Franz Stock: Diferenzas entre revisións
engado táboa |
|||
Liña 6: | Liña 6: | ||
Nado nunha familia obreira, realizou estudos filosóficos e teolóxicos en Paderborn. En [[1926]] participa no Congreso democrático internacional pola Paz, nun contexto de belicismo e ascenso de réximes autoritarios. En [[1932]] foi ordenado sacerdote. |
Nado nunha familia obreira, realizou estudos filosóficos e teolóxicos en Paderborn. En [[1926]] participa no Congreso democrático internacional pola Paz, nun contexto de belicismo e ascenso de réximes autoritarios. En [[1932]] foi ordenado sacerdote. |
||
En [[1934]] é nomeado reitor da misión católica |
En [[1934]] é nomeado reitor da misión católica alemá en París, pero co estoupido da [[Segunda Guerra Mundial]] debe retornar a [[Alemaña]]. |
||
Tras a ocupación |
Tras a ocupación alemá de [[Francia]] volve a París. Preocupado pola represión nazi, comeza a visitar as prisións de Fresnes, La Santé e Cherche Midi. Recibe a encomenda de atender aos condanados a morte polo que é dos poucos non integrados no aparello militar ou nazi que se move con certa liberdade polas prisións onde se ateigaban os represaliados pola ocupación. Comeza así un labor clandestino de asistencia aos prisioneiros e de posta en contacto coas súas familias e amigos arriscando a súa propia vida; filtra información, mesmo memorizando as mensaxes, que impiden novas represións e evita máis detencións e torturas. Prepara os testimuños nos xuízos que consiguen atenuar as penas. |
||
Cando as forzas estadounidenses liberan París en [[1944]], é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de [[Orleáns]]. |
Cando as forzas estadounidenses liberan París en [[1944]], é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de [[Orleáns]]. |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
En [[1947]] é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Friburgo. |
En [[1947]] é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Friburgo. |
||
Na celebración do cincuenta aniversario da súa morte participaron o Presidente do Senado francés René Morony e o chanceler da [[Alemaña do Oeste|República Federal |
Na celebración do cincuenta aniversario da súa morte participaron o Presidente do Senado francés René Morony e o chanceler da [[Alemaña do Oeste|República Federal Alemá]] [[Helmut Kohl]]. |
||
Está en marcha o proceso de beatificación. |
Está en marcha o proceso de beatificación. |
Revisión como estaba o 24 de setembro de 2018 ás 12:52
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2012.) |
Franz Stock | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1904 |
Lugar de nacemento | Neheim |
Falecemento | 24 de febreiro de 1948 |
Lugar de falecemento | XIV Distrito de París |
Soterrado | église Saint-Jean-Baptiste de Chartres |
Nacionalidade | Imperio Alemán, República de Weimar e Reich alemán |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Instituto Católico de Paris |
Ocupación | teólogo, sacerdote católico, Capelão militar e activista pola paz |
Premios | honorary doctor of the University of Freiburg |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Franz Stock, nado o 21 de setembro de 1904 en Neheim-Hüsten, Renania do Norte-Westfalia e finado o 24 de febreiro de 1948 en París, foi un sacerdote católico coñecido por auxiliar aos prisioneiros franceses na represión nazi en París.
Traxectoria
Nado nunha familia obreira, realizou estudos filosóficos e teolóxicos en Paderborn. En 1926 participa no Congreso democrático internacional pola Paz, nun contexto de belicismo e ascenso de réximes autoritarios. En 1932 foi ordenado sacerdote.
En 1934 é nomeado reitor da misión católica alemá en París, pero co estoupido da Segunda Guerra Mundial debe retornar a Alemaña.
Tras a ocupación alemá de Francia volve a París. Preocupado pola represión nazi, comeza a visitar as prisións de Fresnes, La Santé e Cherche Midi. Recibe a encomenda de atender aos condanados a morte polo que é dos poucos non integrados no aparello militar ou nazi que se move con certa liberdade polas prisións onde se ateigaban os represaliados pola ocupación. Comeza así un labor clandestino de asistencia aos prisioneiros e de posta en contacto coas súas familias e amigos arriscando a súa propia vida; filtra información, mesmo memorizando as mensaxes, que impiden novas represións e evita máis detencións e torturas. Prepara os testimuños nos xuízos que consiguen atenuar as penas.
Cando as forzas estadounidenses liberan París en 1944, é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de Orleáns.
En 1947 é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Friburgo.
Na celebración do cincuenta aniversario da súa morte participaron o Presidente do Senado francés René Morony e o chanceler da República Federal Alemá Helmut Kohl.
Está en marcha o proceso de beatificación.