Pío IX, papa: Diferenzas entre revisións
Polo modelo Biografía |
m elimino a Categoría:Beatos (Catolicismo); engado a Categoría:Beatos do catolicismo mediante HotCat |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[Categoría:Nados en 1792]] |
[[Categoría:Nados en 1792]] |
||
[[Categoría:Finados en 1878]] |
[[Categoría:Finados en 1878]] |
||
[[Categoría:Beatos |
[[Categoría:Beatos do catolicismo]] |
||
[[Categoría:Cardeais creados por Gregorio XVI]] |
[[Categoría:Cardeais creados por Gregorio XVI]] |
||
[[Categoría:Cardeais de Italia]] |
[[Categoría:Cardeais de Italia]] |
Revisión como estaba o 3 de outubro de 2018 ás 14:44
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
(1875) | |||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (la) Pius PP. IX | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (it) Giovanni Maria Battista Pietro Pellegrino Isidoro Mastai-Ferretti 13 de maio de 1792 Senigallia (Estados Pontificios) | ||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de febreiro de 1878 (85 anos) Palacio Vaticano (Reino de Italia) | ||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) | ||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Tomb of Pius IX (en) | ||||||||||||||||||||||||
Cargos Bispo de Roma | |||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1878) Estados Pontificios | ||||||||||||||||||||||||
Relixión | catolicismo | ||||||||||||||||||||||||
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana | ||||||||||||||||||||||||
Coñecido por | ser o papa n° 255 da igrexa católica | ||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios | ||||||||||||||||||||||||
Ocupación | sacerdote católico (1819–), diplomático | ||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | entre o 1846 e o 1878 | ||||||||||||||||||||||||
Empregador | Igrexa católica | ||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua italiana e lingua latina | ||||||||||||||||||||||||
Orde relixiosa | Orde Franciscana | ||||||||||||||||||||||||
Consagración | Pío VIII, papa | ||||||||||||||||||||||||
Enaltecemento | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Día de festividade relixiosa | 7 de febreiro | ||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||
8 de decembro de 1869 | Concilio Vaticano Primeiro | ||||||||||||||||||||||||
1846 | Conclave de 1846 (pt) | ||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||
Título | Conde | ||||||||||||||||||||||||
Familia | Mastai family (en) | ||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | sen valor | ||||||||||||||||||||||||
Pais | Conte Girolamo Mastai Ferretti (en) e Caterina Solazzi (en) | ||||||||||||||||||||||||
Lista
|
Beato Pío IX tamén coñecido como Pío Nono, nado en Senigallia o 13 de maio de 1792 e finado en Roma o 7 de febreiro de 1878, foi un relixioso italiano, Sumo Pontífice, derradeiro soberano temporal dos Estados Pontificios, bispo de Roma e papa número 255 da Igrexa católica dende o 16 de xuño de 1846 ata a súa morte.
Antes da súa elección, o seu nome era Giovanni Maria Mastai Ferretti. O seu pontificado de 31 anos e medio foi o máis longo da historia da Igrexa católica, exceptuando a tradición de que San Pedro, o apóstolo, estivo a cargo da Igrexa por un período de entre 34 e 37 anos.
Traxectoria
Giovanni Maria Mastai Ferretti naceu no seo dunha familia da nobreza. De mozo, quixo facer carreira na Garda Nobre, pero tras ser rexeitado a causa da súa epilepsia decidiu estudar teoloxía no seminario de Roma. Foi ordenado sacerdote en abril de 1819.
Ó principio, traballou como reitor do Instituto Tata Giovanni ata que foi enviado a Chile e Perú (1823-1825) para axudar ó nuncio apostólico, Monseñor Giovanni Muzi, na primeira misión na Sudamérica posrevolucionaria [1]. Regresou a Roma para dirixi-lo hospital de San Michele (1825-1827) e para ocupa-lo cargo de cóengo de Santa Maria in Via Lata.
En 1827, ós 35 anos de idade, foi nomeado arcebispo de Spoleto. Da súa etapa neste cargo destaca a amnistía que logrou para os que participaron nunha fallida revolución que en 1831 se estendera a aquela cidade. Este feito fíxolle gañar fama de liberal. Ó ano seguinte dese suceso, foi trasladado á prestixiosa diocese de Imola, onde foi nomeado cardeal in pectore en 1839. En 1840, foi proclamado publicamente cardeal presbítero de Santi Pietro e Marcellino. Segundo os historiadores, o cardeal Mastai Ferretti foi considerado un liberal durante o seu episcopado en Spoleto e Imola porque apoiaba a reforma administrativas nos Estados Papais e simpatizaba co movemento nacionalista en Italia.
Elección papal
O conclave de 1846, que seguiu á morte de Gregorio XVI, tivo lugar nun momento de ambiente político inestable en Italia. Isto motivou que varios cardeais estranxeiros decidisen non asistir ó conclave. Ó seu comezo, só estaban presentes 46 dos 62 cardeais.
Ademais, o conclave de 1846 foi escenario dunha división entre conservadores e liberais. Os conservadores apoiaban ó cardeal Luigi Lambruschini, o secretario de Estado de Gregorio XVI. Os liberais, en cambio, apoiaban a dous candidatos: o cardeal Gizzi e o cardeal Mastai Ferretti. Na primeira votación, Mastai Ferretti obtivo quince votos e os demais votos foron para Lambruschini e Gizzi. Moitos pensaban que se Lambruschini non resultaba elixido, seríao Gizzi con toda probabilidade.
Chegado o conclave a un punto morto a causa do desacordo, os liberais e moderados decidiron votar por Mastai Ferretti - unha manobra que foi contraria ó sentir xeral de boa parte de Europa. O segundo día do conclave, o 16 de xuño de 1846, Mastai Ferretti foi elixido papa cunha maioría de 36 votos, mentres que Lambruschini só obtivo dez; Gizzi non recibiu ningún voto. Dado que era de noite, non se realizou ningún anuncio formal agás a fumata branca. Moitos católicos asumiron que Gizzi fora escollido como sucesor de San Pedro. De feito, empezou a haber celebracións na súa cidade natal e os seus axudantes, de acordo cunha antiga tradición, queimaron as súas vestiduras cardinalicias.
Á mañá seguinte, anunciouse a elección do cardeal Mastai Ferretti ante o que debeu de ser unha sorprendida multitude de católicos. Por suposto, cando o novo papa apareceu no balcón, o clima foi de xubilo. Mastai Ferretti escolleu o nome de Pío IX en honra de Pío VII.
Pío IX foi coroado o 21 de xuño e nomeou a Gizzi secretario de Estado. Os liberais europeos aplaudiron a súa elección como Sumo Pontífice.
Papado
Pío IX tiña fama de ser un home culto e de ideas liberais. Cando saíu elixido, proclamou amnistía para os presos con delitos políticos e instituíu a Consulta, un órgano consultivo de representación popular que garantía máis liberdade para os cidadáns dos Estados Pontificios.
Durante as revolucións de 1848 en Roma proclamouse a República e o Papa tivo que fuxir de Roma disfrazado de monxe. Cando os seus territorios lle foron restituídos polos franceses e volveu animado por propósitos menos liberais.
Os seguintes actos que levo a cabo, tanto políticos como relixiosos foron encamiñados a salva-los Estados Pontificios, ameazados pola unificación dos territorios italianos que estaba levando a cabo o reino de Piemonte; en particular hai que destaca-la proclamación do dogma da Inmaculada Concepción, a convocatoria do Concilio Vaticano Primeiro, onde se proclamou a infalibilidade papal.
O esforzo de Pío IX foi en van. En 1870 o exército piemontés entrou en Roma.
Pío IX negouse a recoñece-lo reino de Italia, a establecer relacións diplomáticas con el e excomungou ó rei. Os últimos anos do seu pontificado viviunos en condicións de illamento nos palacios do Vaticano, ata a súa morte en 1878.
Foi beatificado polo Papa Xoán Paulo II en 2000.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pío IX, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |