monetario (case 820 millóns de dólares)[7][8].

Principais produtores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO[7]
País Ano 2016 Ano 2006
India 2 978 000 2 159 000
México 2 429 839 1 867 078
China 2 289 576  700 000
Arxentina 1 678 337 1 470 000
Brasil 1 262 353 1 031 292
España  857 754  877 134
Turquía  850 600  710 401
USA  822 000  854 570
Irán  457 270  467 549
Italia  379 282  573 171
     
Principais exportadores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO[8]
País Ano 2016 Ano 2006
México  667 572  428 129
España  547 155  491 787
Turquía  448 781  323 116
Arxentina  279 339  314 651
Suráfrica  236 868  133 331
Países Baixos  189 063  83 691
USA  135 209  103 482
Brasil  95 748  51 440
Chile  77 310  33 180
Italia  46 563  37 373

Modelo:Esta produciónLimóns

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para limón.
  2. Morton, Julia F. (1987). Lemon in Fruits of Warm Climates (en inglés). Purdue University. pp. 160–168. 
  3. Franck Curk, Frédérique Ollitrault, Andres Garcia-Lor, François Luro, Luis Navarro, Patrick Ollitraul (1 de abril de 2016). "Phylogenetic origin of limes and lemons revealed by cytoplasmic and nuclear markers". Annals of Botany (en inglés) 117 (4): 565–583. doi:10.1093/aob/mcw005. 
  4. mundosol (ed.). "El limón y su historia" (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  5. Marie-Françoise Valéry, Alain Le Toquin (2001). Jardins du Moyen Age (en francés). Dexia. p. 15. 
  6. Bahloul, Joëlle (1983). Le culte de la table dressée (en francés). A.-M. Métailié. p. 131. 
  7. 7,0 7,1 FAO (ed.). "Top 10 Country Production of Lemons and limes" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 FAO (ed.). "Top 20 Country, Export quantity of Lemons and limes" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2018. 

Véxase tamén