Diferenzas entre revisións de «Manuel Comneno Ducas»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios
Etiqueta: edición de código 2017
m (Arranxos varios)
Manuel foi o fillo lexítimo do ''sebastocrátor'' Xoán Ducas. Foi así un primo irmán do emperador [[Isaac II Anxo]] e [[Aleixo III Anxo]], e irmán de [[Miguel I Comneno Ducas]] e Teodoro Comneno Ducas de [[Despotado de Epiro|Epiro.]] Probabelmente despois de 1225 ou 1227 déuselle o título de ''déspota'' como ao seu irmán, Teodoro. Case ao mesmo tempo casou, se cadra coa súa segunda esposa, María Asenina Comnena, a filla ilexítima de Iván Asen II de [[Bulgaria]], o que axudou a cimentar a alianza do seu irmán con este país.
 
Despois da derrota e captura do seu irmán Teodoro por parte dos [[Pobo búlgaro|búlgaros]] na Batalla de Klokotnitsa en 1230 a Manuel foille permitido por Iván Asen II gobernar sobre [[Tesalónica]] e os seus arredores co título de ''déspota.'' Nun momento dado Manuel tratou de establecer contactos co [[Papa|Papado]]do, pero en 1232 a longa ruptura co Patriarcado Oriental en [[Imperio de Nicea|Nicea]] foi finalmente remediada.
 
Manuel gobernou pacificamente até 1237, cando o seu sogro viúvo Iván Asen II casou con Irene, a filla do cativo Teodoro. Neste punto, Teodoro e os seus fillos foron liberados do cativerio e decidiron recuperar o goberno de Tesalónica. Manuel non tivo éxito en buscar o apoio do príncipe Godofredo II de Villehardouin de [[Principado de Acaia|Acaia]], e viuse obrigado a fuxir a [[Anatolia|Asia Menor]].
 
Despois dunha tempada entre os [[Dinastía selxúcida|selxúcidas]] de [[Sultanato do Rum|Rüm]] e en Nicea, Manuel regresou a [[Grecia]] co apoio niceno en 1239 e capturou varias fortalezas incluíndo [[Lárisa|Larisa]] e Farsalia do fillo de Teodoro Xoán Comneno Ducas, establecéndose como gobernante de [[Tesalia|Tesalia.]]. Teodoro e Xoán tiveron que acceder a dividir as terras da familia. Cando Manuel morreu ao redor de 1241, o territorio pasou a mans do seu outro sobriño, Miguel II Comneno Ducas de Epiro.
 
== Matrimonio e descendencia ==
* K. Varzos, ''Ē genealogia tōn Komnēnōn'', (Thessalonica, 1984), vol. 2, 637-656 {{el}}.
{{déspotas de Epiro}}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Déspotas do Epiro]]
[[Categoría:Nados no século XII]]
393.002

edicións

Menú de navegación