Cabo Cañaveral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis info
Xosema (conversa | contribucións)
m →‎Complexos de lanzamento: Arranxos menores
Liña 33: Liña 33:
*'''LC11''': complexo para lanzamento de foguetes Atlas. Xunto cos complexos 12 e 14, foi desactivado en 1967.
*'''LC11''': complexo para lanzamento de foguetes Atlas. Xunto cos complexos 12 e 14, foi desactivado en 1967.
*'''LC13''': complexo para lanzamento de foguetes Atlas.
*'''LC13''': complexo para lanzamento de foguetes Atlas.
*'''LC10''': complexo para lanzamento de mísiles Navaho, Jason e Draco. Posto en servicio o 29 de xuño de 1956 e demolido en 1959.
*'''LC10''': complexo para lanzamento de mísiles Navaho, Jason e Draco. Posto en servizo o 29 de xuño de 1956 e demolido en 1959.
*'''LC4A''': complexo para lanzamento de mísiles Bomarc. Posto en servicio en 1952. Máis tarde o o complexo acolleu un área de soporte médico para o proxecto Mercury e posteriormente, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
*'''LC4A''': complexo para lanzamento de mísiles Bomarc. Posto en servizo en 1952. Máis tarde o o complexo acolleu un área de soporte médico para o proxecto Mercury e posteriormente, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
*'''LC22''': sitio para lanzamento de mísiles Mace.
*'''LC22''': sitio para lanzamento de mísiles Mace.
*'''LC43''': sitio para lanzamento de foguetes Viper, Loki, Hopi, Arcas e Rocketsonde.
*'''LC43''': sitio para lanzamento de foguetes Viper, Loki, Hopi, Arcas e Rocketsonde.
*'''LC15''': complexo de lanzamento para mísiles [[Titan (foguete)|Titan]], ao igual que os LC 16, 19 e 20. Posto en servizo en 1959 e deixado de usar en marzo de 1967.
*'''LC15''': complexo de lanzamento para mísiles [[Titan (foguete)|Titan]], ao igual que os LC 16, 19 e 20. Posto en servizo en 1959 e deixado de usar en marzo de 1967.
*'''LC19''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 20. Posto en servizo en 1959. Entre 1962 e 1963 o complexo modificouse para levar a cabo lanzamentos do [[programa Gemini]]. Foi posto fora de servizo o 10 de abril de 1967 e declarado ben nacional en abril de 1984.
*'''LC19''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 20. Posto en servizo en 1959. Entre 1962 e 1963 o complexo modificouse para levar a cabo lanzamentos do [[programa Gemini]]. Foi posto fora de servizo o 10 de abril de 1967 e declarado ben nacional en abril de 1984.
*'''LC29A''': complexo de lanzamento para mísiles Polaris. Construido en 1958 e usado entre 1959 e 1967. Foi modificado para probas do programa de mísiles balísticos submarinos Chevaline a mediados de 1970. Posto fora de servizo en 1980.
*'''LC29A''': complexo de lanzamento para mísiles Polaris. Construído en 1958 e usado entre 1959 e 1967. Foi modificado para probas do programa de mísiles balísticos submarinos Chevaline a mediados de 1970. Posto fora de servizo en 1980.
*'''LC16''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 19 e 20. Posto en servizo en 1959. Reasignado á NASA en 1965 para probas de acendido estático do motor do módulo de servizo da nave Apollo.
*'''LC16''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 19 e 20. Posto en servizo en 1959. Reasignado á NASA en 1965 para probas de acendido estático do motor do módulo de servizo da nave Apollo.
*'''LC32A''': os complexos 31 e 32 foron construidos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles [[Minuteman]], cada un con dúas ramplas de lanzamento. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
*'''LC32A''': os complexos 31 e 32 foron construídos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles [[Minuteman]], cada un con dúas ramplas de lanzamento. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
*'''LC20''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 19. Tamén se usou con mísiles e foguetes Super Chief, Loki, Prospector e Aries. Posto en servizo en 1959. Foi posto fora de servizo en abril de 1967. Usado de novo en 1987 para o programa Starbird. Entre 1991 e 1993 fixéronse varios lanzamentos de distintos foguetes desde este complexo.
*'''LC20''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 19. Tamén se usou con mísiles e foguetes Super Chief, Loki, Prospector e Aries. Posto en servizo en 1959. Foi posto fora de servizo en abril de 1967. Usado de novo en 1987 para o programa Starbird. Entre 1991 e 1993 fixéronse varios lanzamentos de distintos foguetes desde este complexo.



Revisión como estaba o 13 de setembro de 2018 ás 23:12

Coordenadas: 28°28′N 80°32′O / 28.467, -80.533

Cabo Cañaveral dende o espazo en 1991.

O cabo Cañaveral (en inglés: Cape Canaveral ) é un cabo situado na costa leste do estado de Florida ó norte da cidade homónima. É amplamente coñecido por ser, dende 1950, o principal centro das actividades espaciais dos Estados Unidos. Dende o punto de vista xeográfico é un estreito promontorio que se estende sobre o océano Atlántico.

Historia

Foi achado pola expedición liderada polo explorador e conquistador español Juan Ponce de León cando descubriron Florida en 1513.

A súa actividade como base de lanzamento para mísiles comezou o 24 de xullo de 1950 experimentando con foguetes V-2 modificados. O lugar era ideal porque os lanzamentos realizábanse en dirección leste e os mísiles podían así ser seguidos con facilidade no seu ascenso e caer no mar sen causar ningún dano.

No presente, o promontorio areoso está salpicado de ducias de ramplas de lanzamento e conta cunha tupida rede de estradas que o unen cos diversos laboratorios e centros de control. A área está controlada en parte pola NASA, o organismo espacial estadounidense que se ocupa dos programas espaciais civís, e en parte pola USAF, que organiza os militares. Na zona construíronse cerca de 40 complexos de lanzamento, dos cales seis permanecen activos. Entre eles inclúense o Centro Espacial Kennedy, usado pola NASA para lanzar os Saturno V e os transbordadores espaciais, a Base Patrick da Forza Aérea e o Espazoporto Florida.

En 1964 toda a zona é rebautizada Cabo Kennedy, en honra do presidente estadounidense John F. Kennedy asasinado o ano anterior. Con todo, dez anos despois, como consecuencia de múltiples protestas, foi novamente denominado Cabo Cañaveral e o nome de Kennedy só quedou para o centro espacial da NASA.

Complexos de lanzamento

Na zona existen ou existiron os seguintes complexos de lanzamento (Launch Complex, LC):

  • LC3: usado para lanzar foguetes X-17, V-2, Polaris e Bomarc. Púxose en marcha o 3 de novembro de 1951 e a mesma zona fora usada para o primeiro lanzamento de importancia desde o Cabo, o Bumper 8, o 24 de xullo de 1950. Despois de abril de 1960 o complexo acolleu un área de soporte médico para o proxecto Mercury, e máis tarde, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
  • LC4: usado para foguetes Redstone, Matador e Bomarc. Comezou as súas actividades en 1952. Acolleu tamén instalacións médicas para o proxecto Mercury e un programa de aeróstatos nos anos 1980.
  • LC2: utilizado para o lanzamento de mísiles Snark ata decembro de 1960. Posto en marcha en 1953. A plataforma servíu como heliporto para o proxecto Mercury.
  • LC6: sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Desde el lanzáronse varias misións dos programas Pioneer e Explorer.
  • LC5: sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Tamén desde aquí se lanzaron misións dos programas Pioneer e Explorer e os voos suborbitais Mercury-Redstone. O 31 de xaneiro de 1964 os complexos 5 e 6 reasignáronse para ser parte do Museo do Espazo da USAF.
  • LC9: complexo de lanzamento para mísiles Navaho. Tanto este como o LC10 foron demolidos en 1959 para deixar sitio para os LC31 e LC32.
  • LC18A: sitio de lanzamento para foguetes Viking, Vanguard e Scout. Xunto co LC18B, formaron o complexo de lanzamento 18. Despois do programa Vanguard foi usado para lanzar varios Blue Scout Junior. Foi posto fora de servizo o 1 de febreiro de 1967.
  • LC17B: complexo de lanzamento para foguetes Delta e Thor.
  • LC14A: sitio para o lanzamento de foguetes Atlas. Foi posto en marcha entre 1957 e 1958 e foi construído orixinalmente para o programa de mísiles balísticos Atlas. Despois do seu uso como complexo de mísiles foi usado para lanzar foguetes Atlas-Agena. Xunto cos complexos 11 e 12, foi desactivado en 1967.
  • LC1: usado para mísiles Snark. A plataforma servíu como heliporto para o proxecto Mercury e nos anos 1980 foi usado como zona de probas para aeróstatos.
  • LC26A: sitio de lanzamento de foguetes Redstone, Jupiter, Jupiter C e Juno II.
  • LC17A: usado para lanzar foguetes Delta.
  • LC26B: usado para lanzar foguetes Jupiter.
  • LC12: usado para lanzar foguetes Atlas. Usouse para lanzar nove misións Ranger e catro Mariner. Xunto cos complexos 11 e 14, foi desactivado en 1967.
  • LC25A: sitio de lanzamento para mísiles X-17 e Polaris. Desmantelado xunto co LC25B en setembro de 1969.
  • LC18B: usado para foguetes Scout e Delta. Foi desactivado o 1 de febreiro de 1967.
  • LC11: complexo para lanzamento de foguetes Atlas. Xunto cos complexos 12 e 14, foi desactivado en 1967.
  • LC13: complexo para lanzamento de foguetes Atlas.
  • LC10: complexo para lanzamento de mísiles Navaho, Jason e Draco. Posto en servizo o 29 de xuño de 1956 e demolido en 1959.
  • LC4A: complexo para lanzamento de mísiles Bomarc. Posto en servizo en 1952. Máis tarde o o complexo acolleu un área de soporte médico para o proxecto Mercury e posteriormente, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
  • LC22: sitio para lanzamento de mísiles Mace.
  • LC43: sitio para lanzamento de foguetes Viper, Loki, Hopi, Arcas e Rocketsonde.
  • LC15: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 16, 19 e 20. Posto en servizo en 1959 e deixado de usar en marzo de 1967.
  • LC19: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 20. Posto en servizo en 1959. Entre 1962 e 1963 o complexo modificouse para levar a cabo lanzamentos do programa Gemini. Foi posto fora de servizo o 10 de abril de 1967 e declarado ben nacional en abril de 1984.
  • LC29A: complexo de lanzamento para mísiles Polaris. Construído en 1958 e usado entre 1959 e 1967. Foi modificado para probas do programa de mísiles balísticos submarinos Chevaline a mediados de 1970. Posto fora de servizo en 1980.
  • LC16: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 19 e 20. Posto en servizo en 1959. Reasignado á NASA en 1965 para probas de acendido estático do motor do módulo de servizo da nave Apollo.
  • LC32A: os complexos 31 e 32 foron construídos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles Minuteman, cada un con dúas ramplas de lanzamento. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
  • LC20: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 19. Tamén se usou con mísiles e foguetes Super Chief, Loki, Prospector e Aries. Posto en servizo en 1959. Foi posto fora de servizo en abril de 1967. Usado de novo en 1987 para o programa Starbird. Entre 1991 e 1993 fixéronse varios lanzamentos de distintos foguetes desde este complexo.

Véxase tamén

Bibliografía