Ceftazidima: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Medicamento |imaxe=ceftazidime.svg}} '''Ceftazidima''' é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalospori..."
 
Silverfox (conversa | contribucións)
m engado pequeno aviso coa asociación con avibactam
Liña 1: Liña 1:
{{Medicamento
''Non confundir con [[ceftazidima/avibactam]].''{{Medicamento
|imaxe=ceftazidime.svg}}
|imaxe=ceftazidime.svg}}
'''Ceftazidima''' é un [[antibiótico]] [[Antibiótico beta-lactámico|beta-lactámico]] pertencente á terceira xeración de [[cefalosporina]]s. En [[España]] foi comercializada baixo o nome de ''Fortam'', noutros países ''Fortaz''.
'''Ceftazidima''' é un [[antibiótico]] [[Antibiótico beta-lactámico|beta-lactámico]] pertencente á terceira xeración de [[cefalosporina]]s. En [[España]] foi comercializada baixo o nome de ''Fortam'', noutros países ''Fortaz''.

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2018 ás 02:10

Non confundir con ceftazidima/avibactam.

Ceftazidima
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Ceftazidima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Fortam, noutros países Fortaz.

Espectro de acción

Ceftazidima é un antibiótico de amplo espectro, que presenta actividade fronte moitas especies bacterianas, nas que se inclúen:

Grampositivos

Gramnegativos

Anaerobios

Non obstante, ceftazidima non posúe actividade significativa fronte a Enterococcus, Clostridium difficile, Listeria monocytogenes e Campylobacter[1].

Indicacións clínicas

En España, a axencia española de medicamentos, aprobou ceftazidima para as seguintes indicacións clínicas:

  • Sepse, incluindo pacientes inmunodeprimidos
  • Infeccións respiratorias.
  • Infección urinaria.
  • Infección abdominal, incluindo a patoloxía biliar e a peritonite
  • Infección xinecolóxica
  • Infección de pel e partes blandas
  • Infección ósea ou articular

Dosificación

Unicamente existe solución inxectable (intramuscular ou intravenosa). A dose oscila entre 1 ou 2 gramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe ser axustada en poboación pediátrica e en insuficiencia renal crónica (filtrado menor de 30)[2].

Embarazo e lactancia

Ceftazidima pertence á categoría B da FDA. Escrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución no seu uso[3].

Interaccións medicamentosas

Incompatible na mesma solución con vancomicina e aminoglicósidos.

Efectos secundarios

Semellantes ao resto das cefalosporinas. Destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea, incluindo a colite pseudomembranosa.

Notas

  1. "Ficha técnica de "ceftazidima" da AEMPS" (PDF) (en Castelán). Consultado o 17 setembro 2018. 
  2. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  3. "Ficha técnica de "ceftazidima" da FDA" (PDF) (en inglés). Consultado o 17 setembro 2018.