Excalibur: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
== Películas ==
== Películas ==
[[Ficheiro:Statue of Excalibur, Kingston Maurward.jpg|esquerda|miniatura|130px|Estatua de Excalibur no Kingston Maurward]]
[[Ficheiro:Statue of Excalibur, Kingston Maurward.jpg|esquerda|miniatura|130px|Estatua de Excalibur no Kingston Maurward]]
A espada dá nome á película ''[[Excalibur (película)|Excalibur]]'' sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en [[1981]] por [[John Boorman]].
A espada dá nome á película ''[[Excalibur (filme)|Excalibur]]'' sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en [[1981]] por [[John Boorman]].


Así mesmo, é mencionada noutras películas como ''Merlin'', do director [[Steve Barron]], en [[1998]], facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.
Así mesmo, é mencionada noutras películas como ''Merlin'', do director [[Steve Barron]], en [[1998]], facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2018 ás 12:53

A espada Excalibur

Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do Rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes.

Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn, nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch, en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen. Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante".

A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do Rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.

A obtención de Excalibur

Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Ávalon, sen dar máis detalles.

No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.

A desaparición de Excalibur

Bedivere lanzando a mítica espada á auga. Ilustración de 1894.

O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.

Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.

Películas

Estatua de Excalibur no Kingston Maurward

A espada dá nome á película Excalibur sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en 1981 por John Boorman.

Así mesmo, é mencionada noutras películas como Merlin, do director Steve Barron, en 1998, facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.

Ademais, existe unha película titulada A lenda de Excalibur, tamén chamada A última lexión, na cal se conta que a espada pertencía a Xulio César e foi atopada polo seu descendente Rómulo Augústulo, quen mudou o seu nome a Pendragon.