Conservadorismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===

* {{Cita libro|url=https://books.google.pt/books?id=gWHrWq2Kd-UC|título=The Britanica Guide to Political and Social Movements That Changed the Modern World|lingua=inglés|editorial=Britannica Educational Publishing|editor=Campbell, Heather M.|ano=2010|capítulo=2: Conservatism|ISBN =9781615300167|colección=Turning Points in History|ref=CITEREFCampbell2010}}
* {{Cita enciclopedia|enciclopedia=Encyclopædia Britannica|título=Conservatism|nome1= Richard|apelido1= Dagger|nome2=Terence|apelido2=Ball|nome3= Kenneth|apelido3= Minogue|nome4=Peter|apelido4=Viereck |url=https://www.britannica.com/topic/conservatism |dataacesso=19 de outubro de 2017 |lingua=inglés|ref=harv}}
* {{Cita libro|url=http://books.google.pt/books?id=mGBn2fOdp7gC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false |nome=Russel|apelido=Kirk |título=The Conservative Mind from Burke to Eliot|lingua=inglés|edición=7|editorial=Regnery Publishing|ano=2001|isbn= 0-89526-171-5}}
* {{Cita libro|nome=Robert|apelido=Nisbet |título=O Conservadorismo |editorial=Editorial Estampa |ano=1987|ISBN=9789723301526|url=https://felipemaiasilva.files.wordpress.com/2016/05/nisbet-r-o-conservadorismo.pdf|ref=harv}}
* {{Cita libro|nome=Jean|apelido=Touchard|título=História das Ideias Políticas da Revolução Americana ao marxismo|editorial=Publicações Europa América|volume=III|ref=Touchard_3}}
* {{Cita libro|nome=Jean|apelido=Touchard|título=História das Ideias Políticas do Liberalismo aos Nossos Dias|editorial=Publicações Europa América|volume=IV|ref=Touchard_4}}


{{Política}}
{{Política}}

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2018 ás 11:12

O conservadorismo[1] é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. Segundo algunhas definicións, os conservadores procuraron varias veces preservar as institucións, incluíndo a relixión, a monarquía, o goberno parlamentar,[2] os dereitos de propiedade e a xerarquía social, enfatizando a estabilidade e a continuidade, mentres que os elementos máis extremos chamados reaccionarios opóñense ó modernismo e buscan unha volta á "maneira como eran as cousas".[3][2]

O primeiro uso estabelecido do termo num contexto político orixinouse con François-René de Chateaubriand en 1818, durante o período de restauración borbónica que procurou reverter as políticas da Revolución Francesa. O termo, historicamente asociado coa política de dereita, dende entón foi usado para describir unha ampla gama de puntos de vista.[4]

Non hai un único conxunto de políticas que sexan universalmente consideradas como conservadoras, porque o significado de conservadorismo depende do que é considerado tradicional nun determinado lugar e tempo. Deste xeito, conservadores de diferentes partes do mundo, cada un mantendo as súas respectivas tradicións, poden discordar nunha ampla gama de cuestións. Edmund Burke, un político do século XVIII que se opuxo á Revolución Francesa, mais apoiou a Revolución Americana, é acreditado como un dos principais teóricos do conservadorismo na Gran Bretaña da década de 1790.[5] De acordo con Quintin Hogg, Presidente do Partido Conservador británico (Partido Conservador) en 1959, "o conservadorismo non é tanto unha filosofía senón unha actitude, unha forza constante, desempeñando unha función intemporal no desenvolvemento dunha sociedade libre e correspondente a unha esixencia profunda e permanente da propia natureza humana".[6] En contraste coa definición de conservadorismo baseada na tradición, teóricos políticos como Corey Robin definen o conservadorismo principalmente en termos dunha defensa xeral da desigualdade social e económica. Nesa perspectiva, o conservadorismo é menos unha tentativa de defender as institucións tradicionais e máis "unha meditación sobre, e unha interpretación teórica, da experiencia sentida de ter poder, velo ameazado e tentar recuperalo".[7][8]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conservadorismo.
  2. 2,0 2,1 Britannica.com (ed.). "Conservatism (political philosophy)". Consultado o 1 de novembro de 2009. 
  3. Iain McLean and Alistair McMillan, "Conservatism", Concise Oxford Dictionary of Politics, Third Edition, "Ás veces, (conservadorismo) foi unha oposición absoluta, baseada nun modelo de sociedade existente que é considerado certo para todos os tempos. Pode asumir unha forma "reaccionaria", ó reencontrar e tentar reconstruír formas de sociedade que existiron nun período anterior.", Oxford University Press, 2009, ISBN 978-0-19-920516-5
  4. Jerry Z. Muller (1997). Conservatism: An Anthology of Social and Political Thought from David Hume to the Present (en inglés). Princeton U.P. p. 26. ISBN 0691037116. Os termos relacionados co "conservador" encontraron primeiro o seu camiño no discurso político no título do semanario francés, "Le Conservateur", fundado en 1818 por François-René de Chateaubriand coa axuda de Louis de Bonald. 
  5. Frank O'Gorman (2003). Edmund Burke: His Political Philosophy. Routledge. p. 171. ISBN 9780415326841. 
  6. Quintin Hogg Baron Hailsham of St. Marylebone (1959). The Conservative Case. Penguin Books. 
  7. Rooksby, Ed (15 de xullo de 2012). "What does conservatism stand for?". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. 
  8. Robin, Corey (8 de xaneiro de 2012). "The Conservative Mind". The Chronicle of Higher Education. 

Véxase tamén

Bibliografía


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.