Interacción nuclear forte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
A forza nuclear forte actúa sobre todos os [[Hadrón|hadróns]], [[Mesón (física)|mesóns]] e [[Barión|barións]], as partículas compostas formadas por [[Quark|quarks]] e [[antiquark]]s. A interacción desta forza é levada por uns [[Bosón|bosóns]] chamados [[Gluón|gluóns]], de xeito equivalente á [[Interacción electromagnética|forza electromagnética]] que é levada polos [[Fotón|fotóns]]. Esta forza é a responsable de que os quarks se manteñan unidos para formar os barións (como os [[Protón|protóns]] ou os [[neutrón]]s) e os mesóns (como os [[Pión (física)|pións]] ou os [[Kaón|kaóns]]), e tamén é a responsable de que os protóns e os neutróns se manteñan unidos ó núcleo.<ref name =Severijns>[http://www.mi.infn.it/~sleoni/TEMP/EuroSchool/Severijns.pdf Weak Interaction Studies by Precision Experiments in Nuclear Beta Decay], Nathal Severijns, Instituut voor Kern- en Stralingsfysica, Katholieke Universiteit Leuven. Páx. 342.</ref> A forza nuclear forte ten un alcance de arredor dun [[femtómetro]] (ás veces chamado ''fermi'' na honra de [[Enrico Fermi]]), uns 10<sup>-15</sup> [[Metro|metreo]],<ref name="answersyahoo">{{Cita web| url = http://answers.yahoo.com/question/index?qid=20060811074238AA5sksR | título = What is the maximum distance for the action of the strong nuclear force? | editor = Yahoo Answers | dataacceso = 20 de xuño de 2013 | lingua = inglés}}</ref> e debe ser forte abondo como para contrarrestar a intensa forza repulsiva que hai entre os protóns; a enerxía da forza nuclear forte entre dous protóns é da orde de MeV ([[Electrón-volt|megaelectrón-volt]]). A forza nuclear forte non está afectada pola [[carga eléctrica]] das partículas: afecta por igual protóns e neutróns. A teoría que explica esta forza é a [[cromodinámica cuántica]] (QCD do inglés ''quantum chromodynamics''), que foi proposta en [[1973]] por [[Harald Fritzsch]], [[Heinrich Leutwyler]] e [[Murray Gell-Mann]].<ref name =Severijns

/><ref>[http://www.britannica.com/facts/5/892168/Harald-Fritzsch-as-discussed-in-quantum-chromodynamics-QCD-physics Facts about Harald Fritzsch: quantum chromodynamics, as discussed in quantum chromodynamics], Enciclopaedia Britannica</ref>

== Historia ==
Antes da [[década de 1970]], os físicos non sabían de certo cal era o mecanismo que mantiña unido o [[núcleo atómico]]. Sabíase que o núcleo estaba formado por [[Protón|protóns]] e [[Neutrón|neutróns]] e que os protóns ioñan unha [[carga eléctrica]] positiva mentres que os neutróns eran [[Electricidade#Natureza da electricidade|electricamente]] neutros. Porén, estes feitos semellaban contradicirse. Segundo o coñecemento da física aceptado daquela, as cargas positivas debían repelerse entre elas e, polo tanto, o núcleo tiña que chegar a romper. Pero isto non se ollaba nunca, e polo tanto, era preciso unha nova física que explicase este fenómeno.

Máis tarde, descubriuse que os protóns e os neutróns non eran partículas fundamentais, senón que eran formados por outras partículas máis pequenas chamadas [[quark]]s. A forte atracción que había entre os [[nucleón]]s era o efecto secundario dunha forza máis fundamental que mantiña unidos os quarks dentro dos protóns e os neutróns. A teoría da [[cromodinámica cuántica]] explica que os quarks levan o que se chama ''[[carga de cor]]'', malia que o nome non teña relación coas [[cor]]es visibles.{{sfn|Feynman|1985| p=136}}

Os quarks con diferente carga de cor atráense entre si como resultado da interacción forte, que se transmite mediante uns [[Bosón|bosóns]], unhas partículas chamadas [[gluón]]s.

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2018 ás 18:37

Os quarks interactúan dentro dun neutrón debido á interacción nuclear forte.

En física de partículas, a interacción nuclear forte, tamén chamada forza forte, forza nuclear forte ou interacción forte é un dos catro tipos de forzas fundamentais que o modelo estándar da Física establece para explicar o universo. As outras tres son a gravidade, o electromagnetismo e a interacción nuclear feble. A escala atómica, é unhas 100 veces máis forte que o electromagnetismo, que á súa vez é varias ordes de magnitude máis forte que a forza nuclear feble e a gravidade.

A forza nuclear forte actúa sobre todos os hadróns, mesóns e barións, as partículas compostas formadas por quarks e antiquarks. A interacción desta forza é levada por uns bosóns chamados gluóns, de xeito equivalente á forza electromagnética que é levada polos fotóns. Esta forza é a responsable de que os quarks se manteñan unidos para formar os barións (como os protóns ou os neutróns) e os mesóns (como os pións ou os kaóns), e tamén é a responsable de que os protóns e os neutróns se manteñan unidos ó núcleo.[1] A forza nuclear forte ten un alcance de arredor dun femtómetro (ás veces chamado fermi na honra de Enrico Fermi), uns 10-15 metreo,[2] e debe ser forte abondo como para contrarrestar a intensa forza repulsiva que hai entre os protóns; a enerxía da forza nuclear forte entre dous protóns é da orde de MeV (megaelectrón-volt). A forza nuclear forte non está afectada pola carga eléctrica das partículas: afecta por igual protóns e neutróns. A teoría que explica esta forza é a cromodinámica cuántica (QCD do inglés quantum chromodynamics), que foi proposta en 1973 por Harald Fritzsch, Heinrich Leutwyler e Murray Gell-Mann.[1][3]

Historia

Antes da década de 1970, os físicos non sabían de certo cal era o mecanismo que mantiña unido o núcleo atómico. Sabíase que o núcleo estaba formado por protóns e neutróns e que os protóns ioñan unha carga eléctrica positiva mentres que os neutróns eran electricamente neutros. Porén, estes feitos semellaban contradicirse. Segundo o coñecemento da física aceptado daquela, as cargas positivas debían repelerse entre elas e, polo tanto, o núcleo tiña que chegar a romper. Pero isto non se ollaba nunca, e polo tanto, era preciso unha nova física que explicase este fenómeno.

Máis tarde, descubriuse que os protóns e os neutróns non eran partículas fundamentais, senón que eran formados por outras partículas máis pequenas chamadas quarks. A forte atracción que había entre os nucleóns era o efecto secundario dunha forza máis fundamental que mantiña unidos os quarks dentro dos protóns e os neutróns. A teoría da cromodinámica cuántica explica que os quarks levan o que se chama carga de cor, malia que o nome non teña relación coas cores visibles.[4]

Os quarks con diferente carga de cor atráense entre si como resultado da interacción forte, que se transmite mediante uns bosóns, unhas partículas chamadas gluóns.

Notas

  1. 1,0 1,1 Weak Interaction Studies by Precision Experiments in Nuclear Beta Decay, Nathal Severijns, Instituut voor Kern- en Stralingsfysica, Katholieke Universiteit Leuven. Páx. 342.
  2. Yahoo Answers (ed.). "What is the maximum distance for the action of the strong nuclear force?" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  3. Facts about Harald Fritzsch: quantum chromodynamics, as discussed in quantum chromodynamics, Enciclopaedia Britannica
  4. Feynman 1985, p. 136.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Christman, J. R.; Project PHYSNET (2001). Michigan State University, ed. "The Strong Interaction" (pdf). MISN-0-280 (en inglés). East Lansing. Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  • Fritzsch, H (1983). Quarks: The Stuff of Matter (en inglés). Basic Books. ISBN 978-0465067817. 
  • Feynman, R.P. (1985). QED: The Strange Theory of Light and Matter (en inglés). Princeton University Press. ISBN 0-691-08388-6. The idiot physicists, unable to come up with any wonderful Greek words anymore, call this type of polarization by the unfortunate name of 'color,' which has nothing to do with color in the normal sense. (Os idiotas dos físicos, incapaces de utilizar calquera das marabillosas palabras gregas, chaman a este tipo de polarización co desafortunat nome de 'cor', que non ten nda que ver coa cor no senso normal.) .
  • Griffiths, David J. (1987). Introduction to Elementary Particles. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-60386-4. 
  • Halzen, Francis; Martin, Alan D. (1984). Quarks and Leptons: An Introductory Course in Modern Particle Physics. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-88741-2. 
  • Kane, Gordon L. (1987). Modern Elementary Particle Physics. Perseus Books. ISBN 0-201-11749-5. 
  • Leutwyler, H. (2012). University of Bern, ed. "H. Leutwyler – Bern On the history of the strong interaction" (PDF). International School of Subnuclear Physics (en inglés). Erice. Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  • Morris, Richard (2003). The Last Sorcerers: The Path from Alchemy to the Periodic Table. Washington, D.C.: Joseph Henry Press. ISBN 0-309-50593-3. 
  • Parker, B (1993). Overcoming some of the problems (en inglés). 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.