Paio, mártir: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Notas e véxase tamén
Magus (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''San Paio Mártir''' ([[Albeos, Crecente|Albeos]], [[Crecente]], [[911]] -[[Córdoba]], [[26 de xuño]] de [[925]]) foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de [[Abderramán III]] e canonizado posteriormente pola [[Igrexa Católica]], como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte a [[homosexualidade]].
'''San Paio Mártir''' ([[Albeos, Crecente|Albeos]], [[Crecente]], [[911]] -[[Córdoba]], [[26 de xuño]] de [[925]]) foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de [[Abderramán III]] e canonizado posteriormente pola [[Igrexa Católica]], como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á [[homosexualidade]].


O seu día no santoral católico é o [[26 de xuño]]
O seu día no santoral católico é o [[26 de xuño]]

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2007 ás 16:19

San Paio Mártir (Albeos, Crecente, 911 -Córdoba, 26 de xuño de 925) foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa Católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.

O seu día no santoral católico é o 26 de xuño

Martirio e morte

Seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio, bispo de Tui. Éste foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentras que Paio quedaba en calidad de refén.

Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requeriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.

Súa haxiografía reflexa que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fora pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fora tentado por Abderramán III para que se convertira ó Islam, que rexeitou con vehemencia: Sí, ou, rei, son cristían. Funo e sereino pola gracia de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[1]

Veneración

O martirio en defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do séxulo XI, no que os reinos cristiáns interverían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro benedictino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Don Pelayo, primeiro rei de Asturias.

Santo patrón

San Paio Mártir é santo patrón de:

  • Seminario Menor de Tui;
  • Villanueva Matamala, Morales del rey, etc.
  • Asimesmo son moitos os pobos e lugares de Galicia e de España que levan o nome de San Paio ou seu equivalente castelán San Pelayo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas