Igrexa de San Pedro da Mezquita: Diferenzas entre revisións
m →Galería de imaxes: Arranxos varios + cda |
m Copying from Category:Igrexas románicas de Galicia to Category:Igrexas románicas using Cat-a-lot |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[Categoría:Igrexas da provincia de Ourense|Mezquita San Pedro]] |
[[Categoría:Igrexas da provincia de Ourense|Mezquita San Pedro]] |
||
[[Categoría:Igrexas románicas de Galicia|Mezquita San Pedro]] |
[[Categoría:Igrexas románicas de Galicia|Mezquita San Pedro]] |
||
[[Categoría:Igrexas románicas|Mezquita San Pedro]] |
Revisión como estaba o 4 de outubro de 2018 ás 08:51
Coordenadas: 42°14′12″N 07°52′09″O / 42.23667, -7.86917
A igrexa de San Pedro da Mezquita é un templo católico parroquial. Está situada na Mezquita (A Merca), e foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.
Características
É de planta lonxitudinal e unha soa nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia.
Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita, e a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba dá de mamar os seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastiño, baixo o arco de descarga. A ábsida, dividida por altas columnas, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.
Galería de imaxes
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Igrexa de San Pedro da Mezquita |
-
Igrexa.
-
Igrexa.
-
Portada da igrexa.
-
Cabeceira.
-
Imaxes no contraforte.
-
Porta sur.