Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
== Historia e relevancia ==
A Biblia aprobada pola [[Igrexa católica]] contén 73 libros, isto é, 7 libros a máis que as Biblias non católicas. Eses son os ditos libros [[Deuterocanónicos]], que, segundo unha perspectiva non católica, se chaman apócrifos. Os libros deuterocanónicos son os seguintes: [[Tobías]], [[Libro de Xudit|Xudit]], [[I Macabeos]], [[II Macabeos]], [[Sabedoría]], [[Eclesiástico]] (ou Sirácida) e [[Baruc]]. Posúe, ademais, adicións nos libros de [[Libro de Ester|Ester]] e [[Libro de Daniel|Daniel]].
 
Os cristiáns consideran que estes homes escribiron a Biblia inspirados por Deus e por iso consideran que a Biblia é a Escritura Sagrada. Porén, non todos os cristiáns consideran que a Biblia debe ser interpretada de forma literal, e moitos consideran que moitos dos textos da Biblia son textos [[metáfora|metafóricos]] ou que son textos datados que tiñan sentido no tempo en que foron escritos, e que debe ser tido en conta o seu contexto para poder interpretalos correctamente.
 
== As linguas bíblicas ==
Foron utilizadas tres linguas diferentes na escrita dos diversos libros da Biblia: o [[lingua hebrea|hebreo]], o [[Lingua grega|grego]] e o [[lingua aramea|aramaico]]. En hebraico foi escrito todo o [[Antigo Testamento]], con excepción dos libros chamados [[deuterocanónicos]] que se escribiron en grego, e dalgúns capítulos do [[libro de [[Daniel]], que foron redactados en aramaico. En grego, alén dos xa referidos libros deuterocanónicos do Antigo Testamento, foi escrito todo o Novo Testamento, agás unhas poucas expresións en arameo que atopamos nos evanxeos.
 
Debido ao seu longo proceso de elaboración, que abrangue un período duns 800 anos, o hebraico utilizado na Biblia non é todo igual. Atopamos nalgúns libros o hebraico clásico (Ex. libros de Samuel e Reis), noutros un hebraico máis rudimentario e noutros aínda, especialmente os últimos en seren escritos, un hebraico elaborado, con termos novos e influencia doutras linguas veciñas.
28.911

edicións

Menú de navegación