Comportamento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
* Perner, L. (2008), Consumer Behaviour. ''University of Southern California, Marshall School of Business.'' Consultado en http://www.consumerpsychologist.com/intro_Consumer_Behavior.html
* Perner, L. (2008), Consumer Behaviour. ''University of Southern California, Marshall School of Business.'' Consultado en http://www.consumerpsychologist.com/intro_Consumer_Behavior.html
* {{cita libro|apelido1=Plomin |nome1=Robert |apelido2=DeFries |nome2=John C. |apelido3=Knopik |nome3=Valerie S. |apelido4=Neiderhiser |nome4=Jenae M. |título=Behavioral Genetics |outros=Shaun Purcell (Appendix: Statistical Methods in Behavioral Genetics) |url=https://books.google.com/books?id=OytMMAEACAAJ |dataacceso=4 de setembro de 2013 |data=24 de setembro de 2012 |editorial=Worth Publishers |isbn=978-1-4292-4215-8 |ref=harv}}
* {{cita libro|apelido1=Plomin |nome1=Robert |apelido2=DeFries |nome2=John C. |apelido3=Knopik |nome3=Valerie S. |apelido4=Neiderhiser |nome4=Jenae M. |título=Behavioral Genetics |outros=Shaun Purcell (Appendix: Statistical Methods in Behavioral Genetics) |url=https://books.google.com/books?id=OytMMAEACAAJ |dataacceso=4 de setembro de 2013 |data=24 de setembro de 2012 |editorial=Worth Publishers |isbn=978-1-4292-4215-8 |ref=harv}}
* Szwacka-Mokrzycka, J. (2015). Trends in consumer behaviour changes. Overview of concepts. ''Acta Scientiarum Polonorum. Oeconomia, 14''(3), 149-156.
* Szwacka-Mokrzycka, J. (2015). ''Trends in consumer behaviour changes. Overview of concepts''. Acta Scientiarum Polonorum. Oeconomia, 14 (3), 149-156.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2018 ás 13:04

Diferentes comportamentos animais.

O comportamento[1] ou conduta é o conxunto de respostas, ben por presenza ou por ausencia, que presenta un ser vivo en relación co seu contorno ou mundo de estímulos. O comportamiento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario, etc. segundo as circunstancias que o afecten. A ciencia que estuda o comportamento animal é a etoloxía e a ciencia que estuda a conduta desde o punto de vista da evolución é a ecoloxía do comportamento. A ciencia que estuda a conduta humana é a psicoloxía, se ben é tamén obxecto de estudo noutras ciencias como a socioloxía e a antropoloxía.

Tipo de comportamento

  • Innatos: son aqueles comportamentos que se teñén desde o nacemento e non requiren unha aprendizaxe específica.
  • Adquiridos: son os que reproducen unha aprendizaxe. Practicaranse ata o punto de que un estímulo desencadea sempre a mesma resposta.

O comportamento humano pode verse condicionado pola xenética (os instintos, sobre todo), a educación recibida, a moral ou a situación onde actúa. O ser humano xulga sempre todo comportamento desde unha vertente ética, a diferenza doutros animais, polo que considera as condutas como aceptables ou non segundo as normas da súa cultura.

Delimitación do termo

O comportamento das especies estúdao a etoloxía, que forma parte tanto da bioloxía coma da psicoloxía experimental. En psicoloxía faise unha distinción importante entre conduta e cognición, pois se ben todos os seres vivos presentan comportamento, non necesariamente todos presentan cognición.

En ciencias sociais considérase que o comportamento vese influído, non só por aspectos psicolóxicos, senón tamén por aspectos xenéticos, sociolóxicos, económicos e culturais.

Na fala común, non así no discurso científico, o termo "comportamento" ten unha connotación definitoria. Unha persoa ou mesmo un grupo social, como suma de persoas, son definidos e clasificados polos seus comportamentos, pode que máis ca polas súas ideas, e isto serve para fixar expectativas ao respecto: "o que se pode esperar". O conxunto de patróns de comportamento máis prototípico e estable dunha persoa ou grupo social, sería o núcleo do que usualmente se denomina personalidade.

Comportamento en psicoloxía

Tecnicamente, en psicoloxía, o comportamento defínese de dous xeitos:

  1. Todo o que un organismo fai fronte ao medio.
  2. Calquera interacción entre un organismo e o seu ambiente.

O comportamento nun ser humano individual (e outros organismos e aínda mecanismos) cae dentro dun rango, sendo algúns comportamentos comúns, algúns infrecuentes, algúns aceptados, e outros fóra dos límites aceptados. A aceptación ou non dun comportamento prodúcese mediante a súa avaliación polas normas sociais, e regúlase por varios medios de control social.

Comportamento en bioloxía

A conduta dun espécime biolóxico está formada por patróns de comportamento estables, mediados pola evolución, resgardada e perpetuada pola xenética. Esta conduta maniféstase a través das súas cualidades adaptadas, dentro dun contexto ou unha comunidade. É un indicador observable, físico dos procesos internos do individuo.

Comportamiento dos sistemas sociais

A estrutura social é o patrón de relacións, posicións e número de persoas que conforman a organización social dunha poboación, sexa xa un grupo pequeno ou toda unha sociedade. As relacións danse sempre que as persoas se implican en patróns de interacción continuada relativamente estables. As posicións (status social) consisten en lugares recoñecidos na rede de relacións sociais que levan aparelladas expectativas de comportamento, chamadas roles. Normas e regras son impostas para garantir que se viva á altura das expectativas do rol social, e se impoñen sancións positivas e negativas para asegurar que se cumpran. As normas e regras son a expresión observable dos valores dun sistema social particular. Os roles, normas e valores deben integrarse nun sistema para que este sexa completamente funcional.

Unha conduta humana considérase formal cando no comportamento se cumpren unha serie de regras recoñecidas como valiosas nunha comunidade ou sociedade. Nas sociedades occidentais, por exemplo, considérase formal ser explícito, determinado, preciso, serio, puntual. Esta palabra ten a súa base na aplicación, principalmente na conduta, que teñen as persoas con respecto aos seus valores.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Comportamento.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Bateson, P. (2017) Behaviour, Development and Evolution. Open Book Publishers, Cambridge. ISBN 978-1-78374-250-9.
  • Cao, L. (2014). Behavior Informatics: A New Perspective. IEEE Intelligent Systems (Trends and Controversies), 29(4): 62-80.
  • Clemons, E. K. (2008). How Information Changes Consumer Behavior and How Consumer Behavior Determines Corporate Strategy. Journal of Management Information Systems, 25(2), 13-40.
  • Dowhan, D. (2013). Hitting Your Target. Marketing Insights, 35(2), 32-38.
  • Flint, Jonathan; Greenspan, Ralph J.; Kendler, Kenneth S. (28 de xaneiro de 2010). How Genes Influence Behavior. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-955990-9. 
  • Perner, L. (2008), Consumer Behaviour. University of Southern California, Marshall School of Business. Consultado en http://www.consumerpsychologist.com/intro_Consumer_Behavior.html
  • Plomin, Robert; DeFries, John C.; Knopik, Valerie S.; Neiderhiser, Jenae M. (24 de setembro de 2012). Behavioral Genetics. Shaun Purcell (Appendix: Statistical Methods in Behavioral Genetics). Worth Publishers. ISBN 978-1-4292-4215-8. Consultado o 4 de setembro de 2013. 
  • Szwacka-Mokrzycka, J. (2015). Trends in consumer behaviour changes. Overview of concepts. Acta Scientiarum Polonorum. Oeconomia, 14 (3), 149-156.