Arteixo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
os montes son montes e forman parte do patrimonio xeográfico do concello, con independencia do fenómeno turístico
Liña 229: Liña 229:
* Meicende: Dispón dunha zona axardinada, parque infantil e un paseo peonil que bordea o encoro.
* Meicende: Dispón dunha zona axardinada, parque infantil e un paseo peonil que bordea o encoro.
* Os Barreiros: situada na parroquia de Monteagudo, é un espazo amplo cunha grande área verde na que gozar do aire libre.
* Os Barreiros: situada na parroquia de Monteagudo, é un espazo amplo cunha grande área verde na que gozar do aire libre.

== Praias ==
{{AP|Praias de Arteixo}}
O litoral do concello conta coas praias de:
* [[Praia de Barrañán|Barrañán]]: A súa extensión é de 1.100 m por 20 m de longo. O nivel medio de ocupación é alto. É unha praia semiurbana con paseo marítimo, galardoada coa bandeira azul, principalmente composta por area branca. O estado habitual do mar é de ondada forte e é ventosa.<ref>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/barranan.html |título=Barrañán |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150923174250/http://www.arteixo.org/lecer/praias/barranan.html |dataarquivo=23 de setembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref>
* [[Praia das Combouzas|Combouzas]]: Está ao lado da praia de Barrañán. É unha praia de area branca e semiurbana, [[praia nudista|nudista]] e con paseo marítimo. Conta con bandeira azul. O nivel de ocupación é alto. A súa extensión é de 300 m por 30 m de largo. Adoita estar con ondada moderada e é ventosa.<ref>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/combonzas.html |título=As Combouzas |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150923174252/http://www.arteixo.org/lecer/praias/combonzas.html |dataarquivo=23 de setembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref>
* Suevos Grande: A súa extensión é de 145 m de longo por 15 metros de largo. O nivel medio de ocupación é medio. É unha praia semiurbana sen paseo marítimo principalmente composta por area branca. O estado habitual do mar é de ondada moderada. Está nunha zona de deposición de augas industriais. No lugar de Suevos están ademais as praias de Augadoce e Area Pequena de Suevos.<ref name=salsa/>
* Porto Chas: A súa extensión é de 90 m de longo por 1 m de largo. O nivel medio de ocupación é baixo. É unha praia semiurbana sen paseo marítimo e principalmente composta por rochas. O estado habitual do mar é de onddada moderada. Carece de area polo que a afluencia de bañistas e practicamente nula.
* Valcobo ou Area Grande: Esta praia é de area moi fina e está rodeada por un arco de cantís rochosos. Conta con cámpings e restaurantes á beira.<ref>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/valcovo.html |título=Area Grande |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130813013941/http://www.arteixo.org/lecer/praias/valcovo.html |dataarquivo=13 de agosto de 2013 |urlmorta=si }}</ref>
* Area Pequena ou A Hucha: Praia illada, con paseo marítimo, e que está ao carón da praia de Valcobo. Ten unha forte ondada, co cal non é axeitada para o baño, pero si para percorrer o seu litoral. Os estratos da praia son bolos e rochas brancas. A súa extensión é de 95 metros por 15 metros de largo. O nivel medio de ocupación é alto.<ref>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/valcovito.html |título=Area Pequena |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130814113024/http://www.arteixo.org/lecer/praias/valcovito.html |dataarquivo=14 de agosto de 2013 |urlmorta=si }}</ref><ref>[http://www.turismo.gal/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=10267 Area Pequena - A Hucha]</ref>
* Repibelo: É unha praia pequena e illada con cantís. É de augas limpas e axeitada para a práctica do surf. A súa extensión é de 145 metros por 15 metros de largo. O nivel medio de ocupación é medio. O estado habitual do mar é de ondada moderada. Nas súas proximidades está a praia da Salsa<ref name=salsa>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/repibelo.html |título=Salsa e Repibelo |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160403122520/http://www.arteixo.org/lecer/praias/repibelo.html |dataarquivo=03 de abril de 2016 |urlmorta=si }}</ref>
* Santa Irene: É unha pequena cala de area branca. É semiurbana e non ten paseo marítimo. A súa extensión é de 180 metros de lonxitude por 25 metros de largura. O nivel de ocupación é medio. O estado habitual do mar é de ondada moderada, e é ventosa.
* Alba ou Sabón: É unha praia ao lado do porto exterior de Punta Langosteira, en Oseiro, con vistas á central térmica de Sabón. A súa extensión é de 800 metros de longo por 30-50 metros de largo. É unha praia para a práctica do surf e kitesurf. O nivel de ocupación é medio e está composta principalmente por area branca. O estado habitual do mar é de ondada forte.<ref>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/sabon.html |título=Alba ou Sabón |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130814113018/http://www.arteixo.org/lecer/praias/sabon.html |dataarquivo=14 de agosto de 2013 |urlmorta=si }}</ref>
* O Reiro: Está situada a escasos metros da praia de Barrañán. Presenta as condicións máis adecuadas para o baño, mais é pouco frecuentada.<ref>{{Cita web |url=http://www.arteixo.org/lecer/praias/raeiro.html |título=O Reiro |data-acceso=20 de xullo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160403044659/http://www.arteixo.org/lecer/praias/raeiro.html |dataarquivo=03 de abril de 2016 |urlmorta=si }}</ref>

Todas as praias de Arteixo están unidas pola senda peonil de 6,6&nbsp;km do [[Lugar de importancia comunitaria|LIC]] [[Costa da Morte]], que discorre desde [[Sabón, Oseiro, Arteixo|Sabón]] ao Reiro. Conta co distintivo «Senda Azul» que outorga a Asociación de Educación ambiental e do consumidor (ADEAC-FEE).<ref>[http://www.turismoarteixo.com/es/rutas/senda-azul.html Senda Azul]</ref>


== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2018 ás 20:58

Coordenadas: 43°18′17″N 08°30′16″O / 43.30472, -8.50444

Arteixo
Logo de Arteixo
Escudo de Arteixo
Casa do concello
Situación
Xentilicio[1]arteixán/arteixá
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación33.516 hab. (2023)[2][3]
Área95,9 km²[3]
Densidade349,49 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Capital do concelloArteixo
Política (2015)
AlcaldeCarlos Calvelo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 13
PSdeG-PSOE: 4
Outros: TEGA 2
Eleccións municipais en Arteixo
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes40,19%
Na rede
www.arteixo.org
editar datos en Wikidata ]

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán»[6].

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Xeografía

Praia de Sabón en Oseiro.

Situación

Arteixo limita cos concellos da Coruña, Culleredo, A Laracha e Carballo. A súa costa está bañada polo Atlántico.

Orografía

Arteixo ten un relevo pouco uniforme: hai vales de diferente tipo con montes de diversas alturas. Nos montes de Monteagudo destaca A Estrela (297 metros), Monte Alto (285 m) e Pedra Arcela (277 m). A serra de Santa Locaia resgarda o val de Loureda polo oeste. Alí están o Coto da Anta (385 m), a Pedra dos Bañadoiros (380 m) e o Coto de Santa Locaia (370 m).

Dos núcleos poboacións montañosos, destaca Monticaño por ser usado noutrora como fortaleza militar. Reconverteuse na área recreativa de Monticaño. Outra zona de montaña é o couto do Monte Súbico, de Loureda. Súbico provén do derivado su, da preposición latina sub 'so' ou 'ao pé de', e mais bico, de raíz celta picc-/becc 'punta de pedra' ou 'cume no monte'. O couto de Súbico ten tres divisións: Lañas, Arteixo, e Loureda. Desde o seu este albíscase a panorámica do atlántico.

O Monte do Bernal acolle os lugares de Fonte e Marco de Bernal. Facía o linde das parroquias de Armentón, Larín e Lañas. Porén, coa construción da autoestrada desapareceron. O topónimo de Bernal procede do nome persoal Bernaldo, de orixe xermánica e que conta coa raíz bern 'oso'.

O Monte da Xesta divide Larín de Armentón. Vai á Fonte Loureira, por debaixo das Casas Novas. O topónimo procede do latín gĕnĕsta.

O Monte de Angra pertence á parroquia de Barrañán. No seu cume están os deslindes das parroquias de Barrañán, Arteixo e Lañas.

Hidrografía e áreas forestais

Entre as paraxes naturais destacadas están o encoro do Rexidoiro, unha reserva ornitolóxica, e a fraga de Sisalde, onde hai un muíño antigo.

O encoro de Rexidoiro atópase no polígono industrial de Sabón. É un pantano de orixe artificial que antigamente se usaba para abastecer de auga ás industrias do polígono e da central térmica de Sabón. Agora utilízase como espazo para que aniñen distintas especies de aves durante a súa migración, xa que é para elas un sitio tranquilidade para a cría e con alimentos. No encoro obsérvanse varias especies de aves acuáticas e terrestres.

A Fraga de Sisalde está situada na parroquia de San Xián de Barrañán. É un bosque típico galego con carballos, castiñeiros, ameneiros e salgueiros á beira do río Sisalde que desemboca no areal de Barrañán.

Litoral

Algúns espazos, como o de Sorrizo, son aproveitados para a pesca local ou para embarcacións tradicionais. As principais praias son a de Barrañán e a praia de Alba, en Sabón. É unha costa con facilidades de avistar aves de costa ou migratorias e cetáceos.

Cabos

Os cabos e puntas da costa de Arteixo son:

  • O cabo Llol
  • O cabo Xancán
  • A punta Percebeira
  • Na península de Punta Langosteira sitúanse o cabo Cociñadoiro, a punta Pariñeira, o cabo Armón, a punta Malveira e a Boleira de Antos
  • A Punta de Augadoce
  • A Punta Regueiro

Demografía

No 2015, Arteixo contou cunha poboación de 30.950 habitantes, 1.402 de orixe estranxeira. A idade media situouse nos 42 anos. No 2014 a poboación mostrou un saldo vexetativo positivo: foi de 90 persoas, ao haber 195 mortes e 285 nacementos. O número de afiliados á seguridade social foi de 13.000. A industria empregou 3.527 persoas, a construción 1.133, a agricultura e a pesca 177 e os servizos 9.291. Nese ano houbo 2976 persoas sen emprego. O número de alumnos no sistema non universitario foi de 3.710 [7].

Censo total 2015 30.950 habitantes
Menores de 15 anos 5.035 (16,26 %)
Entre 15 e 64 anos 21.418 (69,20 %)
Maiores de 65 anos 4.497 (14,52 %)
Arteixo. Gráfica de poboación dende 1900 a 2015.
División menor: 1.000 habitantes.
Fontes: Instituto Nacional de Estadística[8] e Instituto Galego de Estatística.[9]

Historia

O campamento costeiro do Reiro, Chamín, ten pegadas dunha comunidade mesolítica (10.000 - 5.000 a. C.). Neste sitio arqueolóxico atopáronse materiais de industria lítica, como cuarzo e cristal de rocha, ao aire libre. Tamén se atoparon restos de cervos, xabaríns ou raspas de peixes. Téñense documentados petróglifos como o de Borroa.

En 1981 foron catalogados no concello os seguintes castros:[10][11]

Luís Monteagudo atopou indicios de prospeccións mineiras anteriores e da época e romana. En Rorís (Armentón) atopou seis machados dos chamados de tope.

Existen indicios de que unha vía romana. O camiño medieval que pasa por Lendo (A Laracha), era o principal camiño máis antigo que ía dende A Coruña ata Bergantiños. Desde esta parroquia o camiño penetraba no concello de Arteixo polo monte da Estrela, onde quedan os restos dunha capela.

A mención documental máis antiga ao topónimo de Arteixo dáse nun documento do tombo do mosteiro de Celanova, datado o 26 de setembro do ano 942: "in Faro, ex dato tie mee domne Gunterodis, Artasio".

Lucas Álvarez recolle no seu libro San Paio de Antealtares, Soandres e Toques, tres conventos medievais galegos un documento do 25 de marzo do 1182 onde dona Urraca González, con licenza do seu home don Froilán Ramírez e do seu irmán o conde don Gómez, concerta co convento de Alteares para a cesión de por vida do convento de Cambre e outras igrexas: “Et mosteiro trado mosteiro de Moralibus cum suo cauto et hereditatibus et seruitialibus et familia, sicut eam ganauimus ego er unir meus”.

Existe unha importante representación do románico a través de igrexas como as de Santaia de Chamín ou Santa Mariña de Lañas. A arte románica tamén se percibe no estilo da ponte dos Brozos, situada na parroquia de Santiago de Arteixo. Atravesa o río Bolaños e trátase dunha obra de dous arcos con contrafortes no medio deles e un lixeiro peralte, con ramplas de acceso e calzada orixinal. Consérvase en bo estado e pertencería á Vía XX.

No século XVIII constrúese o balneario, hoxe rehabilitado, no que o Xeneral Porlier, asinará en setembro de 1815, o levantamento constitucional polo que será publicamente executado poucos días máis tarde, no Campo da Leña da Coruña.[12]

No concello de Arteixo naceron ou viviron persoeiros como Manuel Murguía, Dora Vázquez, Arsenio Iglesias, Andrés Rojo del Cañizal e Manuel María Puga Parga, "Picadillo".

Economía

A economía de Arteixo estivo marcada pola creación do polígono de Sabón[13]. Actualmente teñen nel a súa sede empresas como Bonilla a la vista, Leyma, Teais, o grupo Inditex, La Voz de Galicia, a fábrica de FerroAtlántica ou a Central Térmica de Sabón. Foi oficialmente inaugurado o 14 de agosto de 1965 despois de que Franco autorizase á Deputación Provincial a expropiar os terreos para o asentamento industrial. O proceso de expropiación comezou o 25 de xaneiro de 1966 e expropiou 1500 leiras rústicas e 150 vivendas.

Os outros dous polígonos industriais situados no concello son o Polígono de Morás e o Porto Exterior de Punta Langosteira. A Refinería da Coruña é outra empresa importante situada entre Arteixo e A Coruña.

O concello pola súa extensión e orografía ten unha importante base forestal e do agro, plantacións de eucaliptos e piñeiros nas zonas montañosas e un número importante de explotacións agrarias por todo o concello. Outro sector importante son as explotacións mineiras como canteiras a ceo aberto.

Xeografía

O litoral de Arteixo conta cunha ducia de cabos e praias. A zona costeira do concello conta con paseos marítimos, zonas peonís, parques e carrís bicicleta.

No centro de Arteixo existe un paseo fluvial á beira do río Bolaños. Esténdese dende a parroquia de Loureda ata a Ponte do Va, o polígono industrial de Sabón e o muíño do Rañal. Ten zonas axardinadas nas dúas marxes do río Bolaños e zonas de descanso.

No concello de Arteixo tamén se poden atopar miradoiros:

  • Monte de Santa Locaia: É un miradoiro natural situado na parroquia de Loureda, Arteixo e Oseiro.
  • Monte de O Cruceiro: Está situado na parroquia de Pastoriza preto da igrexa da Nosa Señora de Pastoriza.
  • Monte de Agra: Está situado na parroquia de Barrañán no lugar do Galo. Dende o seu cume pódense ver Barrañán, Chamín, Valcobo, o porto de Langosteira en Suevos e tamén o interior do concello, conseguindo coñecer dende arriba toda a súa xeografía e lugares de interese.

Existen tamén as seguintes áreas recreativas:

  • Monticaño: situada en Pastoriza, ten zona axardinadas con paseos peonís. É un lugar con vistas ao mar e a Arteixo que foi unha antiga base militar da que se conservan edificios e canóns que recordan tempos pasados.
  • Seixedo: sitúase nas marxes do río Seixedo, entre o lugar de Ponte e a rotonda do Seixedo. Conta cun parque infantil, campo de fútbol, áreas axardinadas e un paseo peonil pola beira do río.
  • Meicende: Dispón dunha zona axardinada, parque infantil e un paseo peonil que bordea o encoro.
  • Os Barreiros: situada na parroquia de Monteagudo, é un espazo amplo cunha grande área verde na que gozar do aire libre.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arteixo.

Parroquias

Mapa das 13 parroquias de Arteixo.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arteixo

Armentón (San Pedro) | Arteixo (Santiago) | Barrañán (San Xián) | Chamín (Santaia) | Lañas (Santa Mariña) | Larín (Santo Estevo) | Loureda (Santa María) | Monteagudo (San Tomé) | Morás (Santo Estevo) | Oseiro (San Tirso) | Pastoriza (Santa María) | Sorrizo (San Pedro) | Suevos (San Martiño)

Lugares de Arteixo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arteixo vexa: Lugares de Arteixo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Arteixo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Información municipal. Sociedade e Poboación de Arteixo, A Coruña. Instituto Galego de Estatística.
  8. Páxina do INE.
  9. Páxina do IGE.
  10. O noso patrimonio, castros de Galiza. Arteixo
  11. BOP da Coruña, núm 69 páx 3918, 26 de marzo de 2008 catálogo do patrimonio artístico e cultural, aprobado en pleno 8-4-96.
  12. "Cuando Porlier se fue de baños". La Opinión Coruña (en castelán). 14/10/2011. 
  13. "Concello de Arteixo. Historia". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 18 de maio de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.