Diferenzas entre revisións de «Husky siberiano»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arranxos de lingua.
(Arranxos de lingua.)
O husky siberiano é un can moi atento, servizal e cariñoso, pois sempre está disposto a compracer o seu amo, e a pesar de que está acostumado a vivir en manda, desenvolve un vínculo co dono ou a familia coa que convive. Así que o dono dun husky debe ter o carácter suficiente para poder dominar o can, e á vez darlle o cariño suficiente para obter o seu respecto. Tamén, por outra parte, é un can un pouco testán, algo orgulloso e bastante independente.
 
É un can robusto e ten aires de [[lobo gris]]. O seu ladrido, ade diferenzaxeito diferente ao doutros cans que adoitan ser chillónsestridentes e molestos, é toscorudo e curto; e ás veces ouveo. É un can que rara vez ladra ou morde, senón que protexe cunha gran intimidación. Demostra unha gran felicidade estando en canzada e sempre prevalece un macho alfa; aínda cando só se trate de dous cans, un dos dous demostrará ser o dominante. Non é recomendable que vivan en soidade posto que precisan de moito afecto. Ao seren cans con moita resistencia, poden percorrer moitos quilómetros, o que fai difícil encontralos en caso de extravío, polo que non é recomendable deixar correr ao husky sen supervisión.
 
=== Coidados ===
O husky require dun cepillado diario xa que a súa pelaxe é unha protección ante as inclemencias do tempo, e non necesita perdela até que chegan os períodos estivais nos que realiza a muda e perde a capa interna de pelo, ficando só coa capa superficial, a cal variará lixeiramente a súa tonalidade até que volva repoñer toda a súa pelaxe de cara aos períodos invernais ou máis fríos. Durante a época de muda é cando hai que realizar os cepillados máis continuos xa que lle axudaremos ao can a que a muda se realice antes. Ao contrario do que se pensa, o husky é unha raza que se adapta bastante ben á calor xa que a muda de pelo fai que durante os meses de calor só teña a capa de pelo externa ao igual que calquera outra raza de can. Non é estraño ver un husky estomballado ao sol en pleno verán.
 
Outro dos falsos mitos sobre o husky é que precisa correr moito todos os días, só o necesitará se é un can dedicado á competición. Un husky criado nun entornoambienbte familiar só terá as necesidades propias da vida que levou, sendo recomendable que diariamente pasee e se é posible corra xa que será beneficiario para a saúde do can.
 
Non é un can que enferme con facilidade, mais aconséllase, aínda que estea acostumado a baixas temperaturas, a non bañalo con auga fría se non fai calor, pois podería arrefriarse.
O husky come de todo: produtos lácteos, carnes e ósos de calquera tipo, pescados, froitas e verduras. As necesidades alimenticias varían segundo o tamaño e o sexo: nos machos, en ración de mantemento van de 1.250 a 1.500 kcal diarias. Nas femias de 1.050 a 1.350. Estes valores considéranse suficientes para os exemplares que viven nun clima temperado e que non están sometidos a traballo de tiro.
 
OA subministrosubministración de complexos mineral-vitamínicos en determinados estados fisiolóxicos (cachorros, estado de xestación, lactancia) é de extrema importancia para un normal desenvolvemento físico. Non debe esquecerse tampouco complementar a dieta con aceites vexetais ricos en ácidos graxos insaturados. Tanto as vitaminas como os minerais, os aceites vexetais e todos os compoñentes alimenticios, non deben subministrarse nunca en doses excesivas.
 
== Saúde ==
23.472

edicións

Menú de navegación